Skip to content

Feijóo proponse unha maioría excepcional para que Galicia siga sendo excepcional

A Coruña, 5 de agosto de 2016.- O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, propuxo acadar unha maioría excepcional para que Galicia siga sendo excepcional en estabilidade e responsabilidade política. Así se expresaba na Xunta Directiva do PP de A Coruña, onde tamén estivo acompañado polo presidente provincial, Diego Calvo.Durante a súa intervención, o dirixente afirmou que os populares buscan máis que os demais partidos en Galicia e mais do que calquera outra forza acadou no resto de España. “Buscamos unha maioría excepcional para que Galicia siga sendo singular e continúe sendo unha excepción de estabilidade, de responsabilidade, de sentido común, solidariedade, avance e interese xeral”, insistiu.

Segundo precisou, para conseguila teñen que esforzarse para que os galegos se sintan parte de todo isto porque sen eles o acadado tería sido imposible e tamén é con eles “como acadaremos o que aínda temos que acadar, podemos acadar e imos acadar”.“Este partido non só ten que ser mellor que os demais partidos senón ser máis que un simple partido”, indicaba explicando que deben ser un proxecto que vai máis aló do partidismo e un punto de encontro entre galegos de diferentes pensamentos e xeracións.

“Hoxe estou aquí, cos membros do meu partido, para pedirvos que vos unades ao que propoño e que busquemos máis aló das portas do noso partido, que máis galegos se unan a nós”, aseverou o líder do PPdeG.

Na mesma liña, Feijóo fixo fincapé en que só hai unha forza en Galicia capacitada para estar “ao que ten que estar”, en condicións de ofrecer ese proxecto aos galegos, e que pode garantir a estabilidade que precisa o país sen perder un minuto: o Partido Popular de Galicia. Por iso, dixo que o obxectivo dos populares é defender os intereses xerais de Galicia e os de moitos galegos que, por enriba de partidismos, non queren líos senón solucións, avances e un proxecto que os beneficie.BUSCAR QUE GALICIA GAÑE SEMPRESegundo indicou Feijóo, a vitoria que busca é que Galicia poida gañar sempre, mentres ao resto de partidos o único que lles motiva é ver se ao líder popular non lle saen as contas aínda que gañe e non se dan conta de que a comunidade precisa dunha motivación maior. “Eu lles diría que menos embigo, menos Feijóo e máis Galicia”, engadiu.Así mesmo, insistiu en que o de menos é gañar ás Mareas de Podemos –xuntas ou separadas-, ao PSOE –un bando ou outro-, ao que queda do BNG ou a partidos improvisados, senón que “o de máis é poder conseguir que Galicia saia gañando”. Ademais, apuntou que as grandes vitorias non se teñen que limitar a unha vez cada catro anos senón que teñen que ser as pequenas vitorias cotidianas en cada fogar: para que as familias galegas poidan ter emprego e chegar a fin de mes con menos dificultades, así como disfrutar dun maior benestar con máis sanidade e educación públicas e máis servizos sociais.Tamén destacou a importacia de que a vitoria sexa que as nais e pais sintan que teñen a un goberno ao seu carón no coidado dos seus fillos, e que estes teñan un futuro máis despexado con máis oportunidades para poder dicirlle algún día aos máis novos que foron parte activa de que teñamos un mellor país porque contamos con eles.“E para acadar esas vitorias e máis vitorias como esas non vale para nada outra cousa que non sexa a unidade, a estabilidade, o respecto á pluralidade e a busca do ben común”, dixo insistindo en que  por iso é polo que quere seguir presidindo a nosa comunidade.

“Son militante de Galicia”, admitía Feijóo recoñecendo que así se sinte tras servir á comunidade 8 anos e que así irá ás eleccións autonómicas, uns comicios “que se celebran para que gañen todos os galegos que son convocados ás urnas”.ESPAÑA COMO GALICIANo seu discurso, o dirixente tamén manifestou que Galicia non pode esperar por que cambie a irresponsabilidade coa que sumamos sete meses de inestabilidade en España nin imitar o que ten acontecido.Para o presidente, a nosa comunidade debe seguir sendo a mesma e ten agora a oportunidade de continuar sendo excepcional, feito polo que fixo fincapé en que é España a que debe parecerse a Galicia e non ao revés.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos afirma que a Comisión de Investigación chega ao seu fin demostrando o bo facer dos gobernos do PPdeG
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe que a Comisión de Investigación sobre a contratación da Administración galega “está chegando ao seu fin cumprindo os obxectivos que desde
Borja Verea destaca a “imparable” forza do cambio iniciada en Santiago tras a vitoria nas eleccións municipais: “Cada vez somos máis”
O presidente do PP de Santiago, Borja Verea, animou hoxe os seus a seguir traballando con ganas, entusiasmo e ilusión para acadar o obxectivo de gobernar a capital de Galicia
O PPdeG demanda ao Goberno central un plan integral de abordaxe da obesidade dirixido á sociedade en xeral, como o que ten en marcha a Xunta
A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, demandou hoxe no Parlamento de Galicia que “o Goberno central, do mesmo que xa está a facer a Xunta de Galicia,
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies