O Parlamento galego pide ao Goberno central o arranxo do firme das autoestradas A-6 e A-52 e un plan de conservación das estradas estatais

10 de maio de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España que proceda con toda a celeridade posible a arranxar o firme deteriorado das autoestradas A-6 e A-52, que son as principais vías de comunicación de Galicia e Meseta; e estableza un plan de conservación anual de todas as estradas de competencia estatal en Galicia.

Continue reading

Pedro Puy critica que BNG e PSdeG permita que o Goberno central ataque a autonomía fiscal e o Estatuto ao defender a implantación do novo imposto estatal ás grandes fortunas

10 de maio de 2023. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, criticou hoxe no Pleno do Parlamento galego que BNG e PSdeG permitan que o Goberno de Pedro Sánchez ataque a autonomía fiscal e o Estatuto de Autonomía de Galicia ao defender a implantación do novo imposto estatal ás grandes fortunas, que afecta directamente a un imposto cedido como é o de Patrimonio.

Continue reading

O Parlamento galego reafirma o seu compromiso co marco lingüístico recollido na Constitución, o Estatuto de Autonomía e a Lei de normalización

10 de maio de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que reafirma o seu compromiso co marco lingüístico recollido na Constitución, no Estatuto de Autonomía e na Lei de Normalización Lingüística de Galicia, desenvolto no Plan Xeral de Normalización da Lingua galega e nos plans de dinamización da lingua galega no tecido socioeconómico e na mocidade; ao tempo que defende o modelo bilingüe para o galego e o castelán, xunto coa aprendizaxe de linguas estranxeiras para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, porque está a permitir asegurar no ámbito educativo plenas competencias en lingua galega do alumnado.

Continue reading

O Grupo Popular incide que a Xunta traballa para revitalizar a industria galega da man dun uso racional, compatible e sostible dos recursos

9 de maio de 2023. A viceportavoz do Grupo Popular, Marta Nóvoa, incidiu hoxe no Pleno do Parlamento galego que a Xunta “traballa para revitalizar a industria galega da man dun uso racional, compatible e sostible dos nosos recursos, xerando máis riqueza, máis emprego e máis benestar para a sociedade galega de hoxe e, sobre todo, para a sociedade galega do mañá”.

Continue reading