Skip to content

Pedro Puy amosa “preocupación pola incerteza e inconcreción das medidas anunciadas polo Goberno central”

Santiago, 4 de maio de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, amosou hoxe a “preocupación pola incerteza e inconcreción das medidas anunciadas polo Goberno central”. Demandou explicacións respecto aos horarios para paseos ou actividade deportiva nos concellos ou núcleos de poboación de menos de 5.000 habitantes ou sobre o reparto dos fondos públicos anunciados para as comunidades autónomas.

Ademais, considera que existen “dúbidas sobre a extensión do Estado de Alarma”, xa que considera que “se está estendendo non xa para atender a emerxencia sanitaria, senón para o seguimento da recuperación económica”.

 

En primeiro lugar, Pedro Puy trasladou o pesar e o apoio de todo o Grupo Parlamentario para as familias dos 569 falecidos con coronavirus en Galicia, e trasladou ánimo aos máis de 3.000 que a día de hoxe aínda padecen este virus, dos que máis de 2.700 fano nos seus propios domicilios

 

SEN CRITERIOS HOMOXÉNEOS

 

Na súa intervención, Puy puxo de manifesto o “alto nivel de incerteza, propio dunha pandemia sanitaria, que se vive a nivel nacional, pero incrementada pola forma coa que se está a xestionar esta crise, con anuncios que non se concretan ou establecen dúbidas, sen criterios homoxéneos para todo o territorio”.

 

En concreto, sinalou que esta incerteza estase a trasladar ao ámbito sanitario, onde apenas se coñecen os criterios que van permitir a desescalada. “Seguimos defendendo que o mellor territorio son as áreas sanitarias e dentro delas outras zonas máis pequenas; pero tamén se está improvisando coa apertura do comercio, porque non teñen os mecanismos nin información suficiente sobre o que hai que facer; nin sabemos exactamente outras cuestións relativas a que sectores económicos específicos poden realizar actividade”, indicou.

 

Respecto da declaración do Estado de alarma, o portavoz popular amosou a “preocupación porque un instrumento correcto para a fase aguda da pandemia, susceptible de modulación e que permite atender unha crise sanitaria, se estea estendendo non xa para atender a emerxencia sanitaria senón que se quere aplicar para o impulso da recuperación económica”. Neste sentido, considerou “excesiva e desproporcionada” a intervención do Estado en ámbitos non relacionados co Covid 19, co que cualificou como “unha invasión competencial evidente nas capacidades das comunidades autónomas”.

 

RESPECTO ÁS COMPETENCIAS AUTONÓMICAS

 

“Non é certo que determinadas actuacións de apoio a traballadores autónomos e mesmo a sectores económicos dependan da creación do Estado de Alarma”, explicou. Así, apuntou que o Estado de Alarma “non é necesario para resolver determinadas cuestións relacionadas co funcionamento ordinario das institucións, co respecto ás competencias autonómicas e co respecto ao exercicio dos dereitos e liberdades”.

 

Por outra banda, Pedro Puy considerou “razoable” a decisión do Goberno central de permitir a saída regulada por horarios dos cidadáns, “que a inmensa maioría da xente está a cumprir de maneira exemplar”. Porén, lamentou que “unha mesma norma se aplica pola mesma autoridade con criterios distintos en comunidades autónomas con dispersión da poboación semellante”.

 

“Non ten sentido que nunha comunidade autónoma se leve a cabo tomando como referencia os habitantes dos concellos e na comunidade limítrofe se tome como referencia os residentes nos núcleos de poboación”, sinalou. Esta situación está a discriminar en Galicia a máis de un millón de persoas que residen nos núcleos de poboación de menos de 5.000 habitantes pero que forman parte de concellos con máis de 5.000 habitantes, que “teñen que circunscribirse aos horarios marcados polo Estado pero que poderían saír libremente á rúa” se se adoptaran en Galicia os criterios doutras comunidades limítrofes como Asturias.

 

Para rematar, Puy tamén amosou a preocupación pola incerteza da distribución dos fondos públicos anunciados polo Goberno central para as comunidades autónomas. “Non se sabe cales son os criterios de reparto, e cada presidente está introducindo no debate variables que lles favorecen”, sinalou. Así, lembrou que “Feijóo demandou aplicar criterios xerais existentes na propia Lei orgánica de financiamento das comunidades autónomas, onde se prevén circunstancias como a dispersión da poboación ou o custo diferencial da prestación dos servizos públicos”.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos afirma que a Comisión de Investigación chega ao seu fin demostrando o bo facer dos gobernos do PPdeG
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe que a Comisión de Investigación sobre a contratación da Administración galega “está chegando ao seu fin cumprindo os obxectivos que desde
Borja Verea destaca a “imparable” forza do cambio iniciada en Santiago tras a vitoria nas eleccións municipais: “Cada vez somos máis”
O presidente do PP de Santiago, Borja Verea, animou hoxe os seus a seguir traballando con ganas, entusiasmo e ilusión para acadar o obxectivo de gobernar a capital de Galicia
O PPdeG demanda ao Goberno central un plan integral de abordaxe da obesidade dirixido á sociedade en xeral, como o que ten en marcha a Xunta
A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, demandou hoxe no Parlamento de Galicia que “o Goberno central, do mesmo que xa está a facer a Xunta de Galicia,
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies