Millán Mon celebra la modernización del Acuerdo UE-México, pero alerta sobre la situación del sector energético y la liberalización de la conserva de atún

El eurodiputado gallego del Partido Popular Francisco Millán Mon celebra la modernización del Acuerdo Global con México, un país con el que la UE mantiene profundos vínculos y que es uno de sus dos socios estratégicos en América Latina. Subrayó que el acuerdo servirá también para profundizar el diálogo político y la coordinación ante desafíos comunes, como el crimen organizado y el narcotráfico o el deterioro del Estado de Derecho.

Así lo manifestó Millán Mon hoy, en la participación de un debate en el pleno del Parlamento Europeo en Estrasburgo sobre la modernización del Acuerdo entre la Unión Europea y México que mañana se votará. El debate contó con la participación del Comisario de Comercio Maroš Šefčovič.

Para Millán Mon, “el acuerdo es, en general, una buena noticia”, si bien se detuvo especialmente en dos cuestiones. Por un lado, lamentó que finalmente no se haya incluido un capítulo específico sobre energía, algo que, a su juicio, “habría sido conveniente para dar mayor seguridad jurídica a la inversión europea en un sector de tanta importancia en México”. “Espero que la revisión sobre esta materia a los tres años pueda incluir una regulación”, añadió.

Por otra parte, se refirió a la liberación completa de las conservas de atún: “Me preocupa, Señor Comisario, usted lo sabe, la liberalización completa de las exportaciones mexicanas de conservas de atún a partir del séptimo año”. “Es un producto muy sensible para determinadas regiones de la Unión Europea y México tiene un importante potencial exportador”, advirtió. En este sentido, pidió a la Comisión Europea que vigile de cerca la evolución del volumen de estas importaciones en el mercado europeo.

“El sector conservero europeo está muy preocupado por el efecto acumulativo de las concesiones a la conserva de atún en los acuerdos comerciales. Ahora México y mañana serán países del sudeste asiático, grandes productores.”, señaló al tiempo que pidió a la Comisión Europea que sea cuidadosa en estas negociaciones.

O Parlamento de Galicia aproba o ditame de novas propostas a prol da integración das persoas con discapacidade

O Parlamento de Galicia aprobou, hoxe, sen votos en contra, o ditame de novas propostas a prol da integridade das persoas con discapacidade. “O documento funciona como un acto de responsabilidade democrática, institucional e social, que busca reparar unha débeda histórica”, salientou a deputada do Grupo Parlamentario Popular, Carmen Pomar. “É –engadiu- unha chamada á corresponsabilidade e á obriga conxunta”.

Dáse, así, dixo, remate a un traballo que leva máis dunha década pendente: “Un texto que dá resposta ás entidades sociais e que sitúa no centro do debate público e político os dereitos das persoas con discapacidade” e que “transforma a frustración acumulada en oportunidade política e social”. Formula “unha vía estruturada e viable” para construír unha Galicia máis inclusiva e incide na importancia de humanizar as políticas públicas, porque “a discapacidade non é un problema individual, senón colectivo”.

A deputada popular aproveitou a súa intervención para agradecer a entidades, asociacións, organizacións e familias, así como aos grupos da oposición, as súas achegas, as cales cualificou como o “eixo vertebral” do ditame. E puxo en valor as sete áreas nas que está organizado o documento: atención integral, educación inclusiva, accesibilidade –incluíndo, mobilidade e vivenda-, emprego, sanidade, igualdade e violencia de xénero e, por último, cultura, deporte e xuventude.

Segundo explicou Pomar, cada unha delas inclúe “medidas concretas, realistas e aliñadas” coas demandas do Comité de representantes de persoas con discapacidade (CERMI), polo que, tal e como salientou, isto dálle ao documento un valor engadido: “Non é só un diagnóstico, é unha verdadeira folla de ruta”. E é que, tal e como sinalou, o feito de propoñer un plan estratéxico ata 2030 reforza a visión a longo prazo.

REFORZO INTEGRAL DOS DEREITOS DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

A deputada popular fixo fincapé no avance que supón este documento cara a un reforzo integral dos dereitos das persoas con discapacidade, garantindo a súa participación plena e inclusión na vida democrática, xudicial, sanitaria, comunitaria e laboral. Entre as medidas, destacou: a accesibilidade universal nos procesos electorais, a consolidación da figura do facilitador xudicial, o acceso equitativo a tratamentos innovadores, unidades de dor, fisioterapia especializada e apoio psicolóxico continuado; ou a transición cara unha vida independente, facilitando o paso a pisos tutelados, vivendas compartidas ou fogares comunitarios integrados na súa contorna.

Proponse, asemade, incorporar de maneira transversal a perspectiva interseccional de xénero e discapacidade en todas as políticas, programas e accións da administración pública, asegurando que as respostas institucionais teñan en conta as múltiples capas de discriminación que poden afectar ás persoas con discapacidade, especialmente, ás mulleres. Para rematar, referiuse, tamén, á necesidade de fortalecer os servizos de emprego especializados, co fin último de que as persoas con discapacidade teñan acceso real a oportunidades de emprego digno e estable.

O PPdeG recupera no Senado a proposta para a transferencia da AP-9 a Galicia acordada por unanimidade no Parlamento galego

O PPdeG defendeu hoxe no Senado o acordo unánime do Parlamento de Galicia para a transferencia da Autoestrada do Atlántico (AP-9) a Galicia, e logrou a aprobación de 7 emendas que serven para recuperar a proposta orixinal, na que se garanten todos os recursos económicos necesarios para a súa xestión, e corrixir o “pacto de traidores” executado por PSOE e BNG, co apoio de Sumar, no Congreso dos Deputados.

Na Comisión de Transportes e Mobilidade Sostible, na que se debateu a Proposición de Lei Orgánica de transferencia de titularidade e competencias da AP-9 á nosa Comunidade, os senadores galegos Nidia Arévalo, José Manuel Barreiro e José Manuel Rey Varela volveron situarse como os garantes de que se respecte o acordo respaldado por todas as forzas políticas representadas na Cámara galega. As emendas presentadas polos populares saíron adiante cos seus votos, mentres que PSOE e BNG votaron en contra.

O PP xa votara, na Comisión de Transportes da Cámara Baixa, en contra do ditame da ponencia sobre a devandita Proposición de Lei Orgánica, por considerar que co novo texto, que “deturpa” e “racha” co orixinal, “Pedro Sánchez pretende aforrar unha vez máis a costa do peto dos galegos e galegas”. Galicia, remarcaban os populares, “quere a transferencia da AP-9, pero sobre a base da vontade expresada na Cámara, non a calquera prezo”.

José Manuel Barreiro preguntouse hoxe no Senado “que mudou” desde que se votou o texto da transferencia no Parlamento de Galicia ata que se modificou no Congreso, e lembrou que “cando un Parlamento fala, deixa de falar cada grupo político, fala a sociedade a través da institución que a representa”. Por conseguinte, “os gobernos mudan, as maiorías mudan, pero os acordos unánimes dun Parlamento deberían ter vocación de permanencia”.

O senador galego contrapuxo que o PP “tivo a mesma posición en Santiago, no Congreso e no Senado”, polo que PSOE e BNG deben aclarar as “razóns” polas que mudaron a súa postura, de tal xeito que “din unha cousa en Galicia e outra distinta en Madrid”. “Non estamos pedindo confianza para o PP, estamos pedindo respecto para o Parlamento de Galicia e para os galegos”, incidiu.

José Manuel Barreiro sinalou que “non existe maior fortaleza para o autogoberno que a capacidade das súas institucións para alcanzar acordos, e esixir que sexan respectados”. E lamentou que a outros partidos políticos lles serva que “nos conformemos con menos dos acordos que Galicia pediu unanimemente”, incidindo en que son o PSOE e BNG os que “están boicoteando a transferencia da AP-9 e os que deben dar explicacións de porque decidiron cambiar o acordo inicial”.

“SEN TRAMPA NIN CARTÓN”

O PPdeG vén reivindicando que a transferencia da AP-9 debe vir acompañada dos recursos económicos necesarios para a súa xestión e que deben manterse todos os compromisos adquiridos, asegurando que se realice coas responsabilidades financeiras delimitadas, sen “trampa nin cartón e sen riscos ocultos para Galicia”. De feito, o texto modificado no Congreso conleva consecuencias “desastrosas”, de 4.000 millóns de euros de custo, para os petos dos galegos e galegas.

A transferencia a Galicia da autopista debe vir acompañada de dous requisitos. Por unha banda, o Goberno de Pedro Sánchez debe seguir financiando os compromisos adquiridos, dotando á Xunta de medios financeiros para ampliar as bonificacións das peaxes nun vial cuxa concesión a Audasa remata en 2048, salvo que o Tribunal de Xustiza da Unión Europea ditamine o contrario.

Ademais, a transferencia da AP-9 debe “suprimir” o incremento tarifario do 1% anual que Audasa aplica desde 2019 en concepto de compensación económica polas obras de ampliación da Ponte de Rande e da circunvalación de Santiago, unha actualización que se manterá por un período de 20 anos e que foi acordada na época do expresidente Zapatero. “O texto remitido desde o Parlamento de Galicia instaba ao Estado a amortizar esa suba”, lembran os populares galegos.

Do mesmo xeito, o PPdeG amosa a súa preocupación ante a desaparición neste acordo dunha disposición na que se obrigaba ao Goberno de Sánchez a asumir as obrigas económicas e financeiras en caso de que se declarase a nulidade das prórrogas mediante as cales se acordou a ampliación do período concesional. Recordan tamén que a Comisión Europea advertiu, ademais, de que España podería ser levada ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea se non adopta as medidas oportunas.