Skip to content

O Grupo Popular demandará no Pleno a supresión da norma que pon en risco a actividade do sector mar-industria

Santiago, 2 de febreiro de 2021.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana dúas proposicións non de lei a través das que se demanda a supresión do artigo do proxecto de Lei de cambio climático e transición enerxética que afecta ao prazo de duración das concesións de dominio público marítimo-terrestre recollido na Lei de costas; e se solicita á empresa Siemens-Gamesa que suspenda o ERE da planta de As Somozas e acepte a formación dunha mesa de traballo co obxectivo de atopar solucións que garantan a viabilidade e o futuro desta planta.

Ao remate da Xunta de Portavoces, o portavoz popular, Pedro Puy, informou que na sesión plenaria da vindeira semana debateranse para a súa aprobación dous proxectos de lei: o de residuos e solos contaminados de Galicia, e o de museos e outros centros museísticos.

 

O Pleno continuará coa comparecencia do vicepresidente segundo da Xunta e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, por petición propia, para informar das previsións e liñas xerais de actuación do seu departamento e as medidas fronte á Covid-19.

 

INDUSTRIA ESTRATÉXICA PARA GALICIA

 

Dentro do apartado de proposicións non de lei, o Grupo Popular demandará a supresión ou modificación substancial, previo diálogo co sector afectado, do artigo do proxecto de Lei de cambio climático e transición enerxética que xera inseguridade ao complexo mar-industria de Galicia ao afectar ao prazo de duración das concesións no dominio público-marítimo terrestre recollido na Lei de Costas.

 

Pedro Puy lembrou que “a industria relacionada coa transformación de produtos do mar é estratéxica para Galicia” e concretou que con esta modificación normativa se verían afectadas directamente arredor dun centenar de empresas, “que poderían ter problemas serios para a renovación da súa concesión e facer inviables os seus negocios”.

 

Deste xeito, o Grupo Popular solicita a supresión deste artigo do proxecto de Lei de cambio climático e transición enerxética, ao tempo que demanda acadar un consenso para que esta e calquera outra modificación da Lei de Costas se leve adiante logo dun estudo profundo e o diálogo co complexo mar-industria alimentario.

 

RETIRADA DO ERE EN SIEMENS-GAMESA

 

Unha segunda proposición non de lei do Grupo Popular ten como obxectivo que a empresa Siemens-Gamesa suspenda o ERE da planta de As Somozas e acepta a formación dunha mesa de traballo, con representación do Goberno central, a Xunta e os traballadores, co obxectivo de atopar solucións que garantan a viabilidade e o futuro da planta.

 

Así mesmo, solicítase que a Xunta, en colaboración co Goberno de España, utilice todos os mecanismos á súa disposición para lograr que Siemens-Gamesa manteña a planta de As Somozas, apostando pola súa modernización e pola implantación de novos proxectos industriais que garantan a carga de traballo para os traballadores da empresa.

 

Pedro Puy informou, ademais, que o Grupo Popular preguntará ao Goberno galego no Pleno sobre o plan de ensino virtual para blindar o estudo en caso de confinamento parcial ou total dunha aula ou un centro; e sobre as actuacións próximas previstas no Complexo Hospitalario de Santiago.

 

O Grupo Popular tamén se interesará no Pleno pola valoración do Goberno galego sobre o feito de que o 1 de xaneiro deste ano as peaxes da AP-9 volveran a subir e non se aplicaran as rebaixas das peaxes anunciadas polo Goberno central.

 

TRASPASO DEMANDADO DESDE HAI ANOS

 

O portavoz popular lembrou que esta tarde debátese no Congreso a toma en consideración da proposición de lei do Parlamento de Galicia sobre a transferencia da titularidade e competencias da autopista AP-9 á Comunidade galega. Puy lembrou que este traspaso vén sendo demandado desde hai varios anos e saudou a actitude favorable a esta transferencia, aínda que expresou “certa decepción porque esa actitude favorable non vaia acompañada doutras accións, como a supresión da peaxe en Redondela ou o enlace orbital de Santiago”.

 

Ademais, considerou “necesario abrir as negociacións na Comisión Mixta de Transferencias para avanzar noutras cuestións e fixar os termos do traspaso, o que contribuiría a que todos fósemos máis optimistas polo paso que se vai dar hoxe no Congreso”.

 

Noticias recomendadas

O PPdeG animará aos concellos a sumarse ao Pacto pola lingua e así “construír un acordo social para trazar o mellor futuro para o galego”
O Partido Popular de Galicia presentará a través dos seus grupos municipais unha moción para que os concellos se animen a formar parte do Pacto pola lingua e que así
O PPdeG elixe o lema ‘Non é cousa de cores’ para conmemorar o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres
O Partido Popular de Galicia elixe o lema Non é cousa de cores para conmemorar o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres o próximo 25 de novembro, poñendo o
O Parlamento galego pide reforzar a adaptación e integración educativa e pedagóxica do alumnado estranxeiro
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a que, apoiándose na experiencia destes
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies