Santiago, 23 de maio de 2017.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, reiterou por cuarta vez esta tarde no Parlamento “o interese claro do PPdeG de que se esclarezan completamente as causas” do accidente ferroviario de Angrois “coa maior profundidade e rapidez posible”, para o que demandou a realización dun informe independente, incontrovertido e incuestionable sobre o sinistro.
Fernández Prado considerou “unha demanda xusta das vítimas, dos seus familiares e do conxunto dos galegos coñecer con profundidade e rigorosidade, fuxindo de usos demagóxicos e partidistas, as causas deste tráxico suceso e se tomen as medidas oportunas para que non volva a pasar”. Neste sentido, criticou que o PSOE rexeitara esta mesma semana na Mesa do Congreso a tramitación dunha Comisión de Investigación sobre o accidente e no día de hoxe xa anunciou o seu voto favorable no Parlamento galego á creación desa mesma comisión de investigación.
ÁMBITO XUDICIAL
Na súa intervención, sinalou que “o ámbito de investigación máis efectivo é o xudicial, onde se están a dirimir as posibles responsabilidades penais no accidente”. “Os xuíces, se o consideran oportuno, poden pedir todos os informes independentes que consideren necesarios, ou citar en calquera condición aos distintos axentes intervintes para o esclarecemento total do accidente, como demostra a recente imputación do responsable de seguridade de Adif no momento do accidente”, salientou.
Deste xeito, Martín Fernández lembrou que “a experiencia en todos os casos coñecidos é que as investigacións xudiciais chegaron moito mais lonxe que calquera comisión de investigación parlamentaria”, polo que considerou “bo non interferir na investigación xudicial”.
En relación coa solicitude de creación dunha comisión de investigación no Congreso dos Deputados, o portavoz popular fixo súas as recentes declaracións do fiscal Antonio Roma nas que afirmaba que unha comisión parlamentaria podería ter certas interferencias na investigación xudicial, ao tempo que os xuízos paralelos tampouco axudan a resolver.
O PPdeG reitera “o interese claro de que se esclarezan as causas do accidente de Angrois” para o que pide realizar un informe independente e incontrovertido
- Mércores, 24 de Maio de 2017
- 10:48 a.m.
- Duración de lectura aproximada: 2 minutes
Noticias recomendadas
Alfonso Rueda abrirá o primeiro Pleno do novo período de sesións cunha comparecencia centrada na vaga de lumes que sufriu Galicia este verán
O Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, será o encargado de abrir o primeiro Pleno ordinario deste período de sesións coa súa comparecencia, a petición propia e tamén atendendo
Alfonso Rueda apela á recuperación da “normalidade extraordinaria” de Galicia facendo un chamamento á unidade e o consenso: “Traballaremos para seguir axudando á xente cando de verdade o necesita”
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, fai un chamamento colectivo a todos os galegos e galegas para que sigan mantendo a unidade e o consenso de cara a recuperar canto
Pazos: “O presidente Alfonso Rueda estivo, está e seguirá ao fronte da emerxencia, traballando sempre en favor dos galegos”
O portavoz parlamentario do Grupo Popular, Alberto Pazos, subliñou hoxe na Deputación Permanente do Parlamento de Galicia que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, estivo, está e estará ao fronte