31, xaneiro, 2020. O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, afirmou que é un insulto á intelixencia que a ministra de Hacienda diga que o diñeiro do IVE que debe a Galicia “non existe”, xa que son 200 millóns xa recadados. “Se o Goberno xa non os ten, debe aclarar en que gastou un diñeiro que era para a sanidade, a educación e os servizo sociais de todos os galegos”, engadiu.
O Grupo Popular salienta que a Xunta “multiplicou este ano por máis de tres os fondos para apoiar as persoas e empresas máis débiles”
Santiago, 29 de xaneiro de 2020.- A deputada do Grupo Popular Sandra Vázquez salientou hoxe que a Xunta “multiplicou este ano por máis de tres os fondos destinados a acompañar ás persoas e empresas máis débiles no contexto de incerteza e desaceleración dos últimos meses e a causa da desidia do Goberno central”.
O PPdeG salienta que o Igape facilitou máis de 14.000 millóns de euros para apoiar a 81.000 empresas galegas
Santiago, 29 de xaneiro de 2020.- A deputada do Grupo Popular Sandra Vázquez salientou hoxe no Parlamento que o Igape facilitou máis de 14.000 millóns de euros para apoiar a 81.000 empresas e autónomos galegos. “Os grupos da oposición están ao rebufo do Goberno galego, limitándose a instar medidas que xa están feitas e que sitúan a Galicia nunha mellor posición que o conxunto de España”, salientou.
O Parlamento esíxelle ao Goberno Central a convocatoria urxente da Mesa das Pontes
Santiago, 29 de xaneiro de 2020.- O Parlamento de Galicia vén de aprobar este mércores unha iniciativa do Grupo Popular na que insta á Xunta de Galicia a que esixa ao Goberno de España a convocatoria urxente da Mesa das Pontes para establecer a folla de ruta que garanta un futuro para as 750 familias que dependen da actividade da central térmica que Endesa ten nesta localidade, non aceptando a tramitación do expediente de peche presentado pola empresa ata que conclúan as probas con distintas mesturas de combustibles e existan alternativas viables para o mantemento do seu emprego.
O Parlamento esixe ao Goberno central que tome medidas urxentes para que a burocracia do Estado “deixe de ser unha barreira para o retorno”
Santiago, 29 de xaneiro de 2020. O Parlamento aprobou hoxe no Pleno unha iniciativa do Grupo Popular a través da que se esixe ao Goberno de España “que elimine con urxencia as barreiras burocráticas que entorpecen, e mesmo bloquean, o retorno dos galegos e españois do exterior” e para que os trámites que teñen que realizar sexan “máis fáciles, máis áxiles e máis flexibles”, tal e como expuxo a deputada Raquel Arias na súa intervención.
O Grupo Popular asegura que “nunca pactará contra o pluralismo político, os dereitos das mulleres e contra os intereses de Galicia”
Santiago, 29 de xaneiro de 2020.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos asegurou hoxe no Parlamento que “o PPdeG nunca pactará contra o pluralismo político, nunca pactará contra os dereitos das mulleres e nunca pactará contra os intereses de Galicia”. “Galicia é unha terra de xente sensata e o problema do fascismo só habita nas cabezas dos representantes dos grupos da oposición”, sinalou.
O Grupo Popular nega que a Xunta suprimira título algún no campus de Ourense porque a decisión depende da Universidade de Vigo
Santiago, 28 de xaneiro de 2020.- O portavoz de Universidades do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, asegurou hoxe no Parlamento que a Xunta “non suprimiu título algún no campus de Ourense”, porque a decisión de que novos títulos se crean ou eliminan depende da Universidade de Vigo.
Tellado acusa aos grupos da oposición de ser cómplices do Goberno central que promove o peche das Pontes
Santiago, 28 de xaneiro de 2020.- O viceportavoz do Grupo Popular Miguel Tellado acusou hoxe no Parlamento aos grupos da oposición de ser cómplices do Goberno de Pedro Sánchez, que está a promover o peche da central térmica das Pontes.
O PPdeG afirma que os servizos de urxencia dos hospitais galegos están dimensionados para atender a todos os pacientes en calquera data
Santiago, 28 de xaneiro de 2020.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, afirmou hoxe no Parlamento que “os servizos de urxencias dos hospitais galegos están dimensionados para atender a todos os pacientes en calquera data, aínda que poden sufrir saturacións en situacións puntuais”.
O Grupo Popular afirma que a lei galega de atención a pacientes terminais xa evita o sufrimento e garante unha morte digna
Santiago, 28 de xaneiro de 2020.- O Grupo Popular rexeitou hoxe no Pleno do Parlamento unha proposición de lei do Grupo Mixto para a despenalización da eutanasia e axuda ao suicidio porque “non creemos que encaixe coa forma de entender a vida e a morte que ten a sociedade galega; porque a lexislación galega en materia de atención a pacientes terminais xa está a evitar o sufrimento e a garantir unha morte digna en Galicia; e porque, tal e como está formulada esta proposta, sen ningún tipo de control ou limitación, é un paso en falso cara un abismo”, sinalou a deputada Julia Rodríguez Barreira. “Non sería responsable abrir nestas condicións unha porta que non poderemos pechar e que nos levará por un camiño moi pendente, moi esvaradío e sen retorno”, apuntou.