Skip to content

O PPdeG cualifica o acordo de PSOE, BNG e Sumar para a transferencia da AP-9 a Galicia como “un pacto de traidores”

O PPdeG tacha o novo acordo do PSOE, BNG e Sumar para a transferencia da Autoestrada do Atlántico (AP-9) a Galicia como un “pacto de traidores” ao rebaixar o acordo acadado por unanimidade no Parlamento de Galicia. Con este novo texto, “Pedro Sánchez pretende aforrar unha vez máis a costa do peto dos galegos e galegas” e Galicia “quere a transferencia da AP-9, pero sobre a base da vontade expresada na Cámara, non a calquera prezo”, sinalan os deputados galegos no Congreso, que esixen “os recursos económicos necesarios” para a súa xestión.

Así o reclamaron hoxe na Comisión de Transportes no Congreso dos Deputados, na que o PP votou en contra do ditame da ponencia sobre a Proposición de Lei Orgánica de transferencia da titularidade e competencias da AP-9 á nosa Comunidade. O deputado galego Celso Delgado insistiu en que o texto acordado por PSOE, BNG e Sumar “só evidencia o interese destes grupos en marxinar ao principal partido de Galicia, que goberna na comunidade autónoma e ten maioría no Parlamento de Galicia, sendo tamén a primeira forza no Congreso dos Deputados”.

Delgado remarcou en que a solución na AP-9 pasa polo rescate e a transferencia da xestión da autopista, defendendo que se “deben manter todos os compromisos adquiridos”, tal e como constaba, reiterou, “no aprobado por unanimidade en Galicia”.

Referiuse tamén a que o BNG traizoou o mandato do Parlamento galego coa firma das emendas transaccionais ao articulado, “cunha manobra política e moi desleal”. Isto amosa a “hipocrisía” dos nacionalistas e independentistas galegos por “votar dunha maneira en Galicia e doutra en Madrid”. “Onde está a coherencia da que tanto presume o BNG?”, engade o deputado popular.

RECURSOS ECONÓMICOS 

Neste sentido, o PPdeG incide en que a transferencia da AP-9 debe vir acompañada dos recursos económicos necesarios para a súa xestión e manter todos os compromisos adquiridos. Por iso, Celso Delgado demandou unha vez máis que se “respecten os termos esencias aprobados unanimemente polo Parlamento de Galicia”, asegurando que a transferencia da AP-9 se realice coas responsabilidades financeiras delimitadas, sen “trampa nin cartón e sen riscos ocultos para Galicia”.

A transferencia a Galicia da autopista debe vir acompañada de dous requisitos. Por unha parte, o Goberno de Pedro Sánchez debe seguir financiando os compromisos adquiridos, dotando á Xunta de medios financeiros para ampliar as bonificacións das peaxes nun vial cuxa concesión a Audasa remata en 2048, salvo que o Tribunal de Xustiza da Unión Europea ditamine o contrario.

Ademais, a transferencia da AP-9 debe “suprimir” o incremento tarifario do 1% anual que Audasa aplica desde 2019 en concepto de compensación económica polas obras de ampliación da Ponte de Rande e da circunvalación de Santiago, unha actualización que se manterá por un período de 20 anos e que foi acordada na época do expresidente Zapatero. “O texto remitido desde o Parlamento de Galicia instaba ao Estado a amortizar esa subida”, di Delgado.

INDICIOS DE INCONSTITUCIONALIDADE

De feito, as emendas propostas á Proposición de Lei Orgánica pretenden crear unha “aparencia de cumprimento da pretensión de Galicia de transferencia no competencial, pero con matices e trampas importantes no económico”, afirma Delgado. “O enfoque destas emendas presenta serios indicios de inconstitucionalidade”, xa que non se transfire inmediatamente a autopista e as súas competencias, senón que obriga ao Estado e a Galicia a acordar as condicións concretas do traspaso, “o cal é incorrecto”, remarca.

DICTAME DA COMISIÓN EUROPEA

Do mesmo xeito, o PPdeG amosa a súa preocupación ante a desaparición neste acordo dunha disposición na que se obrigaba ao Goberno de Sánchez a asumir as obrigas económicas e financeiras en caso de que se declarase a nulidade das prórrogas mediante as cales se acordou a ampliación do período concesional. “Ante o escenario derivado do ditame da Comisión Europea e no que se cuestiona o cumprimento da normativa comunitaria de contratación pública, a supresión desta disposición podería prexudicar enormemente a Galicia”, reiteran.

Recordan tamén que a Comisión Europea advertiu, ademais, de que España podería ser levada ante o Tribunal de Xustiza da Unión Europea se non adopta as medidas oportunas. “Trátase dun asunto de enorme transcendencia para Galicia”, conclúen.

Noticias recomendadas

<span style="font-style: italic;">A caída do imperio sanchista</span>
JOSÉ MANUEL BARREIRO
O PSOE enfróntase á súa maior crise política e moral en décadas. O que Pedro Sánchez presentou como un proxecto de renovación democrática converteuse
O PPdeG destaca que preto de 240 alumnos de 0 a 3 anos disporán no curso 2026-2027 de educación gratuíta na zona sur de Lugo
A voceira de Política Social e Igualdade do Grupo Popular e vicepresidenta primeira do Parlamento, Raquel Arias, puxo en valor que 239 nenas e nenos de 0 a 3 anos
O PPdeG destaca o éxito do Bono Activa Comercio en Ourense, con preto 900 negocios adheridos e 1,7M€ en compras realizadas
O PPdeG destacou o éxito do Bono Activa Comercio na provincia de Ourense, ao acadar, nesta edición, 897 establecementos adheridos e 24.636 bonos descargados. Unhas cifras que se traducen nun
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Configuración de cookies