O PPdeG apoia que a concesión portuaria dos terreos de Vulcano estea condicionado ao seu uso para a construción e reparación naval

Santiago, 14 de xullo de 2021.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación polo Pleno do Parlamento de Galicia dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a posicionarse e votar no Consello de Administración do Porto de Vigo que o concurso para a concesión portuaria do antigo estaleiro de Vulcano estea condicionado ao uso para a actividade da construción e reparación naval.

Continue reading

O Grupo Popular afirma que “a sanidade desmantelada da que falan BNG e PSdeG non tería resistido unha pandemia sanitaria de tanta virulencia”

Santiago, 14 de xullo de 2021.- A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, afirmou hoxe no Pleno que “a sanidade desmantelada da que constantemente falan desde o BNG e o PSdeG non tería resistido unha pandemia sanitaria desta virulencia” e salientou que “Galicia é a comunidade autónoma coa menor mortalidade de España, e non será por casualidade”.

Continue reading

O PPdeG apoia demandar ao Goberno central a intervención pública de factoría de Alcoa en San Cibrao

Santiago, 14 de xullo de 2021.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación polo Pleno do Parlamento galego dunha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno central a intervención pública da factoría de Alcoa en San Cibrao, inicialmente de forma transitoria e a través da SEPI, coa fin de asegurar o mantemento do emprego e da actividade industrial e facilitar a súa posterior venda a un inversor privado que garanta un proxecto industrial viable.

Continue reading

O Parlamento galego insiste en que o Goberno central encargue un buque-ponte para Navantia e se sume ao Pacto de Estado por Ferrol

Santiago, 14 de xullo de 2021.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, sen o voto favorable do BNG, a través da que se demanda ao Goberno de España que dote de carga de traballo ao estaleiro de Navantia na ría de Ferrol, encargando a contratación dun barco-ponte para garantir no medio prazo os milleiros de empregos das empresas auxiliares; e que se una ao Pacto de Estado por Ferrol, un acordo entre todas as administracións e axentes implicados para desenvolver medidas de impulso e dinamización laboral, económica e demográfica nesta comarca.

Continue reading

O Grupo Popular defende a planta de biocombustibles en As Pontes cun investimento de 30 millóns de euros

Santiago, 13 de xullo de 2021.- O deputado do Grupo Popular Diego Calvo acusou hoxe ao BNG de “fomentar e aplaudir” o peche da central térmica de Endesa, en As Pontes, para reclamar agora solucións á Xunta de Galicia en algo que nada ten que ver coas súas competencias e que suporía unha carga económica para os galegos en cuestións que debe asumir o Goberno Central.

Continue reading

O Grupo Popular afirma que a Xunta xa traballa na modificación da Lei de inclusión para adaptar a Risga ao IMV

Santiago, 13 de xullo de 2021.- A deputada do Grupo Popular Elena Suárez afirmou hoxe no Pleno que o Goberno galego “xa está a traballar na modificación da Lei de inclusión social para adaptar a renda de inserción social de Galicia (Risga) ao novo contexto xurdido coa posta en marcha do ingreso mínimo vital (IMV) co obxectivo principal de que a tramitación destas axudas sexa o máis rápido e áxil posible”.

Continue reading

O Grupo Popular salienta que Galicia sexa unha das primeiras comunidades en recoñecer a violencia vicaria como violencia de xénero

Santiago, 13 de xullo de 2021.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición de lei a través da que se inclúe a violencia vicaria como unha forma máis de violencia de xénero. “Galicia, unha vez máis, está sendo das primeiras comunidades en lexislar sobre a violencia vicaria, aínda que estas mulleres e cativos vítimas xa levan sendo recoñecidos e beneficiarios das axudas e servizos da Xunta desde o ano 2015”, salientou a viceportavoz popular, Paula Prado.

Continue reading

O Grupo Popular salienta que Galicia sexa a primeira comunidade autónoma que establece factores correctores nas axudas no ámbito da investigación

Santiago, 13 de xullo de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición de lei para garantir a igualdade real entre mulleres e homes no ámbito universitario e da investigación, coa que Galicia “será a primeira comunidade autónoma que garanta por lei que nas convocatorias de axudas no ámbito da investigación se estableza un factor corrector que permita compensar os períodos de inactividade investigadora e garantir a igualdade de oportunidades”, salientou a viceportavoz popular, Paula Prado.

Continue reading

O Parlamento galego aproba o ditame da Comisión de Reactivación, cun fondo de 115 millóns de euros e 506 medidas de actuación

Santiago, 13 de xullo de 2021.- O Pleno do Parlamento galego aprobou hoxe o ditame da Comisión de estudo para a reactivación económica, social e cultural de Galicia ante a crise da Covid-19, que inclúe a distribución dun fondo de consenso de 115 millóns de euros e 506 medidas de actuación que poñen as bases para “a recuperación da pandemia e crear emprego de calidade para os mozos”, manifestou o portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy.

Continue reading