Skip to content

Rueda constata que hai “ganas de cambio” da man de Núñez Feijóo para que Galicia e España teñan o Goberno que merecen

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, constatou, cando a campaña electoral enfila a súa recta final, que hai “ganas de cambio” da man de Alberto Núñez Feijóo, quen busca unir a todos os españois. Con esa certeza, pediu concentrar o voto e encher as urnas de “sentidiño á galega” a través da papeleta do Partido Popular. A única -remarcou- que logrará a rexeneración e a xestión ao Goberno despois de oito anos con Pedro Sánchez na Moncloa.

Así o dixo Rueda durante un xantar no Porriño, cunhas 500 persoas, no que tamén participaron o presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, e o cabeza de lista ao Congreso pola provincia, Julio García Comesaña, e no que exerceu de anfitrión o alcalde Alejandro Lorenzo.

O presidente do PPdeG lembrou que nunha semana exacta toda España estará votando, e que esa xornada histórica marcará o rumbo que tomará o país nos seguintes catro anos, con só dous camiños posibles: un implica seguir como ata agora, coa decadencia e a corrupción do sanchismo; o outro, que lidera Feijóo, o da seriedade e a limpeza das institucións.

Ese rumbo van marcalo as urnas, que é onde Rueda insistiu que hai que plasmar o traballo de todas estas semanas, e que agora toca “incrementar”, sabendo que só quedan sete días ata o 29N, onde cada voto será decisivo para lograr o cambio do que Galicia non quere ser só unha parte, senón o seu “motor”.

LUIS LÓPEZ: “FEIJÓO, PREPARADO; SÁNCHEZ, ATURDIDO”

Pola súa banda, o presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López, destacou o papel estratéxico do Porriño na provincia e o seu peso de cara ás eleccións do vindeiro 29 de novembro. Durante a súa intervención, puxo en valor a transformación que está a experimentar o concello baixo o goberno local e sinalou que esta comarca será decisiva para impulsar un cambio político en España.

O dirixente provincial centrou boa parte do seu discurso na situación económica e nos servizos públicos, criticando a xestión do Executivo de Pedro Sánchez. Afirmou que, máis alá das mensaxes políticas, a realidade cotiá reflíctese no encarecemento da cesta da compra, dos combustibles e dos recibos, así como nas dificultades de acceso á vivenda e na suba dos alugueiros. Así mesmo, sinalou deficiencias no funcionamento do transporte ferroviario e no control das fronteiras.

Tras o debate celebrado este xoves, López contrapuxo a preparación de Feijóo co que cualificou como un candidato socialista “aturdido”. Apelou directamente ao voto útil na provincia de Pontevedra reclamando concentrar o apoio na papeleta do Partido Popular para levar un goberno “con sentidiño”, ao estilo da Xunta de Alfonso Rueda, á Moncloa.

GARCÍA COMESAÑA DESTACA O COÑECEMENTO DE FEIJÓO DE GALICIA

Finalmente, o cabeza de lista ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Julio García Comesaña, denunciou que a recadación estatal subiu máis dun 70% na provincia nos últimos anos, mentres familias e autónomos perden poder adquisitivo. “Nin vivimos un 70% mellor, nin pagamos un 70% menos no supermercado, nin melloraron un 70% os servizos ou as infraestruturas”, advertiu.

Comesaña sinalou que os próximos comicios representan a oportunidade de deixar atrás unha etapa marcada pola “división, improvisación e promesas incumpridas” e abrir un novo ciclo centrado nos problemas reais da cidadanía. Neste sentido, enumerou as dificultades que afrontan as familias e o tecido produtivo do Porriño e da súa contorna para chegar a fin de mes debido ao encarecemento da cesta da compra, dos combustibles, o acceso á vivenda e as trabas para emprender.

Fronte a esta situación, defendeu a solvencia e a palabra de Feijóo, destacando o seu profundo coñecemento de Galicia e o seu compromiso para desbloquear definitivamente os proxectos e infraestruturas pendentes no Porriño, na área de Vigo e no conxunto da provincia.

Noticias recomendadas

Rueda pide aumentar a intensidade na última semana para darlle a Alberto Núñez Feijóo a vitoria o próximo 29N co voto útil do PP
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, sinalou que a última semana de campaña electoral ten que ser aínda máis “intensa”, porque se está facendo “unha campaña en positivo”, pero aínda
O PP eríxese no “verdadeiro defensor da igualdade” nun multitudinario acto en Mos fronte ás políticas fallidas do PSOE
O PP erixiuse hoxe, nun acto celebrado en Mos, no “verdadeiro defensor da igualdade” entre mulleres e homes nun multitudinario encontro no que se lamentaron as políticas fallidas do PSOE
O PP propón eliminar os obstáculos que frean a traxectoria profesional e persoal das mulleres
O vicesecretario de Educación e Igualdade do PP, Jaime de los Santos, participou este domingo no “Café con futuro”, un acto organizado por Novas Xeracións de Vigo no que se
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Configuración de cookies