O PPdeG pon en valor o sistema de emerxencias galego, un dos máis avanzados, eficaces e recoñecidos de Europa

O Parlamento de Galicia aprobou, hoxe, continuar coa promoción de acordos de colaboración en materia de protección civil coas Comunidades autónomas limítrofes. A iniciativa do Grupo Parlamentario Popular, que tamén inclúe o reforzo da cooperación transfronteriza con Portugal para a atención conxunta das emerxencias, saíu adiante por unanimidade.

A deputada popular, Felisa Rodríguez, incidiu en que o sistema de emerxencias galego é un dos máis avanzados, eficaces e recoñecidos de Europa, “exemplo de profesionalidade, innovación e servizo público”. Con esta proposición non de lei, búscase, dixo, “reforzar o que xa se está a facer, dándolle continuidade e maior capacidade de resposta”. E é que, tal e como salientou, consolidar os mecanismo de colaboración, non só favorece a unha xestión máis eficiente dos recursos dispoñibles, senón que tamén a aumentar a seguridade da cidadanía.

Subliñou que Galicia está a demostrar un liderado neste ámbito, grazas a un modelo baseado na anticipación, a coordinación real e a cooperación sen fronteiras, construíndo, deste xeito, “unha rede de colaboración sólida con Asturias, Castela e León e Portugal”. Así mesmo, fixo fincapé a súa participación en proxectos europeos estratéxicos –como o Firepoctep, Interlumes, Ariem112 ou Protempo- que reforzan a súa capacidade operativa e a innovación no sistema de emerxencias.

UN MARCO FINANCEIRO EUROPEO QUE BENEFICIE A GALICIA
Durante a Comisión 1ª, tamén, se debateu a proposición non de lei do Grupo Popular na que se insta ao Goberno central a que convoque, de maneira urxente, a Conferencia para asuntos relacionados coa Unión Europea, co fin de abordar o futuro marco financeiro con todas as comunidades autónomas.

Neste senso, a deputada da área de Exteriores e Cooperación, Kathy Varela, advertiu de que a proposta presentada pola Comisión Europea introduce un cambio de modelo que “supón unha ameaza directa para a política de cohesión”. Así, explicou que a concentración dos fondos en instrumentos de carácter xeral, o reforzo de plans nacionais únicos e a tendencia a unha maior centralización na toma de decisión “prexudican de forma directa a comunidades como Galicia, con realidades económicas, socias e territoriais específicas que non poden ser atendidas mediante solucións uniformes nin desde enfoques centralizados”.

Kathy Varela lamentou a “actitude de indefinición” do Goberno central ante esta proposta, así como tamén, a o desinterese por escoitar ás comunidades, tal e como quedou de manifesto na última conferencia celebrada. Así, a iniciativa, que foi aprobada por unanimidade, avoga pola convocatoria dunha nova reunión monográfica sobre o marco financeiro plurianual. “O debate da proposta europea avanza no Parlamento Europeo, na Comisión, no Consello e no Comité das rexións sen unha postura coordenada entre as comunidades e o Goberno central”, lamentou.

El Parlamento Europeo propone elevar a 7.300 millones de euros los fondos para la pesca en el próximo Marco Financiero Plurianual

El Parlamento Europeo ha aprobado en el pleno celebrado en Estrasburgo su posición de cara a las futuras negociaciones interinstitucionales sobre el próximo Marco Financiero Plurianual, incluyendo su propuesta en materia de financiación para el sector pesquero y acuícola europeo.El eurodiputado del Partido Popular Francisco Millán Mon, miembro de la Comisión de Pesca, intervino en el debate relativo a esta cuestión.

Según el eurodiputado gallego, el texto aprobado supone “un avance muy positivo para la pesca y la acuicultura europeas”, al plantear una dotación de casi 7.300 millones de euros, frente al recorte “brutal” del 67% propuesto inicialmente por la Comisión Europea. En su lugar, el Parlamento no sólo rechaza el recorte, sino que defiende un incremento de aproximadamente el 20% en la financiación de estos sectores estratégicos.

Millán Mon aprovechó la ocasión para agradecer a los ponentes, en especial, a Siegfried Muresan, su trabajo y su compromiso en defensa de la financiación de la pesca, “una prioridad para el grupo popular europeo”, apuntó. “Y es una prioridad porque la pesca debe afrontar numerosos retos para los que se necesita una financiación adecuada: la descarbonización, modernización y renovación de la flota, el relevo generacional, un descenso del consumo de pescado y un elevado aumento de los costes que provoca la bajada de la rentabilidad”, añadió el eurodiputado popular.

Tras subrayar la necesidad de consolidar este incremento de la financiación para pesca y acuicultura en las próximas negociaciones interinstitucionales, Millán Mon hizo un llamamiento al Consejo para que mantenga el nivel de ambición fijado por el Parlamento Europeo: “Espero que el Consejo esté a la altura de las circunstancias”, afirmó.

Para finalizar, el eurodiputado destacó que el informe es también positivo en lo relativo a la política de cohesión. E igualmente en la financiación de la defensa europea cuyo refuerzo es “tan necesario en estos momentos difíciles en los que ha vuelto a Europa el fantasma de la guerra”, concluyó.

Lugo gaña co cambio

Nicole Grueira

Hai momentos nos que unha cidade ten que decidir se segue instalada na resignación ou se aposta por avanzar. Lugo leva demasiado tempo parada. E cando unha cidade se para, perde oportunidades e perde futuro.

Continue reading

O Parlamento aproba pedir ao Goberno reducir o IVE dos produtos agrarios e impulsar medidas fiscais para mellorar a rendibilidade do sector

O Parlamento de Galicia aprobou, hoxe, instar ao Goberno central a que aplique medidas urxentes para reforzar a competitividade e mellorar a situación do sector agrogandeiro galego, co fin de minimizar os efectos da guerra de Irán.

A iniciativa do Grupo Parlamentario Popular inclúe a redución do tipo e IVE aplicable aos produtos agrarios, así como tamén aos principais insumos necesarios para a actividade agrícola e gandeira, co fin, tal e como remarcou a deputada Cristina Campero, de aliviar a carga fiscal soportada polos produtores.

Neste senso, incidiu na importancia de moderar os custos de produción, nun contexto no que os prezos dos fertilizantes, pensos ou, entre outros, enerxía experimentaron incrementos moi significativos. Así, a súa diminución facilitaría “a continuidade da actividade produtiva e melloraría a capacidade de resposta das explotacións”. Do mesmo xeito, a proposición non de lei avoga por impulsar medidas fiscais que contribúan a mellorar a rendibilidade das explotacións agrícolas e gandeiras, e orientadas a evitar o abandono da actividade agraria.

Para rematar, pediu, asemade, a adopción de políticas de apoio ao sector, que permitan facer fronte ao incremento dos custos de produción, reforzando a competitividade das explotacións e garantido o abastecemento alimentario. Neste punto, puxo como exemplo o prezo dos fertilizantes, os cales rexistraron subas substantivas. Un encarecemento, dixo, que dificulta a planificación das campañas de sementeira e cultivo e reduce as marxes de beneficio, ao tempo que ten a súa incidencia nos prezos dos alimentos básicos. “Solicitamos medidas máis ambiciosas que axuden a paliar os efectos negativos que esta guerra está a carrexar sobre o sector agrario”, rematou.

UN MODELO DE XESTIÓN FORESTAL COOPERATIVO
Durante a Comisión 7ª, tamén, se aprobou reforzar as políticas públicas orientadas á promoción das agrupacións forestais de xestión conxunta. Para elo, a iniciativa do Grupo Popular avoga por avanzar cara a un modelo de xestión forestal máis cooperativo, eficiente e sustentable en Galicia.

Neste punto, o deputado Juan Casares incidiu na importancia destas entidades que, tal e como explicou, permiten xerar economías de escala, mellorar a planificación e a xestión silvícola, facilitar a comercialización conxunta dos produtos forestais e fortalecer a cooperación entre propietarios.

Fixo referencia á alta fragmentación parcelaria, a cal resta posibilidades de explotación e capacidade produtiva aos noso montes, o que dificulta, asemade, unha xestión racional e profesionalizada dos mesmos: “En poucas palabras, limitan o aproveitamento sustentable dun recurso estratéxico para o desenvolvemento tanto económico como ambiental do noso país”.

Para rematar, destacou as medidas impulsadas polo Goberno galego a prol de fórmulas de mobilización de terras e o impulso destas agrupacións, que favoreceron a creación de 24 novas agrupacións. Un número que se prevé que aumente ata as 65, cunha superficie forestal agrupada de máis de 4.80 hectáreas.