Skip to content

O PPdeG urxe aos concellos de Cangas e Vigo a que asuman as súas competencias e tomen medidas ante as constantes verteduras de augas residuais á ría

O PPdeG urxe aos concellos de Cangas e Vigo a que asuman as súas competencias en materia de saneamento e tomen medidas urxentes ante as constantes verteduras de augas residuais sen depurar á ría.

A portavoz do PP de Cangas e deputada autonómica, Dolores Hermelo, e a parlamentaria do Grupo Popular, Patricia García, denunciaron a degradación que está a sufrir a ría de Vigo por culpa da “neglixencia e a parálise” dos gobernos municipais de Cangas e Vigo na xestión das súas redes de saneamento. Así, advertiron do grave risco que supón para o medio mariño, a saúde pública e a viabilidade do sector marítimo-pesqueiro os continuos vertidos que acaban directamente no litoral.

DOUS VERTIDOS EN MENOS DUN MES
No caso de Cangas, en menos dun mes, “van xa dous vertidos: o pasado 28 de abril e onte mesmo”, informou Dolores Hermelo. O primeiro deles rexistrouse tras un intenso chuvasco, o que provocou “o colapso de toda a rede municipal de Cangas” e, por conseguinte, que o sistema vertera directamente ao mar unha cantidade inxente de augas fecais, deixando a auga tinguida de cor marrón a centos de metros da costa e xerando fortes cheiros.

A portavoz do PP de Cangas amosou a súa preocupación polo acontecido e puxo a voz de alarma no feito de que “sexa suficiente só un chuvasco para deixar en evidencia o lamentable estado da rede, derivado da incapacidade de xestión do seu goberno local”. “E onte mesmo –engadiu-, escasos quince días despois, produciuse un novo vertido de augas fecais”.

“O saneamento é unha competencia municipal básica e exclusiva. Trátase dunha obriga legal que, gobernos como os de Cangas ou Vigo, están a incumprir de forma sistemática por unha nula inversión no mantemento, na separación de pluviais e fecais, e na modernización da súa infraestrutura hidráulica”, sinalou Dolores Hermelo, quen alertou de que o estado das canalizacións nestes municipios é tan deficitario que o sistema colapsa á mínima incidencia meteorolóxica.

AMEAZA PARA O SECTOR DO MAR
Pola súa banda, Patricia García incidiu en que estas verteduras non son un contratempo ambiental puntual e apuntou á ameaza directa para a saúde pública e para o sector marítimo-pesqueiro da comarca.

“A ría de Vigo é o motor económico de miles de familias. Cada vez que o saneamento municipal colapsa e as augas fecais chegan ao mar, ponse en risco a clasificación das zonas de produción de moluscos e o traballo diario do noso sector do mar, tal e como nos transmitiron desde confrarías como a de Cangas”, dixo García, quen reclamou aos gobernos locais de Cangas e Vigo un compromiso con feitos para poñer fin dunha vez ás verteduras.

Por último, “fronte á irresponsabilidade” dos executivos locais, salientou o investimento de 151,7M€ que o Goberno galego destina a Augas de Galicia: “De cada 10 euros deste orzamento, 7 van destinados especificamente a abastecemento e saneamento”. Tras salientar que o ano pasado o Goberno galego concedeu máis de 7,6 millóns en subvencións para obras locais e auditorías, lamentou que “haxa concellos que non sexan capaces de dar o paso para captar estes fondos finalistas e arranxar os seus problemas”.

“De nada serve que a Xunta constrúa estacións depuradoras, se despois os concellos de Vigo e Cangas teñen as súas redes locais cheas de fendas, sen mantemento e sen investir un só euro do seu orzamento en evitar que as súas canalizacións rebenten cada vez que chove”, engadiu. As deputadas exixen aos rexedores destes municipios que abandonen a “política de escaparate e confrontación coa Xunta”, asuman as súas competencias legais e executen de forma urxente plans de choque para arranxar e profesionalizar os sistemas de saneamento locais.

Noticias recomendadas

Rueda participa nas Festas da Ascensión e enxalza o traballo e a responsabilidade coa cidade do PP de Santiago a un ano das eleccións municipais
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, participa nas Festas da Ascensión de Santiago de Compostela  e enxalza o labor e responsabilidade coa cidade e a súa veciñanza do PP local
Millán Mon defende en Monfero o compromiso do PPdeG co rural e o patrimonio histórico de Galicia
O eurodeputado popular Francisco Millán Mon participou hoxe en varios encontros de traballo no municipio coruñés de Monfero, onde defendeu ao PPdeG como “o partido do rural”, destacando o seu
Paula Prado defende o “elevado grado de cumprimento” acadado polo Goberno de Rueda, a través de “políticas útiles” como as de vivenda
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, defende o “elevado grado de cumprimento” do programa electoral do partido nas eleccións autonómicas de 2024 acadado polo Goberno de Alfonso Rueda, a
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Configuración de cookies