Skip to content

Aprobado en Comisión o ditame do proxecto de Lei de protección de menores e prevención de condutas aditivas, co que este texto lexislativo queda pendente da aprobación definitiva en Pleno

A Comisión 5ª do Parlamento de Galicia aprobou esta mañá o ditame do proxecto de Lei de protección das persoas menores e prevención das condutas aditivas, unha norma que “protexe máis e mellor aos nosos menores fronte ás adicións tradicionais e emerxentes, moderniza o marco normativo, adapta Galicia á evidencia científica actual e reforza a prevención en escolas, familia e comunidade”, manifestou a portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo.

Esta nova lei, que queda agora pendente da súa aprobación definitiva na sesión plenaria, ten como obxectivo “protexer, anticipar e actuar fronte aos novos riscos que afectan diariamente á infancia e á adolescencia en Galicia”, dixo Encarna Amigo. Neste sentido, apuntou que a norma “actualiza o marco legal galego, integrándoo coa evidencia científica máis recente e aliñándoo cos estándares europeos, e faino cun enfoque integral que combina prevención, educación, regulación e protección, que parte dunha premisa fundamental: os menores teñen dereito a crecer en contornos seguros e saudables e as administracións están obrigadas a proporcionarllos”.

“Non estamos falando só de prohibicións: estamos falando de creación de oportunidades, de acompañamento, de reforzo das familias, dos centros educativos, dos concellos e dos propios profesionais de saúde e dos servizos sociais”, manifestou a portavoz popular. Deste xeito, afirmou que a lei “pretende actuar no que sabemos que funciona: información temperá, prevención desde a infancia, detección precoz e contornas protectoras”.

En concreto, a nova lei reforza a protección fronte ao tabaquismo e o consumo de alcohol, especialmente ante as novas modalidades que buscan captar xente nova, bebidas de alta gradación vendidas como inocuas e campañas publicitarias encubertas en redes sociais. Así, incorpora, por primeira vez de forma sistemática en Galicia, a regulación das condutas aditivas non asociadas a substancias, como o uso compartido das pantallas, videoxogos, apostas online ou contidos tóxicos.

PREVENCIÓN E CONTROL DA PUBLICIDADE

Encarna Amigo apuntou que a nova lei “aposta pola prevención pola ferramenta máis eficaz, establecendo programas educativos estruturados, obrigatorios e avaliables nos centros de ensino; impulsando a formación das familias, porque ninguén mellor ca eles para detectar os cambios no comportamento dos seus fillos; e dotando aos concellos de instrumentos normativos e recursos para protexer espazos públicos e actividades de ocio”.

“A norma tamén reforza o control sobre a publicidade, a promoción e a venta de produtos potencialmente aditivos, a través do endurecemento do acceso de menores a máquinas expendedoras, regulando espazos de risco, establecendo sancións proporcionadas e introducindo o principio de tolerancia cero fronte á captación comercial de menores”, manifestou.

Para rematar, Encarna Amigo lamentou a negativa de BNG e PSdeG a facer algunha transacción sobre o texto orixinario da lei, “incluso naquelas que tiñan pactadas con organizacións que nos fixeron chegar as súas propostas de mellora”. “Aínda que a oposición faga trincheira de todo e o politice todo, a protección da infancia merece unidade, pero a unidade require responsabilidade e xenerosidade, dúas actitudes que, por desgraza, non atopamos na oposición neste caso”, concluíu.

Noticias recomendadas

O Parlamento de Galicia demanda ao Goberno central que elimine a cita previa obrigatoria no Servizo Público de Emprego Estatal
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio do PSdeG, a través da que se demanda ao Goberno de
O Grupo Popular pedirá o apoio do Parlamento de Galicia á candidatura da cidade de Lugo como sede da futura Axencia Estatal de Saúde Pública
O Grupo Popular pedirá o apoio do Parlamento de Galicia á candidatura da cidade de Lugo como sede da futura Axencia Estatal de Saúde Pública, “unha entidade que contribuirá ao
El PPdeG exige explicaciones al Gobierno de Sánchez sobre por qué traspasa la AP-68 a Navarra y no la AP-9 a Galicia
Los diputados del PPdeG en el Congreso han registrado una pregunta al Gobierno exigiendo explicaciones al Ejecutivo de Sánchez sobre el traspaso de la autopista AP-68 a Navarra y no
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies