Skip to content

Alfonso Rueda pon o mandil para cociñar na cea de Nadal a receita de Galicia: “Tratar o noso con respecto e cariño e facer as cousas ben”

O Partido Popular de Galicia estrea hoxe o seu vídeo de Nadal, no que o presidente Alfonso Rueda pon o mandil para cociñar, na cea de Noiteboa, a receita do que Galicia sabe facer mellor: “Tratar o noso con respecto e cariño, e intentando facer as cousas ben para todos os galegos e galegas”.

Logo de percorrer Galicia en moto e en autobús e de poñerse á fronte dunha coral nos vídeos de anos anteriores, nesta ocasión o líder dos populares galegos decidiu asumir a tarefa de cociñar para toda Galicia e así escenificar ese momento de encontro no que as familias se reúnen en torno a unha mesa para degustar os mellores pratos da nosa terra e brindar por todo o bo que deixa o ano que remata.

Como non podía ser doutro xeito, a decisión do presidente de poñerse o mandil e manexar os fogóns suscita unha gran expectación e sobre todo sorpresa entre aqueles que mellor o coñecen. Así, mentres as súas fillas recordan que “os bocadillos saíanlle ben”, o presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, amósase convencido do éxito: “Mellor a cociña de Rueda que a cociña do CIS”.

O presidente de honra do PPdeG, Mariano Rajoy, aínda que non o pareza, ofrécese como “un bo pinche de cociña” para que Rueda poida triunfar e o secretario xeral do Partido Popular, Miguel Tellado, pola súa banda, propuxo vir a Galicia para “apaciguar o clima” ante a tormenta que xerou a nova de que o presidente Rueda ía cociñar polo Nadal.

Decidido a materializar esta cea con éxito, Alfonso Rueda conta coa axuda da secretaria xeral Paula Prado e dos presidentes provinciais do partido, que son os encargados de complementar o menú da noite: Diego Calvo (A Coruña) aporta un rape da lonxa de Ribeira, Elena Candia (Lugo) un capón de Vilalba, Luis López (Pontevedra) pan de Rodeiro e Luis Menor (Ourense) unha bica de Trives. De feito, este último elemento non podía faltar, xa que logo dos incendios deste verán, Ourense ten que seguir estando na mente e no corazón de todos.

UN ANO DE ESTREAS

Xunto a todos eles hai outras caras coñecidas que, ademais, se estrean por primeira vez neste tradicional vídeo dos populares galegos. É o caso, ao igual que Miguel Tellado, da deputada nacional Ana Vázquez, o coordinador de Medio Rural do PPdeG, Avelino Souto, e mesmo a nai do presidente, Lola de Valenzuela, que non está disposta a perderse o ‘debut’ do seu fillo como cociñeiro.

Pero como ningún proceso de cociñado está exento de imprevistos, Alfonso Rueda ten que facer fronte a problemas como un Peugeot mal aparcado, un Ábalos que quere apuntarse á festa no piso número ‘Uno’ coas súas chistorras e, por se isto non bastase, mesmo a un apagamento como o que España sufriu en abril.

Nada disto consigue frear a determinación do presidente de acoller na súa mesa a todos os galegos e galegas: pais, nais, nenos pequenos, avós, mozos e mesmo un ‘perro’. No caso deste último, unha cadela moi querida pola familia dos populares galegos: Pipa. Xunto a eles, finalmente, logo de superar con éxito a tarefa que se propuxo, decide propoñer un brinde.

“Pode que non sexa o mellor cociñeiro do mundo, pero o que si é verdade é que trato o noso con respecto, cariño e intentando facer as cousas ben, por todos os galegos e galegas. E isto é algo que aquí sabemos facer moi ben”, asegura ao tempo que desexa a todos un Bo Nadal, unhas Felices Festas e un moi Próspero Ano 2026.

 

 

 

Noticias recomendadas

O PPdeG salienta a aposta da Xunta pola remuda xeneracional nos oficios artesáns de Galicia, que reciben recoñecementos a nivel estatal
A deputada do Grupo Popular Noelia Pérez e o alcalde de Esgos, José Antonio Blanco, visitaron hoxe o centro de alfarería Alto do Couso co obxectivo de poñer en valor
O PPdeG destaca o impulso que suporá para o polígono industrial de As Gándaras a mellora das redes de comunicación e a conexión exterior, para as que a Xunta destina 5,6 millóns o vindeiro ano
Os deputados do Grupo Popular Cristina Sanz e José Manuel Mato salientaron hoxe o impulso que recibirá o polígono industrial de As Gándaras en Lugo coas obras de mellora das
O PPdeG destaca o traballo social que desenvolven en A Coruña entidades como Dignidad Galicia
Os deputados do Grupo Popular Roberto Rodríguez e Paula Mouzo visitaron a tenda solidaria que a asociación Dignidad Galicia ten en A Coruña (Avda. Alcalde Liaño Flores, 17) para destacar
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies