Skip to content

O Grupo Popular proporá no Pleno que o Parlamento galego renove o seu compromiso e apoio á Constitución e ao Estatuto de Autonomía

Santiago, 20 de decembro de 2021.- O Grupo Popular proporá no Pleno desta semana que o Parlamento galego renove o seu compromiso e apoio á vixente Constitución Española e ao Estatuto de Autonomía de Galicia, rexeitando calquera iniciativa que promova a independencia de Galicia ou de calquera outra comunidade autónoma.

“Será o momento oportuno para coñecer realmente o que defende o Bloque Nacionalista Galego, que un día afirman que non son independentistas, pero si soberanistas; e ao día seguinte insisten na súa loita pola independencia de Galicia”, manifestou a viceportavoz popular, Paula Prado.

 

 

A actividade parlamentaria dará comezo esta semana coa celebración mañá da sesión plenaria para a aprobación dos orzamentos da Xunta para 2022, que ascenden a 11.627 millóns de euros e os sitúa como os máis altos da historia de Galicia. “Están dirixidos, principalmente, a avanzar cara a reactivación e a recuperación da economía galega logo da pandemia sanitaria, cos maiores recursos para o gasto social e o emprego, e con novas rebaixas fiscais”, explicou Paula Prado, quen incidiu que estas contas “consolidan o modelo que Galicia vén aplicando nos últimos anos, baseado en máis investimento, menos ratio débeda/PIB e menos impostos”.

 

MEMBROS CONSELLO DE CONTAS

 

A continuación, e xa no Pleno ordinario, terá lugar a elección de tres novos membros do Consello de Contas de Galicia: Anxo Ramón Calvo Silvosa, proposto polo Bloque Nacionalista Galego; e José Antonio Redondo López e Tomás Pérez Vidal, propostos polo Grupo Popular.

 

A viceportavoz popular lembrou que este ano 2021 cómprense 40 anos da aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia e da constitución do Parlamento de Galicia, tempo no que “Galicia viviu unha das mellores e máis prósperas etapas da súa historia, con importantes avances a nivel económico, social e cultural”.

 

“Por este motivo, o Grupo Popular considera oportuno que o principal partido da oposición fale claro e diga a verdade respecto dos seus proxectos de futuro para Galicia, porque os galegos teñen dereito a saber que defende cada formación política que os representa e nada mellor que poñer enriba da mesa unha proposición non de lei que reafirma o compromiso e apoio á vixente Constitución Española e ao Estatuto de Autonomía de Galicia”, indicou.

 

VERDADEIRO BNG

 

Paula Prado lamentou que “estamos ante o BNG máis radical da súa historia: que se manifesta xunto con Bildu pedindo un Euskadi independente; que festexan o 1 de outubro, aniversario do referendo ilegal pola independencia de Cataluña; que invita a Galicia a impartir doutrina ao independentista Gabriel Rufián; ou que demanda unha tarifa eléctrica galega, esixe a nacionalización forzosa de empresas ou está en contra de calquera proxecto empresarial que sexa positivo, cree emprego e traia riqueza para Galicia”.

 

“Este é o verdadeiro BNG, non o que queren vender os propios nacionalistas galegos: un BNG que comparte listas e proxecto político con Bildu e con Esquerra Republicana de Cataluña; sometido ao PSOE de Madrid, a cambio de pactos para colocar á súa xente nas deputacións e concellos de Galicia; e que votou a favor de que Pedro Sánchez sexa Presidente do Goberno e volveu confirmalo negándose a votar en contra dos orzamentos do Estado, a pesar de que bloquearon todas e cada unha das emendas que presentou o BNG no Congreso”, apuntou.

Noticias recomendadas

O PPdeG reivindica en Europa a importancia de facer política “desde o territorio e para o territorio” de cara a garantir o futuro do sector primario galego
O PPdeG reivindicou hoxe no Parlamento Europeo a necesidade de facer política “desde o territorio e para o territorio” para garantir non só o futuro do sector primario galego, senón
O Grupo Popular pedirá no Pleno que o Goberno central habilite os mecanismos para que as empresas que desexen patrocinar o Xacobeo 2027 poidan facelo a partir do vindeiro 1 de xaneiro
O Grupo Popular demandará no Pleno da vindeira semana que o Goberno central habilite os mecanismos necesarios para que as empresas que desexen patrocinar o Xacobeo 2027 poidan facelo a
Aprobado o ditame do proxecto de Lei de estatística de Galicia, paso previo para o seu debate definitivo en sesión plenaria
A Comisión 3ª, de Economía, Facenda e Orzamentos do Parlamento de Galicia aprobou hoxe o ditame do proxecto de Lei de estatística de Galicia, un texto que adapta á nova
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies