Skip to content

Pedro Puy alerta de que a falta de investimentos reais poida pospoñer a posta en marcha do Corredor Atlántico máis alá de 2031

13 de marzo de 2023. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, cualificou hoxe como “excelente nova” que as comunidades de Galicia, Euskadi, Asturias e Cantabria “traballen conxuntamente para que o Corredor Atlántico sexa unha realidade e haxa unha liña ferroviaria interoperable no ámbito europeo tanto para o tráfico de mercadorías como de viaxeiros”.

Neste sentido, afirmou que esta infraestrutura “podería estar antes do 2031, pero nos tememos que pase como con outras infraestruturas de transporte que foron pospostas por falta de execución dos investimentos que precisan”.

 

Pedro Puy salientou a importancia do “encontro plural, con respecto á militancia de cada un, que os presidentes de Galicia, Euskadi, Cantabria e Asturias celebrarán hoxe en Vitoria” sobre o Corredor do Atlántico, “unha das infraestruturas coas que Galicia se xoga o seu futuro económico a medio e longo prazo”.

 

MAIOR INVESTIMENTO NO CORREDOR DO ATLÁNTICO

 

Neste sentido, amosou a “preocupación pola falta de impulso e avances na construción do Corredor do Atlántico”, unha obra que non ten avanzado desde que, a comezos de 2019, o Ministerio de Transportes presentara o seu Plan de desenvolvemento, “que prevía un investimento de 16.000 millóns de euros para esta infraestrutura, pero que non variaron nestes catro anos xa que, lamentablemente, non se executou obra algunha neste tempo”.

 

Puy lembrou que “a última información facilitada polo Comisionado do Goberno para o Corredor Atlántico fixa para o vindeiro mes de outubro a presentación do plan director definitivo do Corredor Atlántico”, a pesar de que as comunidades afectadas veñen solicitando a elaboración deste documento desde hai anos. En principio, este plan director analizará as necesidades de reforma das distintas liñas ferroviarias para que sexan interoperables no ámbito europeo, non só para mercadorías senón tamén para viaxeiros, ao tempo que concretará os prazos e investimentos para que a rede básica estea lista antes de 2031.

 

“Confiamos que o Goberno de España atenda as necesidades de incrementar o investimento para o Corredor do Atlántico”, sinalou o portavoz popular. Ademais, explicou que as comunidades autónomas xa teñen identificadas as necesidades de actuación máis prioritarias deste Corredor Atlántico: precisa dun investimento estimado de 8.000 millóns de euros, que cómpre empezar a executar canto antes aproveitando a oportunidade única dos fondos europeos do Mecanismo Conectar Europa. Fronte a estas necesidades orzamentarias, desde o Goberno central reducen o investimento a 1.100 millóns de euros, unha cantidade que non permitirá cumprir os obxectivos de competitividade que debe facilitar o Corredor Atlántico e as necesidades de transporte ferroviario das empresas e dos cidadáns.

 

CONCILIACIÓN ENERXÍA EÓLICA E ACTIVIDADE PESQUEIRA

 

Cuestionado sobre os plans de ordenación do espazo marítimo (POEM) aprobados polo Goberno de España, Pedro Puy incidiu que “tanto o Goberno galego como o Grupo Popular xa nos temos pronunciado sobre a necesidade de avanzar na conciliación do aproveitamento da eólica mariña, pero preservando a actividade pesqueira”. Neste sentido, lamentou “a falta de diálogo” amosada polo Goberno de Pedro Sánchez, que “non tivo en conta a opinión nin das comunidades autónomas nin do sector pesqueiro”.

 

Así mesmo, Puy criticou que non haxa un calendario detallado de implantación destes parques eólicos mariños nin información de como se vai desenvolver o POEM, porque “non se entende moi ben que a vixencia do plan sexa ata 2027 cando é moi probable que os proxectos se desenvolvan a partir desa data”.

 

Para rematar, avogou polo desenvolvemento das enerxías limpas e renovables, “pero sen que sexa a costa da actividade pesqueira”. Deste xeito, reiterou que o Goberno galego “non vai facilitar a posta en marcha destas instalacións se afectan á actividade pesqueira que se desenvolve actualmente nas nosas costas”.

Noticias recomendadas

O Grupo Popular pecha o período de sesións no Parlamento galego “coa satisfacción do deber feito e listos para seguir levando adiante os compromisos adquiridos cos galegos”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, asegurou hoxe que “pechamos o período de sesións no Parlamento de Galicia coa satisfacción do deber feito e listos afrontaremos o novo período
O presidente Alfonso Rueda emprega as súas dotes de ‘director’ para deixar claro que “Galicia soa moi ben”
O Partido Popular de Galicia estrea hoxe o seu vídeo de Nadal, no que o presidente Alfonso Rueda emprega as súas dotes de ‘director’ para deixar claro que “Galicia soa
Alberto Pazos afirma que a Comisión de Investigación chega ao seu fin demostrando o bo facer dos gobernos do PPdeG
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe que a Comisión de Investigación sobre a contratación da Administración galega “está chegando ao seu fin cumprindo os obxectivos que desde
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies