Skip to content

Tellado: “O Goberno de Pedro Sánchez é un problema económico en si mesmo”

O secretario xeral lamenta os vaivéns continuos do Executivo central, que xera incertezas engadidas ás que xa de por si a pandemia pon ante nós 

 

2, outubro, 2020. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que o Goberno de Pedro Sánchez é un problema económico en si mesmo. “Debido aos seus continuos vaivéns e á súa falta de concreción en asuntos como o teito de gasto e o uso do déficit, é practicamente imposible que Galicia conte cos Orzamentos aprobados o 1 de xaneiro”, afirmou. 

 

Tal e como apuntou, que un Goberno sen orzamentos estea a deslizar suba de impostos e desgravacións fiscais xa existentes, xera incertezas engadidas ás que xa de por si a pandemia pon ante nós. “As contas públicas non poden facerse lendo entre liñas as declaracións dos Ministros  nun ou noutro xornal”, indicou.

 

Tellado tamén remarcou que a Comunidade ten estabilidade pero non un marco para elaborar os seus Orzamentos: “Pode facer os seus deberes, en canto o Goberno lle dea o marco macroeconómico para facelos. Para aprobar as contas, a Pedro Sánchez fáltanlle apoios, a Galicia o que lle falla é o Goberno central”. Por todo isto, lamentou que toda España terá que facer fronte a unha triple pandemia -á sanitaria, á social e á económica-.

 

Ademais, afeou a actitude desleal da voceira do BNG, Ana Pontón, que, en lugar de defender os intereses dos galegos e esixir ao Executivo central a fixación do marco macroeconómico para o 2021, se dedica só a criticar ao Goberno autonómico, que si aprobou as súas contas en tempo e forma durante os últimos 10 anos. “Prefire defender ao Goberno que leva prorrogando os orzamentos dous anos en vez de defender á Xunta aínda que iso sexa o que máis lle conveña a Galicia. Tapa a incompetencia de Pedro Sánchez e dun PSOE con quen goberna sempre que pode e onde pode”, incide.

 

SAÍR CANTO ANTES DA CRISE

Na súa comparecencia en rolda de prensa, o número dous dos populares tamén se referiu ás cifras de desemprego de setembro, destacando dous datos positivos: o paro baixa con respecto ao mes anterior e a contratación aumenta.

 

Deste modo, Galicia conta con 377 parados menos que en agosto, o que supón un -0,21% menos; a contratación medra nun 29% -asináronse 18.700 contratos máis que en agosto-; desde o mes de abril, a Comunidade logrou que máis de 15.000 persoas abandonasen as listas do paro; e supera o millón de afiliacións á Seguridade Social, situándose a un nivel superior ao de hai 9 anos.

 

“Sabemos que o horizonte económico trala pandemia é pouco alentador e que virán tempos moi duros, pero podemos asegurar que traballaremos para que Galicia supere da mellor maneira posible esta situación”, dixo mentres admitía que, dentro da innegable gravidade, temos algún motivo para a esperanza: “Hai grupos de expertos, como o Foro Económico de Galicia, que apuntan que a nosa economía está entre as que menos se contraeron nestes meses; o noso sector turístico foi dos que mellor resistiu neste verán atípico; e as exportacións volven medrar logo duns meses de parón”.

 

“Os galegos e galegas poden estar seguros de que poñeremos todo da nosa parte para que saiamos canto antes desta crise que temos no horizonte”, subliñou Tellado, quen resaltou que iso mesmo é o que lle piden ao Executivo central: un goberno que goberne e non que confronte coas Comunidades autónomas, estabilidade e non inseguridade, confianza e non que hoxe diga unha cousa e mañá a contraria, e certezas.

 

O ESTATUTO ELECTROINTENSIVO, UNHA FERRAMENTA BÁSICA

Así mesmo, o secretario xeral tamén falou da loita para que en Galicia non se destrúan postos de traballo que son estratéxicos, como os das factorías de Alcoa na Mariña. Segundo sinalou, esta comarca ten demostrado a súa vontade para seguir producindo aluminio primario, polo que celebrou que as administracións e os traballadores estean traballando con unidade para conseguir un obxectivo fundamental: o de que non se paren as cubas.

 

“O futuro de mil traballadores afectados polas decisións de Alcoa está moi por riba dos intereses non confesados dunha empresa que actúa de mala fe e que traizoou a confianza de administracións e empregados para impedir a venda e evitar así a entrada de competidores”, manifestou mentres salientaba que non se pode aceptar unha decisión inxusta que o único que provoca é perda de postos de traballo, de competitividade e que se deixe de producir en España aluminio primario, un sector considerado estratéxico.

 

“Aínda é posible unha solución: Alcoa está a tempo de recapacitar e manter aberta a negociación para que o Goberno compre temporalmente a planta de aluminio e a venda inmediatamente despois a Liberty”, mantivo Tellado.

 

Sobre isto, engadiu que, malia que Alcoa é urxente, o importante seguirá sendo ter un prezo competitivo da enerxía, que permita que as empresas electrointensivas galegas manteñan a súa actividade e non haxa máis peches nestes vindeiros meses. “Para conseguilo a ferramenta básica é o Estatuto Electrointensivo que o Goberno Sánchez leva dous anos prometendo e do que non coñecemos máis ca anuncios e retrasos continuados”, apostilou. 

 

AS NEGATIVAS DECISIÓNS DO GOBERNO CENTRAL

Por último, Miguel Tellado cuestionou as intencións do Goberno de España en temas decisivos para a nosa economía como o peche da central térmica das Pontes, o empeño do Executivo para pechar as industrias de transformación ubicadas en dominio marítimo e terrestre -ENCE, conserveiras, depuradores ou empresas frigoríficas-, o retraso na aprobación do Estatuto Electrointensivo ou a negativa de dotar de carga de traballo aos estaleiros públicos da Ria de Ferrol.

 

“Son decisións que non entendemos nin compartimos pero que imos combater activamente como primeiro partido de Galicia porque é a responsabilidade que asumimos nas urnas o pasado 12 de xullo”, sentenciou.

Noticias recomendadas

O PPdeG animará aos concellos a sumarse ao Pacto pola lingua e así “construír un acordo social para trazar o mellor futuro para o galego”
O Partido Popular de Galicia presentará a través dos seus grupos municipais unha moción para que os concellos se animen a formar parte do Pacto pola lingua e que así
O PPdeG elixe o lema ‘Non é cousa de cores’ para conmemorar o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres
O Partido Popular de Galicia elixe o lema Non é cousa de cores para conmemorar o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres o próximo 25 de novembro, poñendo o
O Parlamento galego pide reforzar a adaptación e integración educativa e pedagóxica do alumnado estranxeiro
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a que, apoiándose na experiencia destes
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies