Skip to content

Tellado pide explicacións a Caballero sobre o paradoiro dos 180 millóns non gastados no abastecemento en Vigo

Santiago, 15 de decembro de 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, pediu explicacións esta mañá ao alcalde de Vigo, Abel Caballero, sobre o paradoiro dos 180 millóns de euros que non se gastaron no abastecemento de auga neste municipio.

 

O secretario xeral lembrou que a xestión de augas é unha competencia municipal, e malia que desde 2011 Caballero sabía que a potabilizadora de Vigo necesitaba unha reparación, o alcalde non tivo reparos en xogar coa saúde dos seus veciños, nin de mentir descaradamente sobre a potabilidade da auga que consumen. Así, desde que é rexedor, a concesionaria debería ter invertido 180 millóns de euros en infraestruturas e melloras da rede de abastecemento, segundo os informe que fixo públicos onte a nosa voceira no concello, Elena Muñoz.

 

“Desde o Partido Popular gustaríanos saber onde están os cartos de Aqualia, a antiga Aquagest, e cremos que os vigueses merecen as explicacións necesarias”, subliñou Tellado. Nese senso, indicou que teñen que saber quen autorizou que eses 180 millóns de euros non se gastasen na mellora da rede da auga de Vigo, “dado que este evidente desvío de fondos provocou que das billas da primeira cidade de Galicia siga saíndo auga turbia”; a que se destinan os impostos que pagan, “xa que son unha das cidades con maior presión fiscal de Galicia, e se hai alguén facendo un uso irregular dos mesmos”; e o motivo de tanto escurantismo con este tema, “porque o Partido Popular preguntou e non recibiu resposta, pediu unha auditoría sobre esta cuestión e desde o Concello néganse a encargala”.

 

“De momento, sabemos que a única solución que se lle ocorre ao alcalde ante esta situación é subirlle máis dun 2% o recibo da auga aos vigueses, que seguirán pagando máis por unha auga de mala calidade”, manifestou Tellado, que recoñecía que as últimas semanas resumiron perfectamente o perfil político de Abel Caballero: “Un soberbio que non é quen de admitir os seus erros e a súa incapacidade na xestión, un polemista que prefire confrontar e ameazar a cooperar con que lle tende a man, e un trilero que só sabe escapar dos problemas, pero que prefire poñer tobogáns, Dinosetos e barcos nas rotondas a darlle auga potables aos vigueses”.

 

TRABALLAR DE XEITO COORDINADO

Igualmente, o secretario xeral asegurou que a pesar das chuvias dos últimos días, cómpre seguir vixiantes pola alerta por seca, admitindo que é bo momento para poñerse a traballar de xeito coordinado entre administracións para evitar que estas situacións se repitan. Por este motivo, recoñeceu que lle entristece volver a ver as loitas entre concellos ou que as estratexias de confrontación coa Xunta se manteñan.

 

Tellado referiuse a actitude dos alcaldes de Vigo e Ponte Caldelas, que continúan cruzando declaracións durísimas entre eles. “Máis alá desta loita interna entre socialistas, que non deixa de ser unha de tantas, o que transcende é que unha vez máis Abel Caballero está intentando ocultar con confrontación a súa incapacidade total como xestor público”, insistiu.

 

“Esta estratexia non nos sorprende, pois é a única que ten, e a que está a soster a súa carreira política durante os últimos anos. Pero, nin toda a auga que caeu esta semana é capaz de tapar a súa neglixencia neste caso”, dixo o número dous do PPdeG, que engadiu que non se pode admitir que desde o Concello se poña en cuestión a profesionalidade dos técnicos da administración pública, “que non teñen máis interese có de velar pola saúde dos cidadáns”.

 

DOUS MODELOS POLÍTICOS DISTINTOS

Por outra banda, Tellado tamén celebrou que os Orzamentos entren a vindeira semana na fase definitiva da súa tramitación parlamentaria, sinalando que este proceso transcorreu con total normalidade. “Cremos que houbo espazo para o intercambio de ideas, para o diálogo e incluso para o acordo. E, se non houbo máis, foi porque na meirande parte de cuestións foi a oposición a que se negou a intentar propoñer construtivamente ou sumar coa maioría da Cámara”, apuntou.

 

“Nós entendemos que a oposición atopouse uns Orzamentos moi acertados nas súas liñas fundamentais, que priorizaban cuestións como a consolidación da recuperación económica e a creación de emprego; a mellora da sanidade, a educación e os servizos sociais; ou a dinamización do noso medio rural”, dixo o secretario xeral mentres lamentaba que os demais partidos foron incapaces de artellar un discurso alternativo, ou propostas que tivesen sentido para mellorar as liñas estratéxicas do Goberno galego.

 

Por iso, recalcou que neste debate de Orzamentos volveu quedar moi claro que en Galicia hai dous modelos políticos que son ben distintos. Por un lado, mentres a Xunta apostou por baixar impostos, reducir o endebedamento, atraer empresas e crear emprego e por unha administración áxil, eficiente e ordenada, ligada ás demandas dos cidadáns; a oposición quixo subir os tributos, ter máis débeda, destruír postos de traballo e optar por unha administración chea de trabas e incapaz de resolver as necesidades dos galegos.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos afirma que a Comisión de Investigación chega ao seu fin demostrando o bo facer dos gobernos do PPdeG
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe que a Comisión de Investigación sobre a contratación da Administración galega “está chegando ao seu fin cumprindo os obxectivos que desde
Borja Verea destaca a “imparable” forza do cambio iniciada en Santiago tras a vitoria nas eleccións municipais: “Cada vez somos máis”
O presidente do PP de Santiago, Borja Verea, animou hoxe os seus a seguir traballando con ganas, entusiasmo e ilusión para acadar o obxectivo de gobernar a capital de Galicia
O PPdeG demanda ao Goberno central un plan integral de abordaxe da obesidade dirixido á sociedade en xeral, como o que ten en marcha a Xunta
A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, demandou hoxe no Parlamento de Galicia que “o Goberno central, do mesmo que xa está a facer a Xunta de Galicia,
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies