Pedro Puy salienta que a aprobación do teito de gasto para 2022 é “unha mostra máis da normalidade democrática que vivimos en Galicia”

Santiago, 3 de agosto de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe que o teito de gasto da Xunta de Galicia para 2022, aprobado hoxe polo Pleno do Parlamento galego, é “realista, prudente e axustado a todas as previsións autonómicas, nacionais e internacionais; e unha mostra da normalidade democrática que vivimos en Galicia, algo que creemos que é importante no momento político que está a vivir España”. Neste sentido, afirmou que “expansión non é só investir máis, senón tamén baixar impostos, como o están a facer en Europa”.

Continue reading

Tellado salienta que o Goberno de Pedro Sánchez “sempre acaba dando a razón a Galicia, antes de que os tribunais o obriguen a facelo”

Santiago, 2 de agosto de 2021.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, afirmou hoxe que a retirada do recurso presentado polo Goberno central á reforma da Lei galega de saúde, xunto á sentenza do Tribunal Constitucional que avalía esta modificación lexislativa, “volveu demostrar que o Goberno de Pedro Sánchez sempre acaba dándonos a razón, antes de que os tribunais o obriguen a facelo”.

Continue reading

Pedro Puy salienta o “intenso traballo” realizado no Parlamento neste ano, coas prioridades na loita contra a Covid-19 e a recuperación económica

Santiago, 26 de xullo de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, fixo hoxe un balance da actividade do Parlamento galego neste primeiro ano da XI Lexislatura e salientou o “intenso traballo” desenvolvido, mantendo a normalidade democrática e a capacidade de impulso e control por parte da oposición. Así mesmo, subliñou que “as prioridades foron a loita contra a pandemia, tanto no ámbito sanitario como no económico, e o proceso de recuperación económica e aceleración das reformas, que se ve en moitas dos textos lexislativos aprobados”.

Continue reading

Pedro Puy cualifica de “sorprendente” e “incongruente” que a oposición votara en contra do ditame da Comisión de Reactivación, cando non se opuxo ao 72% das propostas

Santiago, 19 de xullo de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, cualificou hoxe de “sorprendente” e “incongruente” o voto en contra dos grupos da oposición ao conxunto do ditame da Comisión de reactivación económica, social e cultural de Galicia ante a crise da Covid-19, cando o BNG só se opuxo ao 28 por cento das propostas e o PSdeG se abstivo en todas as votacións parciais.

Continue reading