Skip to content

Alfonso Rueda comprométese cos galegos a que “non teñan que asumir as débedas nin a mala xestión doutros” e pide o mesmo trato para Galicia que o resto de comunidades

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, esixiu hoxe respecto para Galicia e reiterou o seu compromiso para que os galegos “non teñan que asumir nin as débedas nin a mala xestión dos demais”. Nun contexto marcado polas negociacións da investidura de Pedro Sánchez, o presidente amosouse categórico: “Pido o mesmo trato, como mínimo, para Galicia que o que se lle da aos demais. Non máis, pero tampouco menos”.

Na súa intervención durante a tradicional pulpada organizada polo PP da provincia de Lugo, Rueda ironizou co prezo que os asistentes tiveron que pagar polo convite: “Os 40 euros que pagastes todos os que estades aquí é a décima parte do que ides ter que pagar a Cataluña grazas a ese gran negociador que ademais é de Lugo”.

E neste sentido incidiu en que os 16.300 millóns de euros que Pedro Sánchez acordou condonar a Cataluña “costarán 400 euros a cada galego”, engadindo que este é “tan só o primeiro asalto” dos 450.000 millóns que piden os independentistas.

“As débedas non se perdoan nin desaparecen. O único que se fai é cambiar de pagadores e, en vez de ter que pagar esa débeda quen pediu os cartos, vaise distribuír entre todos”, explicou lamentando que a Galicia lle vaia tocar pagar isto cando aquí “intentamos non endebedarnos precisamente para non ter que pagar despois e hipotecar o noso futuro”.

“GALICIA DEMANDA DE NÓS O QUE ESTAMOS FACENDO: OFRECER ESTABILIDADE E FACER A VIDA DA XENTE MÁIS SINXELA”

Alfonso Rueda puxo en valor o traballo que se está facendo desde o Goberno galego, tomando medidas como a baixada de impostos: “Por moito que diga a esquerda, pódense baixar impostos se fas unha boa xestión económica e non optas por endebedarte coa idea de que logo paguen outros”.

Tamén definiu Galicia como “unha illa de estabilidade” que contrapuxo ás incertezas que ofrece o Goberno central en cuestións como a xestión dos fondos europeos ou das infraestruturas estatais na provincia de Lugo.

Sobre a primeira cuestión, o líder dos populares galegos lamentou que “os fondos europeos sigan no mesmo caixón do Ministerio desde que chegaron de Bruxelas” cando hai proxectos como o de Altri que sigue á espera de recibir eses fondos.

Do mesmo xeito, en materia de infraestruturas, preguntouse se os incumprimentos na reconstrución do viaduto caído na A-6 e o mal estado desta autovía “serían o mesmo se esta infraestrutura comunicase as comunidades onde están os que están facendo chantaxe a quen corresponde arranxala”.

“A xente quere que as administracións nos dediquemos a traballar e a facerlle as cousas máis fáciles cando todo se está poñendo cada vez máis difícil. E a iso nos dedicamos e nos seguiremos dedicando en Galicia: a estar preparados, a ofrecer estabilidade e a facerlle aos galegos a vida máis sinxela”.

CANDIA: “FRONTE AO DESGOBERNO DE SÁNCHEZ, EN GALICIA TEMOS UN PRESIDENTE QUE GOBERNA PARA AS PERSOAS”

Pola súa banda, Elena Candia quixo agradecer o compromiso do presidente Rueda e de todo o PP de Lugo nun momento que cualificou de “histórico” porque “á fronte de España temos un dirixente sen ningún tipo de escrúpulos”. Neste senso, afirmou que “aos socialistas de agora, que non aos de antes, a provincia de Lugo non ten nada que agradecerlles”.

Como exemplo desta reflexión citou as infraestruturas que, dixo, “están esquecidas e nunca mal estiveron”. É  o caso dunha A-6 que se ten convertido nunha “corredoira rebenta rodas” ou da autovía de Santiago, na que todos os seus treitos foron inaugurados por gobernos do PP.

Fronte a este “desgoberno” e a un Besteiro que “sinte orgullo destes agravios e de dar a outros o que lle pertence aos galegos a cambio de nada”, apuntou a líder provincial do PP, Galicia “ten un presidente que goberna para as persoas”.

Por todo isto, Candia non dubidou en remarcar que Lugo nunca lle fallou a Feijóo e non lle vai fallar a Rueda: “Imos traballar para que Alfonso Rueda obteña a súa primeira maioría absoluta. Meréceo porque é un compañeiro leal e comprometido e porque queremos que o proxecto do PPdeG siga sendo o proxecto de todos os galegos e galegas”.

Noticias recomendadas

O Parlamento de Galicia pide ao Goberno central que cumpra o compromiso de financiar o Centro de orientación ao emprendemento de Galicia
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio do BNG, a través da que se demanda a posta en
Un cento de representantes do PPdeG reivindicarán na Intermunicipal do Partido Popular que “Galicia é un exemplo de estabilidade, xestión e sentidiño”
O PPdeG terá un papel protagonista na Intermunicipal do Partido Popular que celebrará este fin de semana en Valladolid, á que asistirán un cento de representantes galegos co obxectivo de
O Grupo Popular pide manter o clima de diálogo para consensuar propostas que axuden á promoción e uso do galego na sociedade actual
O portavoz de Lingua do Grupo Popular, José Luís Ferro, instou hoxe aos grupos da oposición a “manter un clima de diálogo, de acordo e de encontro” para consensuar propostas
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies