Skip to content

Rueda: “O Lugo que ofrece o PP é o que queren a maioría dos lucenses e por iso continuaremos facendo a política máis útil para a provincia”

Na Xunta Directiva Provincial de Lugo, o presidente do PPdeG puxo en valor o traballo dos populares de Lugo “pisando a rúa nos seus 67 concellos, falando coa xente, preparando un proxecto que devolva a ilusión aos lucenses, recollendo e mellorando o traballo feito e facendo a política máis útil para a provincia”.

“O Lugo que ofrece o Partido Popular é o que queren a maioría dos lucenses: un Lugo innovador, de oportunidades, amable, conectado e coas infraestruturas que merece”, engadiu o líder dos populares galegos, antes de asegurar que “nos Orzamentos de 2023 a Xunta investirá en cada lugués máis que en calquera outro habitante do resto das provincias” e cifra en máis de 1.700 millóns de euros o investimento autonómico en Lugo para “favorecer o seu benestar e impulsar a súa prosperidade”

 

“As contas para o próximo ano vannos permitir mellorar o HULA, o Hospital da Mariña, ultimar o centro de saúde do Barrio da Residencia e tratar de incorporar a 130 profesionais; así como apostar por infraestruturas como a Ronda Leste e por máis coidados e centros como o de Antas de Ulla e a reforma do das Gándaras”, anunciou Rueda, quen non dubidou en afirmar que “Elena Candia é a mellor candidata para conseguir un Lugo mellor” e por iso se mostrou convencido de que “os lucenses a escollerán como a alcaldesa que merecen e necesitan”

 

Finalmente, referiuse á candidata á alcaldía de Lugo salientando que “Elena Candia é unha servidora capaz e con carácter que ten demostrado que non lle asustan os retos difíciles. Malia todas as circunstancias que lle podían aconsellar non dar un paso á fronte, ela escolleu Lugo”.

 

ELENA CANDIA: “RUEDA CUMPRE A PALABRA DADA”

 

Pola súa parte, a presidenta provincial e candidata á alcaldía de Lugo, Elena Candia, puxo en valor que a Xunta de Galicia é a administración que máis inviste con diferencia en Lugo e contrapuxo esta actitude coa do Goberno central, ao afirmar: “Fronte a un Pedro Sánchez que esnaquizou todos os proxectos de infraestruturas proxectados co goberno de Mariano Rajoy; Alfonso Rueda non só cumpre a palabra dada, senón que fai realidade iniciativas tan importantes para os lucenses como a Rolda Leste”.

 

Candia reivindicou as emendas presentadas polos populares aos Orzamentos Xerais do Estado para 2023, nas que piden “alto e claro” que non se desconecte a Lugo da Alta Velocidade; “e para iso hai que recuperar a construción das variantes eliminadas”, dixo.

 

En clave local, a candidata á alcaldía prometeu que seguirá traballando coas asociacións, colectivos e o tecido socioeconómico de Lugo para “construír man a man un verdadeiro proxecto de cidade” e lembrou que seguen renovando as agrupacións locais para ter proxectos gañadores que axuden a conseguir a Deputación.

Noticias recomendadas

O presidente Alfonso Rueda emprega as súas dotes de ‘director’ para deixar claro que “Galicia soa moi ben”
O Partido Popular de Galicia estrea hoxe o seu vídeo de Nadal, no que o presidente Alfonso Rueda emprega as súas dotes de ‘director’ para deixar claro que “Galicia soa
Alberto Pazos afirma que a Comisión de Investigación chega ao seu fin demostrando o bo facer dos gobernos do PPdeG
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe que a Comisión de Investigación sobre a contratación da Administración galega “está chegando ao seu fin cumprindo os obxectivos que desde
Borja Verea destaca a “imparable” forza do cambio iniciada en Santiago tras a vitoria nas eleccións municipais: “Cada vez somos máis”
O presidente do PP de Santiago, Borja Verea, animou hoxe os seus a seguir traballando con ganas, entusiasmo e ilusión para acadar o obxectivo de gobernar a capital de Galicia
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies