Skip to content

Pazos contrapón a “boa xestión, verdade e decencia” de Feijóo á “mentira recorrente” e ao “escapismo político” de Pedro Sánchez

O portavoz do Grupo Popular no Parlamento de Galicia, Alberto Pazos, hoxe, contrapuxo os valores de “boa xestión, verdade e decencia” que representou onte Alberto Núñez Feijóo no debate electoral fronte ao “escapismo”, a “mentira recorrente” e a degradación institucional dun Pedro Sánchez “acurralado pola corrupción”.

Segundo salientou Pazos, o debate evidenciou que fronte aos que se retroalimentan do ruído e da confrontación, Feijóo é o único candidato presidenciable “centrado en falar do que de verdade lle importa aos galegos e aos españois”. Unha solvencia avalada por trece anos de traballo e resultados en Galicia que contrasta, dixo, co fracaso dun Pedro Sánchez que pretende presentarse agora como o “solucionador”, querendo facer no desconto da lexislatura “o que foi incapaz de facer en oito anos”.

ESCAPISMO, PROPAGANDA E CORRUPCIÓN
Para o portavoz popular, esa xestión esgotada do sanchismo tampouco atopa alternativa nas receitas intervencionistas de Ada Colau nin “na crítica sen alternativa” de Santiago Abascal. Fronte a todos eles, destacou que só Feijóo puxo medidas concretas sobre a mesa, como un plan dun millón de vivendas, rebaixas fiscais e avais para a emancipación da mocidade ou seguridade xurídica fronte á okupación.

Do mesmo xeito, afeou a actitude de Pedro Sánchez por intentar desvincularse do abandono de Ceuta, do desprezo ás vítimas dos accidentes ferroviarios de Adamuz e Urda, do bloqueo da vivenda ou do caos nos servizos públicos. E contrapuxo que fronte aos que viven instalados “na hipocrisía, no insulto, na demagoxia e na supervivencia política”, o portavoz popular incidiu en que a única alternativa o vindeiro 29-N é o Partido Popular, “o partido das persoas, do goberno con rigor e de quen cumpre a palabra dada”.

DOBRE VARA DE MEDIR E SILENCIO CÓMPLICE NA SEMANA DO 25-N
Por outra banda, Alberto Pazos censurou a “propaganda e dobre vara de medir” de Pedro Sánchez e os seus socios ao falar de feminismo. Así, advertiu de que “non se pode dar leccións de igualdade nin poñerse detrás dunha pancarta o 25-N” mentres se tapan “feitos gravísimos”, enumerando os fallos das pulseiras antimaltrato que deixaron desprotexidas ás vítimas e o pagamento cos cartos de todos dun piso de luxo no centro de Madrid e o enchufe en empresas públicas á parella dun exministro, sempre co “silencio cómplice” dos seus socios de goberno.

Nesta liña, apuntou directamente á actitude do PSdeG e do BNG, aos que acusou de amparar e premiar a quen ten denuncias por acoso sexual ao ratificar hai apenas uns días a José Tomé como vicepresidente do Eixo Atlántico e mantelo na Alcaldía de Monforte.

LEI CONTRA O ACOSO E A VIOLENCIA DIXITAL
Para rematar, puxo en valor a tramitación no Parlamento do Proxecto de Lei de medidas integrais contra o acoso e a violencia dixital de Galicia, unha norma pioneira en Europa impulsada pola Xunta, cuxo ditame será aprobado de forma definitiva no pleno da vindeira semana. Neste punto, enxalzou “unha norma tan necesaria como oportuna” para frear os novos riscos das redes sociais que, tal e como remarcou, nun 70 % dos casos sofren as mulleres; e a cal conta co respaldo de entidades como Stop Violencia de Xénero Dixital.

Noticias recomendadas

Paula Prado, no “quilómetro cero” do sanchismo en Monforte, lamenta que PSOE e BNG “sigan branqueando” a José Tomé, investigado por un delito de agresión sexual
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, apela a que os galegos e galegas voten o domingo polo PP “con contundencia”, para poñer fin ao PSOE e aos seus socios,
Prado e Conde defenden o compromiso do PP co sector agroalimentario e urxen reforzar o control de fronteiras para os produtos que entran en España
O PPdeG reivindica a necesidade de reforzar o control de fronteiras para que os produtos que entren en España cumpran as mesmas normas que se esixen aos produtores españois. Durante
O PP de Ourense pide o voto para Alberto Núñez Feijóo, “garantía a boa xestión, a verdade e a decencia”
Os populares pediron hoxe en Celanova e Barbadás o voto dos ourensáns e das ourensás para que o Partido Popular de Alberto Núñez Feijóo transforme “a política do medo, da
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Configuración de cookies