Santiago, 6 de xullo de 2021.- O Grupo Popular demandará no Pleno da vindeira semana que o Goberno central retire o recurso interposto ante o Tribunal Constitucional contra a reforma da Lei de saúde de Galicia que incorpora medidas para loitar contra a Covid-19, xa que considera un agravio comparativo que estas mesmas accións foran aprobadas por Decreto-Lei polo Goberno de Baleares sen que o Goberno central teña adoptado decisión algunha ao respecto.
?Cando o Goberno impugna a reforma da lei de Saúde de Galicia dí que algunha das medidas,que literalmente están no Decreto das Illas Baleares,hai que suspendelas porque atentan contra os dereitos e liberdades fundamentais pero non actúa contra o Decreto do Goberno Balear pic.twitter.com/skMolVhOPg
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) July 6, 2021
Así mesmo, o Grupo Popular volverá demandar, unha vez máis, a construción dun buque de acción marítima (BAM) para a Armada Española nos estaleiros de Navantia na ría de Ferrol.
?️Por desgraza hai que reiterar unha nova petición ao Goberno de España para que se solucione a curto prazo a situación dos estaleiros públicos de Navantia Ferrol polo retraso na construcción das fragatas F-110
coa construcción dun buque de acción marítima @PP_Ferrol pic.twitter.com/gTbdZerxVX— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) July 6, 2021
Ao remate da Xunta de Portavoces, o portavoz popular, Pedro Puy, salientou a extensión deste último Pleno do período de sesións, que acollerá de inicio a elección dos seis membros do Consello de Administración da Corporación de Radio e Televisión de Galicia; a comparecencia da Valedora do Pobo para dar conta do seu informe anual correspondente a 2020; o debate e votación das propostas de resolución en relación cos informes de fiscalización do sector público de Galicia contidos na memoria de actividades do Consello de Contas de 2019; e o debate e votación do ditame da Comisión de estudo para a reactivación económica, social e cultural de Galicia pola crise da Covid-19.
TRES NOVOS TEXTOS LEXISLATIVOS
Así mesmo, no ámbito das iniciativas lexislativas, a sesión plenaria procederá ao debate para a súa aprobación do proxecto de lei para o recoñecemento da universidade privada “Universidad Intercontinental de la Empresa”, así como das proposicións de lei para garantir a igualdade real entre mulleres e homes no ámbito universitario e da investigación, e para o recoñecemento da violencia vicaria como violencia de xénero.
Pedro Puy manifestou que toda esta actividade de distintos organismos autonómicos “confirma a normalidade institucional que se vive en Galicia e que, pese á pandemia sanitaria, mantiveron un traballo intenso”. “Todos temos que traballar máis que nunca e dar a cara para intentar saír adiante desta pandemia”, sinalou.
?️O clima político de Galicia da conta de que as institucións de Galicia,pese as dificultades,mantiveron un traballo intenso,@Par_Gal @Xunta e institucións temos que dar a cara para intentar saír adiante das consecuencias que a pandemia, que sigue entre nós, nos está deixando,Puy pic.twitter.com/zk0nCWPrjD
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) July 6, 2021
Dentro do apartado de proposicións non de lei, o Grupo Popular solicitará ao Goberno central a retirada do recurso interposto ante o Tribunal Constitucional respecto da reforma da Lei de saúde de Galicia por supoñer un agravio comparativo ante a situación xerada pola aprobación polo Goberno de Baleares dun Decreto-Lei con contidos idénticos aos que motivaron o escrito de recurso contra a lei galega.
“NON TEN EXPLICACIÓN”
“Non ten explicación” a actitude do Goberno de España respecto da Lei galega, porque “o Estado debe funcionar con certa neutralidade e obxectividade”, indicou Pedro Puy. Así, engadiu que “se o Estado cre que unha norma dunha comunidade autónoma vulnera a Constitución, sorprende que o mesmo texto noutra comunidade non teña xerado ningún movemento por parte do Goberno de España”.
En segundo lugar, o Grupo Popular volverá insistir na esixencia ao Goberno de España para que encargue a construción dun BAM para a Armada Española nos estaleiros de Navantia na ría de Ferrol, de xeito que se dote de carga de traballo tanto para a plantilla principal como para a industria auxiliar en tanto non se pon en marcha a construción das fragatas F-110.
Dentro do apartado de preguntas ao Goberno galego, o Grupo Popular interesarase polo continuado retraso na tramitación da transferencia da AP-9 a Galicia no Congreso dos Deputados e de que non se teñan materializado aínda as bonificacións das peaxes comprometidas; polas medidas previstas polo Goberno galego para apoiar ás familias, ás pequenas e medianas empresas e aos autónomos ante o impacto das novas tarifas eléctricas; e pola campaña Rachemos o Xacobeo impulsada por unha organización xuvenil nacionalista contra a celebración deste evento en Galicia