Skip to content

O PPdeG incidirá no Pleno en que o Goberno central pague a Galicia o que lle debe do IVE e as compensacións por ser unha comunidade cumpridora

Santiago, 16 de decembro de 2019.- O Grupo Popular insistirá no Pleno de mañá que o Goberno central abone a Galicia a débeda de 200 millóns de euros da mensualidade do IVE de 2017 e os 170 millóns de euros das compensacións por ser unha comunidade cumpridora nos obxectivos de sustentabilidade financeira.

“O obxectivo é claramente económico, pero tamén vai servir para que vexamos onde estamos todos politicamente e se hai algunha forza política que segue defendendo que estamos facendo un teatrillo e non preocupándonos polo bo funcionamento dos servizos públicos en Galicia e polo encadre final do exercicio 2019”, sinalou o portavoz popular, Pedro Puy.

 

A xornada no Parlamento de Galicia de mañá estará protagonizada pola celebración dun Pleno específico para a aprobación dos orzamentos da Xunta para 2020, co que Galicia será a segunda comunidade autónoma española en ter aprobadas as súas contas públicas para o vindeiro ano. “Este feito da máis estabilidade, certidume e confianza tanto aos operadores económicos como ao conxunto da sociedade que a alternativa, como é a situación na que se atopan outras administracións e nomeadamente a Administración xeral do Estado”, indicou.

 

A continuación, terá lugar o Pleno ordinario, no que tamén se debaterán para a súa aprobación os proxectos de Lei de medidas fiscais e administrativas, e de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia. Respecto do primeiro, Puy lembrou que recolle medidas que permitirán a práctica eliminación do imposto de sucesións, facilita a sucesión de empresas familiares; promove a adquisición de vivendas en zonas pouco poboadas coa menor tributación de España; implanta unha dedución verde para favorecer a eficiencia enerxética dos fogares; crea 22 novas escalas de persoal funcionario, para facer efectivo o proceso de funcionarización voluntario do persoal laboral fixo; facilita o coñecemento e o control da actividade desenvolvida polas vivendas de uso turístico; e blinda a limitación no número de autorizacións de instalacións de salóns de xogo, salas de bingos e tendas de apostas.

 

Respecto do proxecto de lei de regulación do aproveitamento lúdico das augas termais de Galicia, Puy manifestou que o seu obxectivo é “potenciar o uso lúdico destas augas como fonte de riqueza, garantindo tanto a salubridade como a sustentabilidade do recurso”.

 

SITUACIÓN COMPLICADA

 

Pedro Puy salientou que “o Grupo Popular defenderá nesta sesión plenaria dúas proposicións non de lei de grande relevancia para Galicia a curto e medio prazo”. A primeira ten que ver cos recursos das contas públicas e lembrou que “a Xunta leva meses reivindicando e avisando dos problemas que se poderían xerar polo incumprimento do pago dos cartos que o Estado recadou e que, de acordo co sistema de financiamento, lle corresponden a Galicia”.

 

Neste sentido, dixo que “menos da metade dese problema xa se arranxou co anuncio do pago das entregas a conta, pero aínda quedan pendentes os 200 millóns de euros da mensualidade do IVE correspondente a 2017 e os 170 millóns de euros de dous anos por ter sido unha comunidade cumpridora nos obxectivos de sustentabilidade financeira, que xa está recollida nos orzamentos”.

 

“Estamos nunha situación complicada, non tanto como outras comunidades autónomas, e a Xunta está a ter tensións financeiras e o peche do exercicio se pode complicar se non se transfiren eses 200 millóns de euros antes de que remate o ano”, manifestou Pedro Puy, quen salientou que o Goberno galego foi “proactivo ao respecto porque, do mesmo xeito que fixera coas entregas a conta, ten presentado distintas alternativas ao Goberno do Estado para facer efectivo este pago e evitarlles problemas ás comunidades autónomas”.

 

Respecto da segunda proposición non de lei do Grupo Popular, Puy concretou que demanda para que o Ministerio de Fomento elabore un Plan Director de transporte de mercadorías para o noroeste peninsular que desenvolva unha rede ferroviaria de calidade e acorde cos requisitos establecidos para a Rede Transeuropea de Transporte.

 

“A conexión con esta rede europea da unha saída importante ás industrias e aos portos galegos, e o que fai falta é ir desenvolvemento un Plan estratéxico de transporte de mercadorías”, sinalou. Deste xeito, sinalou que “pedimos ao Goberno de España que se implique e non pasen os prazos para que esta obra participe do cofinanciamento comunitario”.

 

COMPARECENCIA POLAS PEAXES DA AP-9

 

Así mesmo, o portavoz popular anunciou que o Goberno galego ten previsto solicitar a comparecencia en comisión parlamentaria para explicar a proposta que trasladou ao Goberno central  para reducir a peaxe da AP-9. “Entendemos que é necesario convocar canto antes unha comisión conxunta desta autoestrada e poñer freo a esa suba abusiva das peaxes prevista para o 1 de xaneiro, que está a introducir novos elementos de desequilibrio territorial coa eliminación de peaxes noutras autoestradas nacionais”, sinalou.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos afirma que a Comisión de Investigación chega ao seu fin demostrando o bo facer dos gobernos do PPdeG
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe que a Comisión de Investigación sobre a contratación da Administración galega “está chegando ao seu fin cumprindo os obxectivos que desde
Borja Verea destaca a “imparable” forza do cambio iniciada en Santiago tras a vitoria nas eleccións municipais: “Cada vez somos máis”
O presidente do PP de Santiago, Borja Verea, animou hoxe os seus a seguir traballando con ganas, entusiasmo e ilusión para acadar o obxectivo de gobernar a capital de Galicia
O PPdeG demanda ao Goberno central un plan integral de abordaxe da obesidade dirixido á sociedade en xeral, como o que ten en marcha a Xunta
A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, demandou hoxe no Parlamento de Galicia que “o Goberno central, do mesmo que xa está a facer a Xunta de Galicia,
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies