Skip to content

Feijóo presenta un Goberno “para todos”, comprometido cos obxectivos comúns, co presente e co futuro do país

Santiago, 14 de novembro de 2016.- O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, presentou esta mañá, no acto de toma de posesión dos conselleiros do novo Executivo autonómico, un Goberno “para todos”, comprometido cos obxectivos comúns, que pense no presente e, sobre todo, no futuro do país e guiado pola mellor tradición do galeguismo plural, aberto e integrador.

Durante o acto, Feijóo incidiu en que este novo Goberno estará ao servizo de todos os galegos, “dos que nos votaron, dos que non nos votaron e dos que optaron por non votar”. “Este Goberno non lle pertence a ningunha sigla, nin pertence ás persoas que o conformamos. Este Goberno perténcelle a Galicia”, abundou, comprometéndose a que ao final da lexislatura, en 2020, toda Galicia poida mirar atrás, “orgullosa do legado que imos intentar deixar, para mirar cara adiante con máis forza e máis ilusión se cabe”.

 

Nesta liña, o titular do Executivo expresou o seu desexo de que o que nos define como pobo defina tamén ao seu Goberno: “Galicia é solidariedade; é espírito de superación; é sentidiño; é convivencia; é firmeza e lealdade; é diálogo, consenso e altura de miras”, di, subliñando que igual que a Praza do Obradoiro é o punto de encontro dos peregrinos de todo o mundo, a Xunta ten que aspirar a ser o punto de encontro de todos os galegos.

 

Durante a súa intervención, Feijóo garantiu o compromiso dos membros do novo Executivo para seguir esforzándose, para seguir mellorando e para seguir sendo útiles ao pobo, “porque non basta con que levemos tres anos creando emprego, xa que aínda hai persoas que buscan traballo e non o atopan; non basta con que as nosas empresas teñan cada vez mellores perspectivas; non basta con que haxa máis axudas públicas para cada familia, xa que hai outras que non chegan a fin de mes; e non basta con que xurdan máis iniciativas para impulsar o rural cara ao futuro, xa que hai explotacións que seguen tendo dificultades para cubrir custos”, dixo.

Estabilidade, visión de futuro e un Goberno que goberne ata o último día

O presidente da Xunta concluíu insistindo en que as dez mulleres e homes que forman o Goberno terán o cometido de seguir traballando polo progreso; de seguir traballando cada día polos galegos, pensando nos galegos e cos galegos. “Este Goberno traballará do único xeito que é posible: co pobo, dentro do pobo, ombro con ombro cos galegos”, aseverou, lembrando que iso é o que pediron os galegos o pasado 25 de setembro, cunha claridade excepcional na España de hoxe: estabilidade, visión de futuro e un Goberno que goberne desde o primeiro ata o último día.

 

Feijóo incidiu en que nesas urnas quedaron as siglas, os partidos e os eslóganes, e delas saíron os compromisos adquiridos: a promesa de traballar por unha Galicia mellor e a convicción de que canto máis unidos traballemos, máis grandes seremos.

 

“Sabemos que o resultado non pode interpretarse como un cheque en branco, senón como un préstamo da vontade política da xente; que non estamos aquí porque poidamos facelo todo solos, senón porque temos a man tendida para facelo xuntos; que non estamos aquí para prometer imposibles, senón para facer todo o posible para que Galicia siga crecendo de forma solidaria; e sabemos que non estamos aquí polo que xa fixemos, senón porque o acadado nos amosa que somos quen de propoñernos metas máis altas”, sentenciou.

Noticias recomendadas

O presidente Alfonso Rueda emprega as súas dotes de ‘director’ para deixar claro que “Galicia soa moi ben”
O Partido Popular de Galicia estrea hoxe o seu vídeo de Nadal, no que o presidente Alfonso Rueda emprega as súas dotes de ‘director’ para deixar claro que “Galicia soa
Alberto Pazos afirma que a Comisión de Investigación chega ao seu fin demostrando o bo facer dos gobernos do PPdeG
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe que a Comisión de Investigación sobre a contratación da Administración galega “está chegando ao seu fin cumprindo os obxectivos que desde
Borja Verea destaca a “imparable” forza do cambio iniciada en Santiago tras a vitoria nas eleccións municipais: “Cada vez somos máis”
O presidente do PP de Santiago, Borja Verea, animou hoxe os seus a seguir traballando con ganas, entusiasmo e ilusión para acadar o obxectivo de gobernar a capital de Galicia
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies