Skip to content

Alberto Pazos cuestiona a BNG e PSdeG porque no seu acordo para investir a Sánchez non figuran o traspaso da AP-9, o estatuto das electrointensivas ou fondos europeos para Galicia

O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, lamentou hoxe que BNG e PSdeG “estean máis preocupados por poñerse medallas do acordo asinado para a investidura de Pedro Sánchez que de responder por que non figura neste pacto a transferencia a Galicia da AP-9; a aprobación do estatuto das industrias electrointensivas, que beneficie a empresas como Alcoa ou Stellantis; a concesión de fondos europeos para proxectos tractores de Galicia, como o de Altri, a reposición de traballadores públicos, sobre todo no ámbito sanitario; ou a rebaixa do prezo da luz”.

Alberto Pazos comezou a súa comparecencia ante os medios felicitando aos organizadores e agradecendo a presenza de centos de milleiros de persoas que no día de onte participaron de forma masiva e cun comportamento exemplar nas 52 manifestacións simultáneas convocadas polo Partido Popular que se celebraron por toda España, “nas que se puxo de manifesto que non nos rendemos e non calaremos ante os pactos de Pedro Sánchez cos independentistas, comprando a súa investidura a cambio da impunidade xudicial dos seus socios cataláns, pagada cos impostos de todos os españois”.

Así mesmo, incidiu, como fixo o Grupo Popular no último Pleno do Parlamento galego, na condena a calquera ataque contra as institucións públicas ou contra as sedes de calquera formación política, así como as ameazas, insultos e ataques aos seus membros. Ademais, expresou “o noso apoio ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado no cumprimento efectivo das súas funcións e na defensa da orde pública constitucional, e en consecuencia, manifestar o noso rexeitamento á concesión de calquera medida de gracia en favor de persoas procesadas ou condenadas por atentar, agredir ou vexar aos seus membros”.

“Pero, lamentablemente, Pedro Sánchez vai seguir o seu camiño, porque o seu único obxectivo é continuar na poltrona de Moncloa, cedendo a todas a cada unha das esixencias dos independentistas”, sinalou o portavoz popular. A modo de exemplo, citou a aprobación dunha amnistía para todos os relacionados coa declaración de independencia de Cataluña; a internacionalización do conflito, coa figura estrela de mediadores internacionais; a aceptación dun diálogo singular con Cataluña sobre o financiamento autonómico, que exclúe ás demais comunidades desta negociación; a ruptura da caixa única da Seguridade Social;  o lawfare, negando que España sexa un Estado de Dereito, suprimindo a división de poderes e afirmando que se están perseguindo a políticos polas súas ideoloxías; e a submisión plena ao discurso independentista, co recoñecemento de Cataluña como nación, a celebración dun referendo de autodeterminación ou concesión dunha fiscalidade propia para Cataluña;

ACORDO REBAIXADO

A nivel de Galicia, Alberto Pazos criticou que “asistimos con perplexidade á patética liorta entre a señora Pontón e o señor do Garañón por atribuírse os dubidosos méritos do apoio do BNG a Pedro Sánchez, a cambio dun acordo que rebaixa considerablemente o asinado en 2020”. En concreto, cuestionouse “a cal dos dous lle podemos atribuír o feito de que no acordo deste ano se retirara o traspaso da   AP-9 a Galicia?; de quen foi a idea de que no novo acordo non figure nin unha liña relacionada coa transición enerxética e a aprobación dun estatuto da industria electrointensiva, tan necesario para empresas como Alcoa ou Stellantis?; a quen dos dous se lle esqueceu meter no acordo a concesión dos fondos europeos necesarios para que proxectos como o de Altri sexan unha realidade?; onde quedou a súa preocupación polo bo funcionamento dos servizos públicos, mellorando as taxas de reposición en asuntos tan fundamentais como a sanidade?; ou a quen se lle esqueceu as compensacións tarifarias ás comunidades autónomas excedentarias de enerxía eléctrica para abaratar a factura da luz aos usuarios e ás empresas?”.

“Mágoa que a señora Pontón e o señor do Garañón estean máis preocupados por poñerse medallas con este acordo, pero se esqueceran do que realmente preocupa á gran maioría dos galegos: que están dando o seu apoio a Pedro Sánchez para que volva a ser Presidente do Goberno de España e continúe prexudicando a Galicia en todas as súas decisións, como todos os galegos xa puidemos comprobar ao longo dos últimos catro anos”, manifestou.

GALICIA, PIONEIRA EN IGUALDADE DE XÉNERO

Por outra parte, Alberto Pazos avanzou que no Pleno da vindeira semana procederase ao debate de aprobación do proxecto de Lei para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia, que chega ao Pleno logo da aprobación do ditame en Comisión coa abstención tanto de BNG como de PSdeG a pesar de que o Grupo Popular incorporou ao texto definitivo 63 emendas realizadas por nacionalistas e socialistas.

Ademais, este texto lexislativo someteuse a consulta de 52 entidades representativas do sector, ao tempo que contou co ditame do Consello Galego de Relacións Laborais e do Consello Económico e Social, ademais de ser negociado na Comisión de Persoal e con audiencia á Valedora do Pobo. O resultado de todas estas consultas foi a incorporación de máis de 200 alegacións realizadas por todas estas entidades ao texto orixinal, enriquecendo o seu contido antes da súa aprobación polo Goberno galego e a súa remisión ao Parlamento galego.

“Con esta nova lei, Galicia volve a ser pioneira situándose á vangarda da loita contra calquera discriminación contra a muller, ao tempo que blinda o compromiso da Comunidade galega co benestar integral da muller, impulsando o seu empoderamento en ámbitos da sociedade nos que aínda persisten desigualdades, como o salario, a ciencia, o teito de cristal, o deporte, a xestión do ocio ou os espectáculos”, explicou o portavoz popular.

Noticias recomendadas

O Parlamento de Galicia pide ao Goberno central que cumpra o compromiso de financiar o Centro de orientación ao emprendemento de Galicia
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio do BNG, a través da que se demanda a posta en
Un cento de representantes do PPdeG reivindicarán na Intermunicipal do Partido Popular que “Galicia é un exemplo de estabilidade, xestión e sentidiño”
O PPdeG terá un papel protagonista na Intermunicipal do Partido Popular que celebrará este fin de semana en Valladolid, á que asistirán un cento de representantes galegos co obxectivo de
O Grupo Popular pide manter o clima de diálogo para consensuar propostas que axuden á promoción e uso do galego na sociedade actual
O portavoz de Lingua do Grupo Popular, José Luís Ferro, instou hoxe aos grupos da oposición a “manter un clima de diálogo, de acordo e de encontro” para consensuar propostas
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies