Skip to content

Alfonso Rueda anuncia que o Goberno galego dará luz verde este luns ao Bono Emancípate para axudar á mocidade cos gastos da súa primeira vivenda

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, anunciou hoxe que o Goberno galego dará luz verde este luns ao Bono Emancípate prometido en campaña e que consistirá nunha tarxeta moedeiro para axudar aos mozos de entre 18 e 35 anos a afrontar gastos da súa primeira vivenda como poden ser aqueles derivados das xestións notariais ou a adquisición de mobiliario e electrodomésticos.

Un anunciou que realizou no acto ‘Vivenda, Mocidade, Galicia’ organizado esta mañá polos populares galegos na cidade da Coruña e do que explicou que contará cun orzamento “ampliable” de 2 millóns de euros e que poderá solicitarse xa a partir do 6 de febreiro. “Axudas como estas son as que marcan a diferencia entre poder empezar unha nova vida nunha vivenda propia ou non poder facelo”, argumentou.

Rueda avanzou ademais que Galicia seguirá apostando por “fórmulas innovadoras” como son as vivendas compartidas e que, do mesmo xeito que xa se anunciaron para Santiago de Compostela, as seguintes serán en Vigo e en Lugo e “seguiremos impulsando esta medida noutras cidades”.

“O acceso á vivenda é un problema e para combatelo é necesario buscar solucións reais, pragmáticas e eficaces. Nós levamos moito tempo sendo conscientes e poñendo en marcha medidas para poñerlle remedio”, explicou o presidente incidindo na problemática que supón o feito de que a mocidade galega “vexa truncado o seu futuro por non dispoñer de algo tan básico como un teito no que comezar a formar a súa propia vida de xeito independente”.

De aí que cualificase como “obriga da boa política” ofrecer solucións aos problemas reais da cidadanía tal e como fai o Goberno galego coas súas políticas de vivenda e especialmente con aquelas destinadas de xeito especifico á xuventude. Como, por exemplo, reservando o 40% das novas vivendas de promoción pública en réxime de alugueiro aos menores de 36 anos, que serán destinatarios tamén do 20% de aquelas que se poñan á venda.

Un apoio que se complementa con outras iniciativas xa en marcha –como o Aval Mozo ou as rebaixas fiscais aplicadas ao tramo autonómico do Imposto de Transmisións Patrimoniais– e que se saldaron coa cifra de preto de 6.000 mozos beneficiados das políticas de vivenda da Xunta nos últimos anos.

“En políticas de vivenda non cabe escusarse na burocracia, na incapacidade de negociación con socios de goberno nin no feito de non ter aprobados uns Orzamentos”, subliñou o presidente contrapoñendo a inacción do Goberno central nesta materia co traballo intenso que está a facer o Goberno galego para acadar o obxectivo de duplicar o parque público de vivenda de Galicia nesta lexislatura.

Algo para o que, tal e como incidiu, é necesario traballar coa iniciativa privada “que outros demonizan” e apoiar aos propietarios “desprotexidos por Pedro Sánchez” para que poñan as súas vivendas no mercado “ofrecéndolles seguridade, confianza e acompañamento”.

CRÍTICAS AO GOBERNO CENTRAL

Alfonso Rueda esixiu ao presidente do Goberno de España que “deixe por un momento os seus problemas persoais e xudiciais e a súa incapacidade para poñerse de acordo coa ‘maioría Frankenstein’ na que se apoia” e sexa consciente de que a vivenda “é un problema serio ante o que non cabe a propaganda”.

Recordou así as 180.000 vivendas da SAREB que Pedro Sánchez anunciou hai máis de ano e medio en Galicia e que, a pesar de que o Goberno galego reclamou a súa cesión para arranxalas e poñelas a disposición da xente a prezos competitivos, o Goberno central decidiu vender “para facer caixa co problema da vivenda”.

Tamén se referiu á Lei de Vivenda estatal que regula a declaración de zonas tensionadas e que, onde se aplicou, acabou provocando que suban os prezos dos alugueiros e que haxa menos vivendas no mercado”. Por iso, engadiu, ningún concello galego ten reclamado esta medida.

O presidente galego concluíu nesta liña reclamando ao Goberno central un Plan Estatal de Vivenda en coordinación coas comunidades autónomas pero matizando que “se tamén vai ser propaganda, mellor que nos deixe seguir traballando en solitario con receitas que funcionan”.

“En Galicia seguiremos traballando en serio pola vivenda e sendo conscientes de que, un ano despois de obter a maioría nas eleccións, a xente que nola concedeu demándamos que sexamos eficaces e non perdamos o tempo. Por iso seguiremos como ata o de agora: sendo menos de anuncios baleiros e máis de chaves en man dos galegos e galegas”, rematou.

VIVENDA, MOCIDADE, GALICIA

O acto celebrado hoxe na Coruña foi posible grazas á implicación tanto de Novas Xeracións de Galicia como do Grupo Popular no Comité Europeo das Rexións, do que Alfonso Rueda forma parte en calidade de presidente do Goberno galego.

Tras a benvida a cargo do líder local do partido, Miguel Lorenzo, os primeiros en intervir no acto foron os responsables de Xuventude e Vivenda no Goberno galego, José López Campos e María Martínez Allegue, que abordaron os retos da xuventude en Galicia e os obxectivos e prioridades da Xunta en materia de vivenda.

Acto seguido tiveron lugar dúas mesas redondas. A primeira delas, baixo o título ‘As dificultades no acceso á vivenda: situación actual do mercado, ocupación ilegal e inseguridade xurídica’, foi moderada polo eurodeputado Adrián Vázquez e nela participaron Carlos San Claudio, concelleiro do PP na Coruña e membro do programa Young Elected Politicians (YEP) do Comité Europeo das Rexións, e María Deza, portavoz de Vivenda do Grupo Popular no Parlamento de Galicia e concelleira de Planificación Urbanística e Vivenda en Sanxenxo.

‘A emancipación: o reto dos mozos no acceso á vivenda’ foi o título da segunda mesa redonda e que estivo moderada polo eurodeputado Francisco Millán Mon. Nesta ocasión os encargados de debater sobre a cuestión foron Nicole Grueira, presidenta de Novas Xeracións de Galicia, Sandra Quintas, secretaria provincial do PP de Ourense e alcaldesa de Bande, e Blanca García Olivares, concelleira de Urbanismo, Accesibilidade, Vivenda e Rehabilitación en Ferrol.

Noticias recomendadas

Alberto Pazos advirte que a reforma da Lei da dependencia estatal “derivará nun incremento considerable e preocupante da débeda de máis de 2.500 millóns de euros do Estado con Galicia”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, advertiu hoxe que a reforma da Lei de dependencia, aprobada o pasado martes polo Goberno central, “derivará inevitablemente nun incremento considerable e preocupante
O PPdeG celebra o primeiro aniversario da primeira maioría absoluta de Alfonso Rueda estreando novo lema: “Galicia Goberna”
O Partido Popular de Galicia empregará “Galicia Goberna” como novo lema a partir deste sábado para conmemorar o primeiro aniversario da primeira maioría absoluta de Alfonso Rueda logo de que
O Grupo Popular acusa ao BNG de pretender que a Xunta incumpra a Constitución desautorizando o grao de Dereito na Universidade Intercontinental da Empresa
A portavoz de Educación do Grupo Popular, Cecilia Vázquez, acusou hoxe no Pleno do Parlamento galego ao BNG de pretender que a Xunta incumpra a Constitución Española ao solicitar que
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies