Skip to content

Rueda pide “esforzos renovados” aos populares coruñeses para contribuír a que Galicia sexa “motor do cambio” en España con Feijóo á fronte

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, aspira a que Galicia sexa “peza fundamental e motor do cambio en España” para contribuír á vitoria de Alberto Núñez Feijóo nas Eleccións Xerais do 29 de novembro. Así o manifestou na Xunta Directiva Provincial do PP da Coruña, onde resaltou que xa hai data “para o cambio, para empezar a reconstruír todo o que destruíu Sánchez”. Neste sentido, pediulles aos populares coruñeses “esforzos renovados” e non dar ningunha batalla por vencida.

Así o destacou durante a reunión, que encabezou xunto ao presidente do partido na provincia, Diego Calvo, e na que tamén participou a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado. Rueda sinalou que as vitorias se constrúen “desde abaixo”. Así, animou aos populares a “xerar confianza, dar estabilidade e ser exemplo de que as cousas aquí funcionan”, pondo en valor o modelo de “estabilidade e moderación” do Goberno galego fronte aos oito anos de “caos e corrupción” do Goberno sanchista.

Para Rueda, as razóns de que Pedro Sánchez convocase agora eleccións  fundaméntanse en que “non lle saíu a xogada de tapar con dous decretos trapalleiros oito anos de inacción en vivenda”. Neste punto, lembrou que o presidente do Executivo central volveu incumprir un ano máis o seu propio anuncio de presentar os Orzamentos Xerais do Estado -segue cos de 2023- e que cada día se coñecen máis detalles das diferentes tramas corruptas do Goberno.

Ademais, afea a PSdeG e BNG que este modelo de “caos e corrupción” de Sánchez sexa “o que defenden” e o que se replica en cidades como A Coruña e Santiago de Compostela. “Mentres os do NON seguen negando calquera opción de progreso, nós queremos aproveitalas todas”, apuntou.

Para o presidente do PPdeG, Galicia fai o que debería ser normal pero que, por desgraza é cada vez máis excepcional. Así, subliñou medidas do Goberno galego do PP como o plan de vivenda, xa que se están construíndo máis de 4.000 vivendas en toda a comunidade autónoma, delas son máis de 1.000 de promoción pública na Coruña. Ademais, tamén se referiu á zona tensionada da Coruña e de Santiago de Compostela, sinalando que o Goberno do PPdeG xa avisara do que pasaría con estas medidas: “un auténtico fracaso”, dixo.

Tamén puxo en valor o modelo galego de Orzamentos, xa que se presentan en tempo e forma todos os anos; ou a captación de proxectos de gran envergadura como o xigante automobilístico SAIC, sinalando que vai supoñer “un antes e un despois” para a provincia da Coruña. “Aquí en Galicia buscamos o progreso. Non poñemos obstáculos innecesarios”, engadiu. Para Rueda, o modelo galego é o dun “modelo estable, unido, con folla de ruta e con prioridades claras: a xente”.

Na reunión da Xunta Directiva tamén puxo o foco nos próximos retos electorais, sinalando que o que pase nas Xerais influirá despois nas municipais. Por iso, animou aos populares a seguir medrando nos concellos, sen renunciar a nada.

DIEGO CALVO:  “O OBXECTIVO É GAÑAR CON CLARIDADE”

Pola súa banda, Diego Calvo fixo fincapé en que o vindeiro 29N os españois teñen a oportunidade de decidir o país que queren para os próximos catro anos. “Estamos ante unha cita transcendental, un momento decisivo para o futuro de España e non podemos fallar”, sinalou.

Neste sentido, mostrouse convencido de que a provincia da Coruña saberá responder e poderá poñer o seu gran de area para poñer punto e final a un Goberno marcado pola corrupción, responsable dunha confrontación política que dividiu os españois e incapaz de acadar acordos.

Por último, Calvo puxo sobre a mesa que estas eleccións son o primeiro paso para preparar as municipais de maio, e reclamou aos seus alcaldes e voceiros “máis traballo, unidade e confianza ca nunca”.

Noticias recomendadas

Paula Prado reivindica na primeira reunión do Comité de Campaña do PPdeG que Galicia “estará á altura para o cambio: toca elixir entre delincuencia ou decencia”
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, asegurou hoxe que o partido en Galicia terá a “forza” e a “unión” necesaria para ser  unha peza máis, dentro de todas as que
Alberto Pazos: “España merécese un Executivo que se pareza máis a un goberno democrático que ao clan dos Soprano”
“Estamos ante un Goberno central en absoluta descomposición”, apuntou, hoxe, o portavoz do Grupo Popular no Parlamento de Galicia, Alberto Pazos, quen indicou que a convocatoria de eleccións xerais anticipadas
Os eurodeputados do PPdeG poñen en valor a aprobación no Parlamento Europeo de 2,7 millóns de euros para os traballadores do sector auxiliar do automóbil en Galicia
O eurodeputado do PPdeG, Adrián Vázquez, sinala como “moi positivo” que a Unión Europea responda a problemas reais dos territorios. Así o trasladou tras o pleno do Parlamento Europeo que
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Configuración de cookies