Skip to content

Alfonso Rueda pide aos galegos que acudan ás urnas coa ilusión e a convicción de que nada é imposible e de que Galicia votará por unha maioría ampla para Alberto Núñez Feijóo

A unha semana das eleccións, Alfonso Rueda pediu, nun mitin en Sanxenxo, aos galegos que acudan as urnas coa ilusión e a convicción de que nada é imposible e de que Galicia votará por unha maioría ampla para Alberto Núñez Feijóo o próximo domingo.

Ana Pastor: “Feijóo xa demostrou do que é capaz como presidente de todos os galegos e agora chegou o momento de que volva demostralo como presidente de todos os españois”

Telmo Martín apela ao voto útil para evitar o que ocorreu en Sanxenxo en 2019, cando case 1.000 veciños votaron a outros partidos de dereita que non obtiveron representación: “Eses votos prexudicaron ao PP e facilitaron que o PSOE conseguise un deputado máis por Pontevedra”

 

O presidente do PPdeG remarcou que a capacidade de traballo en beneficio dos seus veciños e a vocación de servizo aos demais son dúas das características que definen a Telmo Martín e, ao mesmo, a tempo a liña a seguir de todo político

Neste sentido asegurou que o compromiso co ben común é algo intrínseco dos galegos e, por suposto, dun Alberto Núñez Feijóo que non ten máis aspiración que a de volver unir a todos os españois e que ten na súa xestión o mellor aval

Alfonso Rueda aposta por deixar atrás estes cinco longos de sanchismo e liortas e ter por fin un Goberno como o que ofrece o PP, que mire polo conxunto do territorio, sen favoritismos nin menosprezos, senón con rigor e solvencia

Pero para lograr ese cambio, subliñou, é fundamental concentrar o voto no PP e obter na provincia de Pontevedra un gran resultado: “Para que Feijóo conte coa forza necesaria, temos que ir a polo cuarto deputado”

En clave local, o líder dos populares galegos recordou que o Goberno central ten actuacións pendentes na costa de Sanxenxo ao tempo que afirmaba que estas débedas son o resultado de tomar decisións sen saber do que se fala, pretendendo lexislar sen pisar o terreo, sen dialogar, nin atender a razóns

Reivindicando a Lei do litoral de Galicia, subliñou que ninguén mellor que os propios galegos para salvagardar a súa costa e salvagardar así tamén o crecemento económico que esta xera: “Somos unha terra con moitísimo potencial e o xusto é que nos deixen aproveitalo e faciliten o noso crecemento”

Explicou que derrogar o sanchismo non só é botar da Moncloa a Pedro Sánchez, senón tamén facer un cambio nas políticas e volver de novo a gobernar para os cidadáns desde a política útil que ofrece Alberto Núñez Feijóo

É o momento, engadiu, de abrir as portas das institucións á xente, de investir na xente e no seu futuro, de mellorar a economía, de apostar pola educación, pola industria e polas infraestruturas e de que chegue a política do sentidiño ao conxunto de España

“España perdeu o rumbo durante os últimos cinco anos e ninguén mellor que un galego como Feijóo para atopalo de novo”, concluíu

ANA PASTOR: “ESPAÑA NECESITA ESTABILIDADE, MIRAR CARA AO FUTURO E AVANZAR, NUNCA RETROCEDER”

A número 1 co Congreso pola provincia sinalou que “España necesita estabilidade, mirar cara ao futuro e avanzar, nunca retroceder” e que por iso precisa un Goberno do PP “cunha maioría forte para cambiar o ciclo político”

Expuxo que Alberto Núñez Feijóo representa “o mellor estilo de política”, que é a política “á galega” e que consiste en “gobernar con responsabilidade, con profesionalidade, con entrega, diálogo, ideas reformistas e construtivas pero, sobre todo, con palabra”

Ana Pastor pediu o voto a “todas as persoas que aínda non o decidiron ou que noutras eleccións votaron por outros partidos pero teñen claro que a partir do 23 de xullo queren un cambio”

“Feijóo xa demostrou do que é capaz como presidente de todos os galegos e por iso recibiu o apoio de catro maiorías absolutas á súa xestión. E agora chegou o momento de que volva demostralo como presidente do Goberno de todos os españois”, engadiu

TELMO MARTÍN: “QUE GOBERNE FEIJÓO É NECESARIO PARA SANXENXO”

Tamén o alcalde de Sanxenxo apelou ao voto útil para evitar o que ocorreu neste concello en 2019, cando case 1.000 veciños votaron a outros partidos de dereita que non obtiveron representación na provincia

“Eses votos prexudicaron ao PP e facilitaron que o PSOE conseguise un deputado máis por Pontevedra”, recordou mentres remarcaba que “non votar ao PP o próximo domingo é impedir o cambio”

Para Telmo Martín é necesario que goberne Feijóo para recuperar proxectos importantes e fundamentais para Sanxenxo, como a recuperación do patrimonio arqueolóxico da Lanzada ou a recuperación da fachada marítima entre as praias de Barreiros e Canelas

Sobre este último proxecto, o rexedor recordou que xa contaba cun convenio de 6 millóns de euros co Ministerio de Medio Ambiente no Goberno de Mariano Rajoy e que “quedou paralizado co Goberno de Pedro Sánchez”

Noticias recomendadas

O PPdeG comprométese a dar a batalla en Europa pola cuestión eólica para “defender o presente e garantir o futuro de Galicia”
O Partido Popular de Galicia comprométese a dar a batalla en Europa no que se refire á tramitación ambiental de proxectos eólicos na nosa Comunidade e á súa adecuación ao
Paula Prado asegura que para acadar a igualdade “plena e real” é necesario que, como en Galicia, as mulleres conten con representantes que “defendan os seus intereses e coloquen na axenda política os seus dereitos”
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, defende que para acadar a igualdade “plena e real” na sociedade en xeral e nos ámbitos de decisión política en particular é necesario
El PP exige a Planas que deje de ningunear al sector pesquero y que rebaje cuanto antes el IVA a los productos pesqueros
El portavoz de Pesca del Grupo Parlamentario Popular en el Senado, Manuel Ruiz, exige al ministro de Agricultura, Pesca y Alimentación. Luis Planas, que deje de ningunear al sector pesquero
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies