O Parlamento galego pide ao Goberno de España e ao PSOE que retiren a iniciativa parlamentaria para derrogar o delito de sedición

2 de decembro de 2022. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra de BNG e PSdeG, a través da que se solicita ao Goberno de España, a través do seu Presidente e secretario xeral do PSOE, que retire de maneira inmediata a iniciativa parlamentaria presentada nas Cortes Xerais e non levar a cabo ningunha modificación do Código penal que supoña derrogar o delito de sedición. Así mesmo, demándase cumprir, acatar e respectar a Constitución española, aprobada de xeito maioritario polo pobo galego e no conxunto de España, na que non ten cabida a sedición os referendos ilegais e se recoñece a indisoluble unidade da Nación española.

Continue reading

O Parlamento galego pide á Xunta e ao Goberno central tramitar con axilidade os proxectos eólicos vencellados coa industria galega

2 de decembro de 2022. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, sen o voto favorable do BNG, a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta e ao  Goberno de España a tramitar coa maior axilidade os proxectos eólicos da súa competencia, especialmente aqueles declarados como iniciativas empresariais prioritarias, que conten con permiso de acceso e conexión firme e vixente, e cuxos promotores subscriban un acordo directo de compravenda de enerxía a longo prazo e a prezo competitivo cunha empresa con centro de traballo con actividade industrial en Galicia, vinculando estes proxectos a garantir polo menos o 50 por cento do consumo de enerxía do devandito centro, nomeadamente no caso de planta de Alcoa en San Cibrao.

Continue reading

O PPdeG lamenta que BNG e PSdeG rexeitaran no Parlamento galego unha declaración institucional contra a Lei do solo si é si e en defensa da igualdade real e os dereitos das mulleres

1 de decembro de 2022. A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, lamentou hoxe no Pleno do Parlamento galego que BNG e PSdeG rexeitaran unha proposta de declaración institucional a través da que se amosa o desacordo coas consecuencias nefastas que a Lei Orgánica de garantía integral da Liberdade sexual está a producir na redución de penas aos condenados por delitos de natureza sexual, ao tempo que se reafirma o compromiso para seguir traballando a favor da igualdade real e efectiva, en defensa dos dereitos das mulleres e para a erradicación das desigualdades.

Continue reading