Santiago, 23 de maio de 2017.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, reiterou por cuarta vez esta tarde no Parlamento “o interese claro do PPdeG de que se esclarezan completamente as causas” do accidente ferroviario de Angrois “coa maior profundidade e rapidez posible”, para o que demandou a realización dun informe independente, incontrovertido e incuestionable sobre o sinistro.
Fernández Prado considerou “unha demanda xusta das vítimas, dos seus familiares e do conxunto dos galegos coñecer con profundidade e rigorosidade, fuxindo de usos demagóxicos e partidistas, as causas deste tráxico suceso e se tomen as medidas oportunas para que non volva a pasar”. Neste sentido, criticou que o PSOE rexeitara esta mesma semana na Mesa do Congreso a tramitación dunha Comisión de Investigación sobre o accidente e no día de hoxe xa anunciou o seu voto favorable no Parlamento galego á creación desa mesma comisión de investigación.
ÁMBITO XUDICIAL
Na súa intervención, sinalou que “o ámbito de investigación máis efectivo é o xudicial, onde se están a dirimir as posibles responsabilidades penais no accidente”. “Os xuíces, se o consideran oportuno, poden pedir todos os informes independentes que consideren necesarios, ou citar en calquera condición aos distintos axentes intervintes para o esclarecemento total do accidente, como demostra a recente imputación do responsable de seguridade de Adif no momento do accidente”, salientou.
Deste xeito, Martín Fernández lembrou que “a experiencia en todos os casos coñecidos é que as investigacións xudiciais chegaron moito mais lonxe que calquera comisión de investigación parlamentaria”, polo que considerou “bo non interferir na investigación xudicial”.
En relación coa solicitude de creación dunha comisión de investigación no Congreso dos Deputados, o portavoz popular fixo súas as recentes declaracións do fiscal Antonio Roma nas que afirmaba que unha comisión parlamentaria podería ter certas interferencias na investigación xudicial, ao tempo que os xuízos paralelos tampouco axudan a resolver.
O PPdeG reitera “o interese claro de que se esclarezan as causas do accidente de Angrois” para o que pide realizar un informe independente e incontrovertido
- Mércores, 24 de Maio de 2017
- 10:48 a.m.
- Duración de lectura aproximada: 2 minutes
Noticias recomendadas
O PPdeG pon en valor o impulso da Xunta ao solo industrial coa ampliación do parque empresarial do Corgo
O PPdeG reivindicou hoxe o pulo da Xunta de Galicia ao tecido industrial e empresarial da provincia coa aprobación definitiva da ampliación do parque empresarial do Corgo como Proxecto de
Miguel Fidalgo: “Galicia non pode seguir sendo a que máis aposta polo naval e a que menos respaldo recibe do Goberno de España”
O Parlamento de Galicia vén de aprobar –sen votos en contra- unha iniciativa do Grupo Parlamentario Popular para continuar recoñecendo e impulsando o carácter estratéxico do sector naval galego como
Pepa Pardo denuncia a desprotección das vítimas de violencia de xénero en Galicia polas fallas nas pulseiras antimaltrato
A popular Pepa Pardo, amosou hoxe a súa profunda indignación e preocupación tras coñecerse o último informe da Fiscalía Superior de Galicia, que alerta de graves deficiencias operativas no sistema