Skip to content

Paula Prado pide en Ponteareas o voto para o PP para ter un Goberno “que protexa ás mulleres” tras oito anos de abandono por parte da esquerda

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, puxo a Ponteareas como exemplo dos “gobernos de sentidiño e estabilidade” do PPdeG, con Nava Castro liderando este concello, fronte ao Goberno central do “sen sentido” de Pedro Sánchez e os seus socios, como o BNG. Así, pediu o voto para Alberto Núñez Feijóo este 29 de novembro, co obxectivo de poñer en marcha o “cambio necesario” en España, tamén para “protexer ás mulleres” despois de oito anos de “abandono” do sanchismo.

Para a número dous dos populares galegos, o PP é “o partido das mulleres e do feminismo real”, dixo no mitin, lembrando que hoxe se conmemora o 25N, o Día Internacional da eliminación da violencia contra a muller. Neste sentido, subliñou a importancia de reivindicar a loita contra a lacra social da violencia de xénero, pero tamén de “poñer en valor o feminismo de feitos fronte ao falso feminismo que nos vendeu Sánchez durante oito anos”.

Para a secretaria xeral do PPdeG, tamén é fundamental votar ao PP nas Eleccións Xerais para poñer fin “á polarización e a política do medo e a violencia” que impulsa a esquerda. “España non merece un Goberno incapaz de condear a violencia, nin a cómplices coma o BNG que tampouco poñan límites”, sinalou Prado, lembrando que onte mesmo, “os cachorros de Bildu, os herdeiros de ETA,” increparon a Ester Muñoz, a portavoz do PP no Congreso, durante unha visita ao País Vasco.

“Non queremos máis divisións. Alberto Núñez Feijóo reconstruirá e unirá este país”, concluíu, reiterando a necesidade do votar ao PP para devolverlle a España “todo o que Sánchez e os seus socios lle quitaron nestes anos”.

COMESAÑA E LÓPEZ PIDEN REMATAR COA ASFIXIA DE IMPOSTOS
Pola súa banda, o cabeza de lista ao Congreso, Julio García Comesaña, deixou claro, neste acto electoral en Ponteareas, que “Feijóo é o presidente que precisa este municipio, xa que con el ao fronte do Goberno abrirase unha etapa centrada exclusivamente na xente, posto que haberá menos impostos, máis vivenda e as pensións estarán garantidas ao tempo que deixaremos atrás os oito anos de maltrato de Pedro Sánchez coa nosa provincia”, que exemplificou co pasotismo e a parálise na xusta demanda das obras de mellora da seguridade viaria na N-120 na capital do Condado.

O represente popular defendeu un “cambio necesario” para rematar co “constante castigo e discriminación” coa provincia de Pontevedra, da que lembrou que estivo “totalmente esquecida” por Pedro Sánchez nos eidos das infraestruturas, os investimentos e o apoio ao noso xeito de vivir, “pero en cambio si que nos tivo en conta para fritirnos a impostos”, posto que no vai de ano a recadación fiscal medrou case o dobre que no resto de España.

Finalmente, o presidente provincial do PP, Luis López, engadiu que é necesario susbtituír ao goberno socialista para que os cidadáns “deixen de vivir asfixiados” pola presión fiscal exercida e as futuras subas de impostos xa anunciadas polo PSOE, ás que se suman a inflación disparada “que fai cada día máis difícil ir ao supermercado, botar gasolina, pagar a luz ou a calefacción e xa non digamos cambiar de coche ou acceder a unha vivenda. Neste senso, recalcou o compromiso de Feijóo de rebaixar os impostos e conter o IPC coa diminución do IVE nos produtos básicos.

Ademais, chamou a todos os ponteareáns a “non confiarse” e traballar para encher as urnas de votos a prol do cambio necesario que só representa o PP. “Hai que votar con intelixencia para rematar con este ciclo negro e para abrir un tempo de esperanza con Feijóo e iso pasa exclusivamente pola papeleta do PP. As demais non serven. Todos os votos da nosa provincia que non sexa para o Partido Popular permitirán a continuidade de Pedro Sánchez no Goberno e para que siga a política de corrupción e bailes”, aseverou, antes de desexar “un Nadal á galega, con sentidiño, xuntos en familia e cun galego na Moncloa”.

Noticias recomendadas

Paula Prado apela no 25N polo “cambio necesario” para poñer fin ao Goberno do “falso feminismo” que “abandonou ás mulleres”
O PPdeG reivindicou hoxe, co gallo do 25N, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, a importancia do “cambio necesario” en España a partir do 29 de
Rueda pide “apertar no último sprint” da campaña para dar un apoio masivo a Feijóo e propiciar o “fin” do sanchismo
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, pediu “apertar” no momento no que a carreira electoral do 29N encara o último “sprint”, e non “baixar os brazos”, co obxectivo de brindarlle
Rueda anima a votar por un “Goberno do Partido Popular que funciona” e “baleirar” a Moncloa de Sánchez e dos seus socios
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, animou a votar o vindeiro domingo, nas Eleccións Xerais, por un “Goberno do Partido Popular que funciona”, liderado por Alberto Núñez Feijóo; e lograr,
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Configuración de cookies