Santiago, 22 de xuño de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a toma en consideración da proposición de lei do Grupo Popular para incorporar a violencia dixital como unha nova forma de violencia de xénero contra as mulleres, integrada na Lei 11/2007 galega para a prevención e tratamento integral da violencia de xénero.
?️Defende @paulapra2 no Pleno do @Par_Gal lexislar para describir as conductas delictivas na violencia de xénero no ámbito dixital, sensibilizar á xente máis nova dos perigos destas prácticas e poñer en marcha políticas publicas de prevención para evitalas @ppdegalicia pic.twitter.com/YJDGfe5ccQ
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) June 22, 2021
“Esta iniciativa lexislativa ten un triplo obxectivo: resulta fundamental describir as condutas delitivas, sensibilizar á xente máis nova dos perigos destas prácticas e poñer en marcha políticas públicas e medidas de prevención para evitar que estas se produzan”, sinalou a viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado.
Na defensa desta proposición de lei, Prado sinalou que “dentro dos ciberdelitos destacan aqueles que provocan violencia de xénero, xa que o amparo do anonimato, a accesibilidade, a inmediatez, a viralidade ou mesmo un falso entendemento do que é a liberdade de expresión favorecen as condutas daqueles que pretenden exercer o control, o dominio, o abuso ou o maltrato sobre a muller”.
“Delitos como ciberbullying, sextorsión, grooming, usurpación da identidade, usurpación de chaves ou contrasinais, sexting, revenge porn ou pornovenganza son algunhas das accións máis frecuentes entre as persoas máis novas, onde maioritariamente as vítimas son mulleres e fundamentalmente adolescentes, o que incrementa a súa vulnerabilidade”, concretou.
CONDUTAS NORMALIZADAS
?As conductas de que falamos teñen unha base social na violencia que sofren as mulleres máis novas,e hai que sumarlle que as redes son espazos públicos e viralizadores que multiplican os efectos adversos da violencia machista, @paulapra2 sobre a violencia dixital pic.twitter.com/97Hshr4fWd
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) June 22, 2021
Ademais, Paula Prado considerou “preocupante que, en moitos casos, se teñen normalizado estas conductas ou as rapazas non perciben algunhas como un tipo de violencia cara elas”. “Estas condutas teñen unha base social que inflúe na violencia que sofren as nosas mulleres máis novas: a presión social que viven sobre os seus corpos; os estereotipos e crenzas sexistas sobre a sexualidade, que as culpabilizan do que ocorra nas relacións sexuais; e a normalización do control nas súas relacións”.
Por este motivo, a viceportavoz popular considerou “oportuno traballar neste ámbito, lexislar e poñer en marcha políticas públicas para evitar estas condutas delitivas”, polo que “consideramos fundamental comezar por describir na Lei integral de violencia de xénero unha nova forma de violencia contra as mulleres: a violencia dixital”.