Skip to content

Iniciativa sobre  a demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España respecto do reforzo do servizo público postal

Nun contexto como o actual, o servizo público postal prestado por Correos xoga un indubidable e valioso papel para contribuír á cohesión social, territorial e económica do país, tanto a nivel nacional como autonómico, provincial e, especialmente, municipal.

O servizo público postal atende diariamente a todas as localidades e municipios de España e garante a prestación dun servizo público á cidadanía, empresas e administracións na totalidade dos núcleos de poboación, ao marxe da rendibilidade económica.

Como mostra da súa capacidade vertebradora, o servizo de Correos público do noso país fai chegar envíos postais a máis de 8.000 municipios, 16 millóns de fogares (familias) 3,2 millóns de empresas (máis dun 99% son pemes) e un total de 7.100 puntos de atención á cidadanía no ámbito rural (carteiros rurais e oficinas); para o que se realizan máis de 100.000 quilómetros diarios.
O servizo postal universal declarouse durante o Estado de Alarma servizo esencial, xogando un papel chave nun momento tan crítico como o foi o inicio da pandemia provocada pola covid-19. Algo que, en ningún caso, puido facerse desde o ámbito privado, orientado á rendibilidade económica e non a dar unha reposta social ás necesidades do conxunto da cidadanía.

Amosamos a nosa fonda preocupación pola actual política de debilitamento do servizo público postal e do operador público que ten encomendada a súa prestación -Correos- que está levando a cabo a súa dirección a través de transvasamento da actividade da matriz á filial Correos Express, a externalización de certos servizos rendibles da compañía, a cesión ou venda do patrimonio inmobiliario histórico de Correos -19 edificios nos dous últimos anos e un total de 88 este ano-. Tamén polos resultados económicos negativos (275 millóns de déficit nos PXE 2020-2021) Por todo iso cremos que se require unha recondución no rumbo do seu liderado e xestión.

Non é aceptable que, mentres se enxalza a reversión da España Baleira, se recorten servizos rurais e servizos en xeral, minguando o dereito da cidadanía á recepción de correspondencia de xeito accesible.

Non é aceptable a redución do financiamento público, que quedou lonxe dos 220 millóns acordados na Comisión Mixta Fomento 2017 (110 millóns menos nos PXE
2020-2021, e case 100 millóns menos no futuro plan de prestación do servizo postal universal)

O resultado é que, concretamente, na Comunidade Autónoma de Galicia Correos suprimiu 156 postos de traballo, así mesmo, a empresa pública está a levar a cabo un recorte na contratación que está a deixar sen cubrir o emprego estrutural e calquera tipo de permiso ou licenza. Como consecuencia disto, a prestación do servizo público postal baixará a súa calidade drasticamente.

Amais, Correos adoptou esta decisión sen que, previamente, se consultara o informase por vía algunha os representantes políticos do Parlamento de Galicia, a pesar de afectar directamente os intereses da cidadanía.

Por todo o exposto, as deputadas e deputados do Grupo Parlamentario Popular presentamos a seguinte proposición non de lei en comisión:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno de
España que para adopte as seguintes medidas:

1º.- Reforzar a financiación do servizo público postal, claramente insuficiente na actualidade, no vindeiro plan de prestación a aprobar polo Consejo de Ministros, de xeito que se asegure un servizo de calidade para o conxunto da cidadanía.

2º- Incluír a Correos, a maior empresa pública do noso país, no reparto dos
Fondos para a recuperación, transformación e resiliencia, para que xogue un papel clave na reposta que, como sociedade, debemos dar á crise sanitaria e económica provocada pola covid.

3º- Actualización e mantemento das Oficinas auxiliares (rurais) e Unidades de Reparto existentes nas zonas rurais, claves na reversión da “España Baleira”. É o único xeito de contribuír a que aquelas áreas xeográficas de reparto deficitarias economicamente poidan gozar dun servizo postal en igualdade de condicións respecto á poboación dos grandes núcleos urbanos.

4º- Reforzo da capilaridade de Correos ampliando o número de oficinas, unidades de reparto e centros de tratamento co fin de lograr o maior achegamento á cidadanía e lograr as condicións óptimas de accesibilidade marcadas pola Lei Postal e pola Directiva Postal Europea.

5º- Garantir a cobertura dos postos de traballo estruturais necesarios, hoxe claramente insuficientes, para dar cobertura e garantir un servizo postal público de calidade, con emprego e dereitos de calidade.

6º- Garantir o cumprimento dos parámetros de calidade determinados pola Lei Postal e polo Regulamento que regula a prestación do Servizo Postal Universal e, en definitiva aproximar de xeito eficaz e eficiente o correcto e necesario desempeño da prestación dos servizos postais públicos, co obxectivo de asegurar a todos os cidadáns da Comunidade Autónoma de Galicia a recepción da súa correspondencia, polo menos 5 días á semana, como está establecido tamén na Directiva Postal Europea.

 

Iniciativa:https://www.parlamentodegalicia.es/Expedientes/11/PNC-002762

 

Nota de prensa: http://www.ppdegalicia.com/index.php/gl/novas/item/5830-o-parlamento-demanda-ao-goberno-de-espana-a-mellora-do-servizo-e-o-mantemento-das-oficinas-e-unidades-de-reparto-no-rural-de-correos

 

 

Noticias recomendadas

O PPdeG considera que o novo pronunciamento de Europa sobre Altri deixa en evidencia ao BNG e á esquerda: “Seis veces preguntaron e seis veces dixéronlles que non hai incumprimento”
Os eurodeputados do Partido Popular de Galicia, Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez, celebran o novo pronunciamento da Comisión Europea sobre o a futura biofábrica de fibras téxtiles de Altri
O PPdeG animará aos concellos a sumarse ao Pacto pola lingua e así “construír un acordo social para trazar o mellor futuro para o galego”
O Partido Popular de Galicia presentará a través dos seus grupos municipais unha moción para que os concellos se animen a formar parte do Pacto pola lingua e que así
O PPdeG elixe o lema ‘Non é cousa de cores’ para conmemorar o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres
O Partido Popular de Galicia elixe o lema Non é cousa de cores para conmemorar o Día Internacional da eliminación da violencia contra as mulleres o próximo 25 de novembro, poñendo o
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies