Skip to content

Tellado: “Galicia non se conforma con ter menos paro que a media nacional senón que aspira a ser líder da recuperación”

Salienta que a Comunidade avanza na dinamización do mercado de traballo con emprego seguro, de calidade, estable e adaptado ao tecido produtivo

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que a nosa Comunidade non se conforma con rexistrar menos paro que o conxunto do Estado nin con seguir resistindo os efectos da Covid-19, senón que Galicia aspira a liderar unha recuperación sólida da nosa economía. Para acadar este obxectivo, puxo en valor o papel da Xunta, que avanza con paso firme na dinamización do mercado de traballo con emprego seguro, de calidade, estable e adaptado ás necesidades do tecido produtivo.

 

Así se expresaba tras coñecerse os datos de desemprego do pasado mes, nos que na Autonomía caeu o paro en 25.687 persoas (14,52%) fronte a agosto de 2020 -tendo en conta o descenso rexistrado no Estado (12,33%), a vantaxe de Galicia é de 2,19 puntos-. Deste modo, estamos ante a maior baixada anual en termos absolutos e relativos de toda a serie histórica de datos (1996), coa Comunidade a niveis de paro inferiores ao reflectido en agosto de 2008, hai 13 anos, no inicio da anterior crise económica. Ademais, aumentan as afiliacións e medra a contratación.

 

En termos mensuais, o número dous dos populares tamén salientou que o desemprego diminúe en agosto, algo que non ocorría desde 2017, resaltando que, mentres Galicia crea emprego e suben as afiliacións, o conxunto do Estado perde cotizantes.

 

ENCAMIÑAR A RECUPERACIÓN

“A resistencia da nosa economía ante a crise do coronavirus debe darnos unha maior capacidade para encamiñar a recuperación”, apuntou Tellado mentres explicaba que isto non só significa volver aos niveis previos á pandemia ou recuperar os postos de traballo perdidos: “Trátase de continuar crecendo, de crear máis emprego de calidade e mellores oportunidades, así como de captar investimentos e proxectos transformadores da nosa economía”.

 

De feito, “grazas á vacinación e á resposta eficaz á pandemia que a Xunta deseñou no plano económico, imos avanzando cara a unha recuperación progresiva da actividade, que se reflicte no dinamismo do noso mercado de traballo”, incidiu o secretario xeral, que lembrou o gran esforzo investidor da nosa Comunidade en materia de axudas para o emprego.

 

Nese senso, cómpre indicar que permanecen activas achegas por máis de 12 millóns para impulsar o traballo autónomo e apoiar a súa consolidación, coa idea de chegar a 3.000 autónomos e 90 empresas; e séguese apoiando ás entidades da Economía Social, con máis de 5 millóns de euros destinados á mellora da súa competitividade e á remuda xeracional. Así mesmo, o Goberno galego vén de destinar 20 millóns de euros á inserción laboral de 3.500 traballadores con discapacidade en centros especiais de emprego e colabora cunhas 200 entidades sen ánimo de lucro para a contratación de 500 persoas desempregadas.

 

“Sen embargo, non nos esquecemos dunha das chaves no camiño da recuperación”, dixo referíndose ao reforzo da formación, recordando que se ampliou ata os 34,2 millóns de euros o orzamento dos obradoiros duais para cubrir o 100% das solicitudes e que se lanzou o primeiro Plan de formación específico para o sector servizos vencellado ao Xacobeo, que preparará a 4.000 persoas traballadoras para mellorar as súas capacidades e adaptalas á nova era dixital.

Noticias recomendadas

O PPdeG considera que o novo pronunciamento de Europa sobre Altri deixa en evidencia ao BNG e á esquerda: “Seis veces preguntaron e seis veces dixéronlles que non hai incumprimento”
Os eurodeputados do Partido Popular de Galicia, Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez, celebran o novo pronunciamento da Comisión Europea sobre o a futura biofábrica de fibras téxtiles de Altri
O PPdeG animará aos concellos a sumarse ao Pacto pola lingua e así “construír un acordo social para trazar o mellor futuro para o galego”
O Partido Popular de Galicia presentará a través dos seus grupos municipais unha moción para que os concellos se animen a formar parte do Pacto pola lingua e que así
O PPdeG elixe o lema ‘Non é cousa de cores’ para conmemorar o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres
O Partido Popular de Galicia elixe o lema Non é cousa de cores para conmemorar o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres o próximo 25 de novembro, poñendo o
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies