Santiago, 5 de outubro de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe que a celebración do Debate sobre o Estado da Autonomía a vindeira semana “é unha mostra máis da normalidade democrática que gozamos en Galicia” e contrastou esta situación coa que se vive a nivel nacional, onde non se celebra o Debate sobre o Estado da Nación desde o pasado 2015.
?Normalidade democrática e ánimo construtivo e a conciencia tranquila por ter a impresión de que se fixeron as cousas razoablemente no difícil ano da pandemia,e pensando no futuro e na plena recuperación sanitaria,social e económica de Galicia, Puy @ppdegalicia #DEAGalicia21 pic.twitter.com/1ygZRBuQ0k
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) October 5, 2021
“Abordamos este debate con ánimo construtivo e coa conciencia tranquila, porque temos a impresión de que fixemos as cousas ben no ano da pandemia, pero ao mesmo tempo pensando no futuro e na plena recuperación sanitaria, social e económica”, sinalou.
O debate de política xeral de Galicia está convocado para o vindeiro mércores, 13 de outubro, ás 10 horas, e dará comezo co discurso do Presidente da Xunta. A sesión retomarase ás 16 horas coas intervencións dos portavoces dos grupos parlamentarios (con dúas quendas de 45 e 15 minutos cada un) e as correspondentes respostas por parte do Presidente galego.
DEBATE DAS PROPOSTAS DE RESOLUCIÓN
A continuación, os grupos parlamentarios terá de prazo ata o xoves, 14 de outubro, ás 10.30 horas, para presentar ata un máximo de 40 propostas de resolución, que serán debatidas o venres pola mañá, con sendas intervencións dos grupos parlamentarios de 30 e 10 minutos.
Pedro Puy situou a celebración deste Debate sobre o Estado da Autonomía “na normalidade democrática” que se vive en Galicia e contrapuxo esta situación coa que se vive a nivel estatal, onde o último Debate sobre o Estado da Nación tivo lugar hai sete anos “incluso políticos como Pablo Iglesias ou Albert Rivera non chegaron a participar nunha sesión deste tipo”.
?Hai 7 anos que non hai debate do estado da nación no Congreso,o último no Goberno de Mariano Rajoy,nós celebramos o Debate de Política Xeral no 2019 e agora despois das eleccións do 2020 con normalidade democrática para facer a análise e prospección de futuro,Puy #deagalicia21 pic.twitter.com/qNNAGUvGz6
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) October 5, 2021
O portavoz popular cualificou este debate como “relevante e importante para a análise xeral da política en todas as súas dimensións e a proxección de futuro”. Neste sentido, avanzou que “imos con ánimo de consenso, pero sendo conscientes que temos un proxecto con amplo respaldo en Galicia”.
PREDISPOSICIÓN PARA CHEGAR A ACORDOS
Deste xeito, Puy considerou “moi difícil que nós asumamos que a saída da crise pasa por aplicar o programa do BNG, porque está impregnado de soberanismo e intervencionismo, moi lonxe non só do que propón o PPdeG senón do que quere a maioría de Galicia”.
“A nosa predisposición a chegar a acordos é ampla, pero é difícil ser optimista cando escoitamos argumentos como que para gañar unhas primarias internas o que hai que facer é non pactar con Feijóo”, rematou.
?️Na medida en que os grupos deixen de lado as súas liortas e os seus procesos internos e traten de achegar solucións neste marco que nos condiciona a todos definido polos fondos as decisións da UE,se actuamos todos nese ámbito será máis fácil chegar a acordos, Puy #DEAGalicia21 pic.twitter.com/DxTSi96kI6
— GrupoPopularGalicia (@GrupoPopularGal) October 5, 2021