O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co voto favorable de BNG nin de PSdeG, a través da que se demanda ao Goberno de España que elabore unha nova plataforma de tramitación electrónica dos partes de accidentes de traballo que permita unha adecuada recollida e tratamento dos datos contidos nestas comunicacións laborais é substitúa ao actual sistema Delt@.
A portavoz popular de Emprego, Noelia Pérez, considerou necesario “mellorar a xestión dos partes de accidentes de traballo e garantir que a información sexa fiable, completa e útil para quen debe tomar decisións en materia de seguridade e saúde laboral”.
Deste xeito, demandou ao Goberno de España unha nova plataforma “máis moderna, máis eficiente e adaptada ás realidades laborais do século XXI”. “Unha ferramenta que permita unha recollida e tratamento de datos adecuada, que integre os cambios normativos e tecnolóxicos, e que conte coa participación das comunidades autónomas”, indicou.
SEIS ANOS SEN MOVER PEZA
“Non se pode falar de prevención nin de seguridade laboral cun sistema obsoleto e non se pode impulsar unha política preventiva seria sen unha base estatística fiable”, manifestou a portavoz popular, quen lamentou que o Goberno central “leva seis anos sen mover unha peza para mellorar a aplicación que xestiona os partes de accidentes no traballo”.
Noelia Pérez lembrou que a posta en marcha do sistema Delt@ en 2003 “foi unha auténtica revolución, xa que por primeira vez o Estado dispuña dunha ferramenta única dixital que permitía comunicar e xestionar electronicamente os accidentes laborais”. “Supuxo un avance enorme ao precisar de menos papeis, dotar de máis rapidez e conseguir maior seguridade xurídica, con beneficios para os actores implicados como a simplificación de trámites, a prevención de riscos, a confidencialidade e protección de datos, a redución de custos ou a rapidez na xestión”, apuntou.
Porén, co paso do tempo neste sistema fóronse descubrindo problemas de contido, estrutura e de adaptación ás novas realidades laborais, o que repercute directamente na calidade dos datos. “Se os partes non se tramitan correctamente, as estatísticas non son fiables; e se as estatísticas non son fiables, as políticas preventivas tampouco o serán”, manifestou.
GALICIA ACTÚA, PROPÓN E DEFENDE O QUE FUNCIONA
A portavoz popular salientou que, diante desta situación, a Xunta, a través do Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, leva tempo traballando para mellorar a calidade da información que se xera a través da plataforma Delt@, “co obxectivo de que os datos sexan reais, veraces e comprensibles, tanto para protexer os dereitos das persoas traballadoras como para garantir que as empresas compren coa súa obriga”.
“Galicia non se resigna a esperar e actúa, propón e defende o que funciona, pero é necesario que o Goberno central modernice dunha vez o sistema Delt@ para que poidamos contar dunha ferramenta útil, fiable e adaptada aos novos tempos, en beneficio das empresas, das persoas traballadoras e, en definitiva, da seguridade laboral en Galicia e en toda España”, indicou.