Millán Mon defiende que la pesca y la acuicultura ocupen un lugar central en la planificación espacial marítima

El eurodiputado gallego del Partido Popular Francisco Millán Mon, miembro de la Comisión de Pesca, defiende en el Parlamento Europeo el “carácter estratégico” de la pesca y la acuicultura. Así lo señaló durante el debate del informe sobre Planificación Espacial Marítima, que será aprobado esta semana por la Eurocámara. El popular insistió en la necesidad de situar a ambos sectores “en el centro de la planificación de nuestros espacios marítimos”.

Durante su intervención, el eurodiputado gallego destacó que, al hablar de pesca y acuicultura europeas, “no hablamos solo de economía, sino también de comunidades costeras, de empleo, de formas de vida y de seguridad alimentaria”.

Millán Mon señaló además la “creciente presión” que afronta el espacio marítimo europeo derivada de otros usos, como la energía eólica marina o el transporte marítimo. En este contexto, insistió en la importancia de garantizar “un equilibrio entre todos los sectores” y evitar que la pesca “quede progresivamente desplazada de sus caladeros tradicionales”.

El eurodiputado popular defendió asimismo la necesidad de una planificación temprana basada en el diálogo entre todos los actores implicados y reclamó que los pescadores participen desde el inicio en la toma de decisiones relativas a la planificación marítima. En este sentido, puso el ejemplo de Galicia, donde el Gobierno gallego creó en 2021 el Observatorio de la Energía Eólica Marina, con el objetivo de favorecer el diálogo y la coexistencia entre el sector industrial y el pesquero. “Este es un modelo a seguir”, subrayó.

Por otro lado, apuntó que las medidas de protección de los ecosistemas marinos deben apoyarse en evaluaciones científicas y socioeconómicas sólidas y permitir la coexistencia con las actividades pesqueras cuando sea posible, evitando “exclusiones automáticas e injustificadas”. Asimismo, destacó el potencial de las denominadas OECMs (Otras Medidas de Conservación Eficaces Basadas en Áreas).

Finalmente, el eurodiputado hizo un llamamiento a que la futura Ley del Océano, que se prevé que la Comisión presente a finales de año y que previsiblemente abordará estas cuestiones, garantice unas condiciones justas de coexistencia para todos los usuarios del mar, preservando el papel estratégico de la pesca y la acuicultura europeas.

O PPdeG insta ao Goberno a que “poña de acordo” aos ministerios de Educación e Traballo e garanta a continuidade do programa de auxiliares de conversa

O PPdeG instou, hoxe, ao Goberno central a que “poña de acordo” aos ministerios de Educación e Traballo e garanta a continuidade do programa de auxiliares de conversa.

Tal e como sinalou o deputado do Grupo Parlamentario Popular, Raúl Santamaría, este programa está “ameazado” pola falta de coordinación, improvisación e polas contradicións internas do Goberno central. Así, cualificou de “absoluto desgoberno” o Executivo de Pedro Sánchez, por ser incapaz de coordinar dous ministerios que “manteñen criterios incompatibles” sobre un mesmo programa estatal.

E é que, segundo explicou, mentres o Ministerio de Educación –encargado do seu deseño, de fixar criterios e de establecer as condicións de participación- define este programa como unha experiencia de intercambio cultural; o Ministerio de Traballo está impulsando inspeccións e sancións millonarias ás comunidades autonómicas, como é o caso de Andalucía e Valencia: “É dicir, o Goberno cuestiona as normas feitas polo propio Goberno”.

O deputado popular informou de que, hoxe mesmo, saíu publicada a nova convocatoria do programa –cun atraso de catro meses- sen que se modificase nin unha soa condición, polo que acusou ao Goberno central de que, sendo coñecedor da inseguridade xurídica, non fixo absolutamente nada: “Se o programa está mal deseñado, por que o Ministerio de Educación o segue convocando? E se o programa é correcto, por que o Ministerio de Traballo sanciona ás comunidades autónomas?”.

Neste senso, recordou que a Xunta xa advertiu, en múltiples ocasión, desta situación, a través de cartas, contactos técnicos e iniciativas parlamentarias; pero que a resposta do Goberno sempre foi a mesma: “inacción total”. “Galicia paga, xestiona e cumpre, pero quen crea o problema é o Goberno central”, lamentou Santamaría, tras salientar que, dos 5,2M€ do custe total do programa, a Xunta asume 4,8M€.

Neste punto, puxo en valor os anos que Galicia leva apostando polo plurilingüismo, reforzando o inglés nas aulas, fronte a un Goberno que está a pór en risco un programa que leva máis de 15 anos funcionando e que contribuíu a que, a día de hoxe, os estudantes galegos teñan o mellor nivel de inglés de toda España. Galicia conta este curso con arredor de 690 auxiliares, procedentes de 19 países distintos, que colaboran con preto de 800 centros educativos repartidos por 238 concellos.

Fronte á improvisación e á irresponsabilidade do Goberno central, o PPdeG seguirá defendendo os intereses do alumnado galego.

Paula Prado critica o falso pacifismo do BNG e defende que o PPdeG “non cala ante ningunha guerra”

A viceportavoz do Grupo Parlamentario Popular e secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, criticou, hoxe, o falso pacifismo do BNG: “Se o agresor é Rusia, Irán ou réximes aliados ideoloxicamente, o ton cambia, son mansiños”. “Veñen aquí a erixirse en defensores da paz –engadiu-, pero a paz non pode ser selectiva”. Así, para Paula Prado, hai dous modelos antagónicos, o do PPdeG, “que non cala ante ningunha guerra”, e o do BNG, que “di non, dependendo da cor política dos agresores”.

Durante o debate dunha moción do BNG sobre a postura do Goberno galego ante a escaldada belicista e militarista no mundo, a deputada popular referiuse á situación política de Cuba, Venezuela e Nicaragua e lamentou que os nacionalistas se mobilicen e condenen determinados conflitos políticos, sempre e cando este “encaixa no seu relato ideolóxico”. Neste punto, recordou que o BNG non condenou o “pucherazo venezolano”, un proceso electoral, dixo, que foi alterado e cun réxime que “roubou as eleccións” a Edmundo González Urrutia, recoñecido como presidente electo por gran parte da comunidade internacional. “O pacifismo do BNG é chamar fascista a María Corina Machado, premio Nobel da Paz”, sinalou.

“Están vostedes pola paz ou pola guerra?”, preguntou Paula Prado, ante a negativa do BNG a apoiar, en distintas ocasións no Parlamento de Galicia, declaracións institucionais de condena á invasión rusa en Ucraína, ao réxime dos aiatolás en Irán, á acción terrorista levada a cabo por Hamás en Israel, así como tamén, “a declaración institucional pola paz en Gaza, en setembro de 2025”. Asemade, afeou a “tibieza” do BNG ante crises humanitarias como as de Sudán, Iemen, Somalia, Congo ou Haití. Así, para Paula Prado o problema é “esixir democracia só a uns, mentres se relativizan ou silencian as ditaduras de esquerdas”.

Instou ao BNG a quitarse a “careta de falsos moderados”, cando manteñen reunións cos herdeiros de ETA ou do Sinn Fein e mesmo homenaxean a persoas que foron o brazo militar de UPG-ETA, como Moncho Reboiras. E aproveitou para lamentar os actos vandálicos contra a súa estatua e contrapuxo a postura do BNG, quen aínda non condenou o ataque contra o busto de Manuel Fraga.

Para rematar, Paula Prado criticou o silencio dos nacionalistas e a falta de autocrítica dos socialistas, tras coñecerse a imputación do ex presidente do Goberno, José Luis Rodríguez Zapatero: “Ante o goberno máis corrupto da historia de España, son os da procesión dos caladiños e os da cabeza baixa”.