O Parlamento galego pide á Xunta potenciar a investigación no eido da medicina xenómica

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a potenciar a investigación no eido da medicina xenómica co establecemento de acordos de investigación con outras entidades, preferentemente de carácter publico, que permitan xerar un valor engadido en materia de detección precoz ós traballos realizados pola Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica.

Continue reading

O Grupo Popular solicita ao Goberno central desenvolver o regulamento da nova Lei estatal do deporte para axilizar a declaración de nulidade das cláusulas anti-embarazo

A portavoz de Deporte do Grupo Popular, Lupe Murillo, demandou hoxe no Pleno do Parlamento galego que o Goberno central proceda “de forma urxente ao desenvolvemento regulamentario da nova Lei do deporte” de xeito que se avance, en colaboración coas federacións deportivas, “nunha fórmula que permita dotar de axilidade á declaración de nulidade das cláusulas anti-embarazo”.

Continue reading

O Parlamento pide que a Xunta aborde dun xeito global o problema da seca derivada do cambio climático que afecta ás producións vexetais

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha moción, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, a través da que se pide á Xunta que aborde dun xeito global o problema da seca derivada do cambio climático que afecta ás producións vexetais para consumo humano. Neste sentido, solicítase que se implique ao sistema investigador agrario e á universidade na realización de estudos sobre os graos de afectación do territorio galego e dos seus solos; e no establecemento de liñas de investigación respecto do ciclo da auga, na investigación xenética para atopar novas variedades vexetais para consumo humano ou na diminución do uso de fitosanitarios.

Continue reading

Alberto Pazos lamenta que “todos os avances que se produciron na sanidade galega tiveron lugar sen o apoio de BNG nin PSdeG”

O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, lamentou hoxe no Pleno do Parlamento galego que “todos os avances que se produciron na sanidade galega nos últimos anos tiveron lugar sen o apoio de BNG nin de PSdeG”. “Galicia dispón de excelentes profesionais, de centros sanitarios modernos e tecnoloxicamente ben dotados e de xestores sanitarios de probada eficacia, e por iso somos unha das mellores sanidades públicas de España e a que máis evolucionou desde 2010”, salientou, referíndose a datos publicados pola Federación de Asociacións en Defensa da Sanidade Pública (FASDP).

Continue reading

O Parlamento galego pide por unanimidade a transferencia da AP-9 a Galicia

O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición de lei do Grupo Popular, para remitir ao Congreso, de transferencia da titularidade e competencias da autoestrada AP-9 a Galicia. “O que queremos os galegos é unha AP-9 plenamente galega, que permita unha xestión máis directa e máis pegada ao territorio, e libre de cargas”, incidiu o portavoz popular de Infraestruturas, José Manuel Balseiro.

Continue reading