Santiago, 14 de xuño de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avogou hoxe “por unha recuperación dos consensos e de superación da división que hai en Cataluña”, porque “cremos que a propia historia da democracia española marca unha ruta da pacificación social correcta, que é a aplicación do Estado de Dereito, da Constitución e do ordenamento xurídico vixente”.
?A propia historia da democracia española marca cal é a ruta de pacificación social correcta, ao marxe do estado de dereito é imposible atopar unha solución política, avogamos polos consensos de superación da división que hai en Cataluña, Pedro Puy @ppdegalicia #13JIndultosNO pic.twitter.com/BbtaGXSiRd
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) June 14, 2021
Neste sentido, lamentou que o BNG “se apunte a esa política de división e de enfrontamento dentro do propio país, cando en Galicia contamos cun amplo consenso e respaldo sobre a nosa identidade como galegos, españois e europeos”.
Pedro Puy referiuse á manifestación en contra dos indultos celebrada onte en Madrid, na que o PPdeG estivo representado polo seu secretario xeral, Miguel Tellado, e salientou que a recollida de sinaturas levada a cabo polo PPdeG en Galicia “tivo moi boa recepción” por parte dos galegos, xa que “moita xente quixo sumarse a esta iniciativa”.
INDULTOS EN CONTRA DA FISCALÍA E O TRIBUNAL SUPREMO
Na súa intervención, o portavoz popular lamentou que a actitude do Goberno de Pedro Sánchez respecto aos políticos independentistas “está a colocar ao Estado nunha situación complexa de negociación, pedindo indultos en contra da opinión da Fiscalía e do Tribunal Supremo”. “Mentres a Xustiza traballa para aplicar a Lei, hai quen quere indultar aos que cometeron os delitos”, apuntou.
?️O clamor maioritario debería levar ao Goberno a reflexionar, está a situar o Estado nunha situación complexa pedindo indultos en contra da opinión do Tribunal Supremo e a Fiscalia e asumindo os mensaxes do independentismo, indica Pedro Puy @ppdegalicia #13JIndultosNO pic.twitter.com/AidZOY2fnr
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) June 14, 2021
Cuestionado sobre o acto conxunto celebrado onte pola portavoz nacional do BNG e o portavoz de ERC no Congreso, Gabriel Rufián, Puy amosouse “encantado de que calquera persoa veña a coñecer Galicia e de que iso sirva para que saiba avaliar o que gana unha sociedade cando non hai conflitos nas rúas derivados de cuestións políticas e cando hai consensos amplos respecto do noso sistema xurídico e político, que fomenta un ambiente de paz social que non se está a producir noutras partes”.
Porén, lamentou que “en Galicia haxa quen propón este tipo de políticas para o noso país, porque a experiencia do autogoberno é que a Galicia vaille moi ben dentro de España e a Unión Europea, porque ten autonomía para decidir por si mesma como crecer, crear riqueza e mellorar a sociedade, dunha forma consensuada no entorno institucional no que nos movemos”.
XERAR VALOR DE MERCADO
Por outra banda, Pedro Puy tamén se referiu ás propostas do Grupo Popular para o ditame da Comisión de reactivación económica, social e cultural de Galicia ante a crise da Covid-19 e insistiu que se trata dun “conxunto de medidas no que hai un amplísimo consenso a nivel mundial, en liña co que están facendo outros gobernos da Unión Europea e as recomendacións das autoridades económicas internacionais”.
?️A situación de Galicia é mellor ca española pola política responsable dos últimos anos no ámbito orzamentario e financeiro e nunha etapa de crise da resultados,non tratamos de cambiar o mundo desde a utopía senón que pretendemos melloralo para os que veñen di Puy @ppdegalicia pic.twitter.com/F0ndcck6EC
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) June 14, 2021
“Só cunha economía que xere valor no mercado, coa colaboración do sector público e mellorando o propio sector público, nun contexto de sostibilidade financeira, poderemos saír con maior forza e menores consecuencias sociais”, afirmou Puy. Deste xeito, manifestou que “todas as políticas que o BNG quere meter na axenda, que levan á practica a redución á nada dos procesos de produción de riqueza polas empresas e onde todo debe ser público, levarían a un empobrecemento maior do noso país”.