Skip to content

O PPdeG pide ao PSdeG que cese no seu “caos e contradición” en política municipal “polo ben dos concellos galegos”

Os alcaldes e alcaldesas do Partido Popular de Galicia piden ao PSdeG que “cese canto antes” no seu “caos” e nas súas “contradicións” en política municipal “polo ben dos concellos galegos e dos veciños e veciñas”.

Os populares galegos fan referencia ás declaracións que fixo esta semana o líder do PSdeG, Xosé Ramón Gómez Besteiro, en contraposición ás realizadas polo presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), o tamén socialista Alberto Varela.

Despois de anunciar o luns a Xunta de Galicia que avanza na futura Lei de administración local, para dotar aos concellos dun novo marco xurídico adaptado ás súas necesidades, Besteiro saíu ao paso horas despois para sinalar que o seu partido “vai actuar política e xudicialmente”.

En cambio, na mañá do martes, Alberto Varela desmarcouse desas declaracións e sinalou que desde a Fegamp van ser “construtivos” e “facer melloras”.

“Xa non nos sorprende nada de Besteiro e as súas saídas de ton. Unha actitude coa que non fai máis que seguir poñéndose en evidencia. Sen ler o anteproxecto xa o está criticando, evidenciando que non quere aportar nada, só cargar contra o Goberno galego con mentiras porque é incapaz de reclamarlle ao Executivo central que asuma dunha vez as súas competencias para abordar o financiamento local”, subliñan os alcaldes e alcaldesas populares.

CONTRADICIÓNS SOBRE O ACORDO DO SAF NO SEO DO PSdeG

Ademais, as contradicións no seo socialista en política municipal non quedan aí, xa que Besteiro tamén se pronunciou sobre o acordo acadado recentemente entre a Fegamp e a Xunta para incrementar o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), esencial para milleiros de familias galegas.

Neste caso, o líder do PSdeG anunciou “demandas xudicias” pola financiación do SAF e verteu duras críticas ao devandito acordo, mentres para Alberto Varela e a Fegamp, como certifica a sinatura do mesmo, tratouse dun importante paso adiante.

“Besteiro sentiuse intimidado polo ‘non a todo’ do BNG, que censurou o entendemento entre Fegamp e Xunta, e optou por ir en dirección contraria aos seus propios alcaldes, que si o avalaron. O que queda claro é que a súa voz non pinta nada no PSdeG e que cada vez está máis preto do independentismo galego, ao que lle fai seguidismo”, lamentan desde o PPdeG.

Neste sentido, os rexedores populares reiteran a súa petición ao socialismo de que “deixen traballar aos concellos” e, sobre todo, “atendan ás súas reivindicacións, tamén dos seus propios alcaldes”. “Besteiro leva moito tempo ausente e cando fala, como fai o BNG, só é para criticar, nunca para propoñer”, conclúen.

Noticias recomendadas

O PPdeG esixirá no Parlamento a condena da vandalización das sedes populares e que PSOE e BNG se comprometan cunha política “respectuosa, democrática e legal”
O Partido Popular de Galicia levará ao Parlamento galego unha iniciativa para instar á oposición a que amose a súa vontade de condenar a vandalización das sedes do PP atacadas esta
O Parlamento reclama ao Goberno de España que fortaleza o diálogo social como ferramenta para elaborar políticas de emprego e benestar
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra de BNG e PSdeG, a través da que se reclama ao Goberno
O Parlamento galego demanda por unanimidade ao Goberno central a creación da especialidade de Enfermería de Urxencias e Emerxencias
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España a creación da especialidade
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Configuración de cookies