Skip to content

Rueda pide non levantar “o pé do acelerador” para que Feijóo ratifique o 29N a vitoria que logrou no debate ante un “Sánchez derrotado”

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, subliñou que, cando queda unha semana para que remate a campaña electoral, toca seguir traballando “a tope”, e non levantar “o pé do acelerador”, para levar a Alberto Núñez Feijóo á Moncloa e ter, despois de oito anos de sanchismo, un Goberno “honesto, transparente e con palabra”. En definitiva, ratificar nas urnas a vitoria que obtivo Feijóo no seu cara a cara da véspera, onde ofreceu unha imaxe de “presidente”, solvente e con proxecto, fronte a un “Sánchez derrotado”, incapaz de defender a súa xestión.

Así o dixo Rueda no mitin celebrado en Redondela que inaugurou o candidato popular á Alcaldía deste concello, Javier Bas, e no que participaron a número 2 da candidatura do PP ao Congreso por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, e o presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López. Tamén asistiu o cabeza de lista ao Congreso pola provincia de Pontevedra, Julio García Comesaña, así como outros membros da candidatura e cargos do partido.

O presidente do PPdeG celebrou que “toda España” puido comprobar, a través do televisor, que Feijóo será un presidente que gobernará “para todos”, e non para os seus socios, como fixo estes últimos oito anos Pedro Sánchez. Socios como Carles Puigdemont, quen cualificou ao presidente do Goberno de “amoral”.

En contraposición a Sánchez, que está disposto a “vender España” a cambio dun “sillón”, Rueda eloxiou a valentía de políticos como Cayetana Álvarez de Toledo, á que agradeceu que nunca se bote atrás ante os “matóns”, como fai tamén no País Vasco o candidato por Guipúzcoa, Jon Echeverría.

Rueda asegurou que o Partido Popular ten proxecto e un equipo forte e unido, o que gañará nas urnas o 29 de novembro con Galicia como “motor” do cambio para darlle a España o presidente que “merece”. Por iso insistiu en aproveitar cada minuto do que resta de campaña e dalo todo no sprint final.

LUIS LÓPEZ: “PONTEVEDRA É CLAVE PARA O CAMBIO NECESARIO”

Pola súa banda, o presidente provincial do PPdeG, Luis López, apelou ao voto útil, xa que lembrou que a circunscrición de Pontevedra “é unha das consideradas clave en toda España para o cambio necesario, que pasa exclusivamente pola papeleta do PP”. “A persoa que teña claro que non quere que siga Sánchez, o que ten que saber é que, na provincia de Pontevedra, iso só se consegue co voto ao PP, calquera outra opción favorece a continuidade de Sánchez na Moncloa”, advertiu.

Ademais, Luis López tamén advertiu de que Redondela sufre dobremente o “desgoberno” que padecen todos os españois con Pedro Sánchez, xa que á mala xestión e abandono do presidente do Goberno “engádese un executivo municipal moi parecido, conformado por unha coalición de perdedores á que só lle importan os seus intereses”. Neste sentido reclamou un apoio maioritario dos redondeláns a Alberto Núñez Feijóo “para iniciar nesta vila o cambio necesario que, no próximo mes de maio, se plasmará noutro na Alcaldía coa chegada do PP”.

Noticias recomendadas

O PP denuncia a perda de case cinco millóns de euros de fondos europeos en Santiago e alerta sobre os novos 8,7 millóns do programa EDIL
O Partido Popular denunciou en Santiago a perda de fondos europeos destinados a diferentes proxectos municipais durante unha comparecencia ante os medios na que participaron Adrián Vázquez, Olaya Otero e
Prado lamenta os oito anos de “abandono” de Sánchez na Mariña e aposta por un Goberno do PP como “única garantía” para avanzar na A-74 e no desenvolvemento da comarca
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, lamenta a parálise no proxecto da autovía A-74, unha vía de vertebración fundamental para A Mariña, e denuncia que as obras seguen sen
Cayetana Álvarez de Toledo defende en Vigo o proxecto de Feijóo e do PP como o único que pode realizar o cambio político necesario en España
A número 2 da candidatura do PP por Madrid, Cayetana Álvarez de Toledo, comezou hoxe a súa xira de campaña na provincia na cidade de Vigo para defender o proxecto
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Configuración de cookies