Skip to content

Alberto Pazos pide a BNG e PSdeG que apoien que Galicia non saia prexudicada dos pactos de Pedro Sánchez cos independentistas para que apoien a súa candidatura na sesión de investidura

O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, manifestou hoxe que “se de verdade BNG e PSdeG están preocupados por defender os intereses de Galicia e dos galegos non terán inconveniente en apoiar a nosa proposición non de lei que se debaterá no Pleno desta semana pedindo ao Goberno socialista de Pedro Sánchez que Galicia non saia prexudicada dos posibles pactos para que os independentistas lle dean o seu voto na sesión de investidura”.

Ao remate da reunión do Grupo Popular celebrada esta mañá, Alberto Pazos lembrou que “esta semana comezará a tramitación dos orzamentos da Xunta par 2024 coas comparecencias dos membros do Goberno galego, dos presidentes das Deputacións Provinciais e de varios entes da Administración galega”.

 

75% DOS ORZAMENTOS PARA POLÍTICAS SOCIAIS

 

Neste sentido, incidiu que “non nos cansaremos de repetir que estes orzamentos son os maiores da historia de Galicia, chegando aos 13.257 millóns de euros, dos que case o 75 por cento destinaranse a políticas sociais, destacando que por primeira vez se superan os 5.000 millóns de euros para a sanidade pública galega”. “Todo iso aderezado sen recorrer a débeda, cun incremento das partidas destinadas a investimentos, e cunha nova baixada dos impostos, neste caso no imposto de transmisións patrimoniais e para a compra de vehículos de segunda man ou eléctricos”, engadiu.

 

Respecto da sesión plenaria que se celebra esta semana, Alberto Pazos fixo especial referencia á proposición non de lei que defenderá o Grupo Popular pedindo ao Goberno socialista de Pedro Sánchez que aclare o contido das negociacións que está a levar a cabo coas distintas forzas políticas, especialmente cos independentistas cataláns, para que voten a súa candidatura na sesión de investidura, “unha sesión de investidura que se está a aprazar sine die a pesar da urxencia que os socialistas amosaban no momento da investidura de Alberto Núñez Feijóo”.

 

O portavoz popular considerou “lamentable que Pedro Sánchez e a presidenta do Congreso estean manexando a actividade do Congreso ao seu antollo, intentando ademais baleirar de competencias o Senado, como está a facer impedindo a tramitación do proxecto de Lei para eliminar o imposto de sucesións e doazóns impulsado polo Grupo Popular”. Deste xeito, manifestou que “é unha auténtica anomalía democrática que a día de hoxe descoñezamos a data da sesión de investidura de Pedro Sánchez, xogando cos prazos en función dos seus intereses, cando hai máis de dúas semanas que O Rei encargou a investidura a Pedro Sánchez e el aseguraba que xa tiña todo atado e ben atado”.

 

DEFENDER A IGUALDADE DE TODOS OS ESPAÑOIS

 

“Desde o PPdeG consideramos que os galegos, e todos os españois, en xeral, merecemos saber que está disposto a ceder Pedro Sánchez aos independentistas cataláns para manterse no poder”, indicou Alberto Pazos, quen apuntou que “o futuro de España non será positivo se a súa gobernabilidade se sustenta naqueles que queren acabar coa unidade do país, que non foron capaces de condenar o terrorismo e levan a persoas con delitos de sangue nas súas listas electorais; nin aqueles que ofrecen amnistías a fugados e perseguidos pola Xustiza”.

 

Alberto Pazos subliñou que “hoxe é máis necesario que nunca defender a igualdade de todos os españois, con independencia do lugar no que residan, e apostar con decisión por un Goberno de España que defenda os intereses xerais, sen atallos, nin discriminacións, nin privilexios en forma de cesións a determinados partidos independentistas”.

 

Por este motivo, avanzou que “seguiremos traballando e pedindo o apoio, tanto do BNG como do PSdeG, para que Galicia non saia prexudicada dos posibles pactos de Pedro Sánchez, incidindo que en ningún caso estas negociacións deriven na asignación de menos recursos públicos ou competencias para a Comunidade galega que para outras comunidades autónomas”.

 

“Se de verdade os grupos da oposición nacionalista e socialista están preocupados por defender os intereses de Galicia e dos galegos, nos vemos inconveniente en que apoien a proposición non de lei do Grupo Popular que defenderemos no Pleno desta semana, e que non busca outra cousa que estas negociacións non deriven na asignación de menos recursos públicos ou competencias para Galicia que para outras comunidades autónomas”, apuntou.

 

COMPROMISOS COS ENFERMOS DE ELA

 

Para rematar, Alberto Pazos recordou que o Grupo Popular tamén pedirá no Pleno que o Goberno central cumpra os compromisos adquiridos en 2020 por Pedro Sánchez cos enfermos de ELA e as súas familias, mellorando o diagnóstico, o tratamento e a vida destes enfermos.

 

Así, destacou que a Xunta vai ser a primeira comunidade autónoma en por a disposición das persoas con ELA dunha axuda directa e inmediata de 12.000 euros por paciente, co obxectivo de apoiar nos gastos extraordinarios que teñen que realizar por mor desta enfermidade progresiva, sen cura e altamente discapacitante.

Noticias recomendadas

Millán Mon celebra la continuidad del Intergrupo Patrimonio Cultural Europeo, Caminos de Santiago y otras Rutas Culturales Europeas
El eurodiputado gallego Francisco Millán Mon expresa su satisfacción por la continuidad del Intergrupo “Patrimonio Cultural Europeo, Caminos de Santiago y otras Rutas Culturales Europeas” en la décima legislatura del
O PPdeG agarda que a “incompetencia do Goberno de Sánchez” e a falta de Presupostos estatais para o próximo ano non prexudique o Xacobeo 2027
O Partido Popular de Galicia alerta de que a incapacidade do Goberno de Sánchez para conseguir aprobar os Presupostos Xerais do Estado implica o risco  de que a declaración do
Alberto Pazos asegura que a Comisión de Investigación sobre a contratación pública acreditou o bo facer do Goberno galego e destapou unha incipiente trama de “nacionalismo de amiguetes”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, fixo hoxe un balance do desenvolvemento da Comisión de Investigación sobre a contratación pública da Administración galega e afirmou que “comezou co obxectivo
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies