Pedro Puy avoga por un equilibrio entre “non incrementar o gasto para conter a inflación e non conter o gasto para evitar a recesión”

Santiago, 3 de agosto de 2022.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avogou hoxe no debate de aprobación do teito de gasto da Xunta para 2023 no Parlamento galego por “un equilibrio entre non incrementar o gasto para conter a inflación e non conter o gasto para evitar recesión”. Así mesmo, amosou a disposición ao diálogo tanto na tramitación dos orzamentos como na aprobación do Plan Estratéxico de Galicia 2022-2030.

Continue reading

O Parlamento galego celebrará o 3 de agosto o Pleno extraordinario para a aprobación do teito de gasto para 2023

Santiago, 28 de xullo de 2022.- O Parlamento de Galicia acollerá o vindeiro mércores, ás 11 da mañá, o Pleno extraordinario para a aprobación do límite de gasto non financeiro da Comunidade galega, segundo o se acordou hoxe na Xunta de Portavoces. O portavoz popular, Pedro Puy, subliñou que “estamos a falar dun procedemento normal en Galicia que da estabilidade e certeza para a recuperación da economía galega”.

Continue reading