Skip to content

O Grupo Popular solicita por vía urxente ao Goberno central a declaración de zona catastrófica dos concellos afectados polos lumes no mes de xullo

Santiago, 11 de agosto de 2022- O Grupo Popular vén de rexistrar unha iniciativa parlamentaria por vía urxente encamiñada a dirixirse ao Goberno central co obxectivo de declarar os concellos afectados polos lumes do mes de xullo, provocados por un fenómeno atmosférico extraordinario e que afectaron na súa maioría ás provincias de Lugo e Ourense, como zona catastrófica (zona gravemente afectada por unha emerxencia de protección civil, segundo a denominación normativa) e facelo o máis axiña posible, na busca da maior axilidade e da menor burocracia posible na posta en marcha e execución das axudas e a restauración das zonas afectadas.

En atención a esta declaración como zona catastrófica, a iniciativa popular pide aplicar as medidas dispostas no artigo 24 da lei 17/ 2015, do 9 de xullo, que resulten convenientes para paliar os danos provocados polos incendios, en concreto nos concellos de Folgoso do Courel, Quiroga, A Pobra do Brollón e O Incio na provincia de Lugo, e o Barco de Valdeorras, Carballeda de Valdeorras, Rubiá, Oímbra e Verín, na de Ourense.

 

Entre estas medidas figura a concesión de axudas económicas a particulares por danos en vivenda habitual e aveños de primeira necesidade; axudas a establecementos industriais, mercantís, culturais e de servizos ou subvencións por danos en producións agrícolas, gandeira e forestais.

 

Así mesmo, tamén se contempla o que figura na lei como é realizar compensacións ás corporacións locais por gastos de actuacións inaprazables; subvencións por danos en infraestruturas municipais, hidráulicas ou mesmo aplicar medidas fiscais, laborais e da Seguridade Social.

 

LIÑA INICIADA POLA XUNTA DE GALICIA

 

Os deputados populares sinalan que o obxectivo é acadar a máxima implicación por parte das administracións, e contar co apoio do Parlamento de Galicia para continuar a liña iniciada pola Xunta de Galicia, que xa aprobou unhas axudas de emerxencia por valor de máis de 9M€ para que cheguen aos destinatarios en menos de tres meses. E, agora, indican os deputados populares, o Goberno central debe tamén actuar no seu ámbito de competencias para apoiar esa recuperación.

 

Na iniciativa parlamentaria pídese elaborar, o máis axiña posible, o informe sobre os danos producidos no territorio do Courel e Valdeorras e que o Goberno comunique aos concellos a súa decisión sobre a aprobación de medidas de axudas aplicadas, para as previsións orzamentarias municipais.

 

Así mesmo, solicítase activar, de forma independente á declaración como zona afectada gravemente por unha emerxencia de protección civil, as axudas acordes ás características e necesidades do acontecemento, afrontar a recuperación e restauración dos impactos sobre as zonas danadas, levar a cabo a coordinación e seguimento das medidas creando unha comisión de coordinación e, no caso de que as axudas tivesen repercusións tributarias para os afectados, habilitar as correspondentes exencións totais para evitar a súa tributación nos impostos estatais.

Noticias recomendadas

O presidente Alfonso Rueda emprega as súas dotes de ‘director’ para deixar claro que “Galicia soa moi ben”
O Partido Popular de Galicia estrea hoxe o seu vídeo de Nadal, no que o presidente Alfonso Rueda emprega as súas dotes de ‘director’ para deixar claro que “Galicia soa
Alberto Pazos afirma que a Comisión de Investigación chega ao seu fin demostrando o bo facer dos gobernos do PPdeG
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe que a Comisión de Investigación sobre a contratación da Administración galega “está chegando ao seu fin cumprindo os obxectivos que desde
Borja Verea destaca a “imparable” forza do cambio iniciada en Santiago tras a vitoria nas eleccións municipais: “Cada vez somos máis”
O presidente do PP de Santiago, Borja Verea, animou hoxe os seus a seguir traballando con ganas, entusiasmo e ilusión para acadar o obxectivo de gobernar a capital de Galicia
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies