Skip to content

Feijóo asume o liderado do PPdeG con ganas de máis e pide compromiso para seguir mellorando Galicia

Apunta que o seu partido é un proxecto común, no que participan, opinan e caben todos e onde se pode pensar de forma libre

O presidente electo dos populares galegos, Alberto Núñez Feijóo, que foi elixido con 801 votos a favor -o 98,3%-, asumiu o liderado da formación con ganas e ilusión de máis e pedindo aínda maior compromiso para seguir mellorando Galicia.

 

Tras recalcar que as vitorias do PPdeG son de todo o partido, un éxito colectivo, indicou que se pon, de novo, ao servizo da súa formación porque non se conforma cos éxitos xa celebrados e porque hai tarefa por diante. Dese xeito, aseverou que se debe a Galicia, engadindo que o seu compromiso é que a Comunidade se siga superando para que a de 2030 “nos faga sentirnos orgullosos”.

 

O PARTIDO POPULAR, A ÚNICA ALTERNATIVA

Durante a súa intervención, afeou a política sen proxecto, que dá as costas ao consenso, a que pretende instalar o pensamento único ou que se somete aos caprichos do independentismo. Sobre isto, avogou pola cooperación, a alianza e o entendemento: “Que non nos contaxien esa tendencia a converter a política nunha especie de xungla, porque así sempre estaremos no precipicio, e o que é peor, estará España”.

 

Por iso, salientou que só hai unha alternativa, a do Partido Popular, manifestando que, alí onde os populares teñen a confianza dos cidadáns para gobernar, teñen tamén o deber de sinalar e demostrar que hai outro camiño.

 

A COMUNIDADE SEGUIRÁ DEFENDENDO OS SEUS INTERESES

Nese senso, reivindicou que Galicia manterase pola mesma senda que agora. Así, ante o reto que supón a pandemia, continuará dando a cara e tomando decisións para protexer a saúde e a economía galegas.

 

Ademais, fixo especial fincapé en que a nosa Comunidade seguirá sendo referente de estabilidade, e puxo como exemplo a política fiscal, avanzando a súa intención de levar a cabo unha nova gran baixada de impostos nos próximos meses. Igualmente, puxo en valor a mellora dos servizos públicos acadada ao longo destes 12 anos de Goberno do PPdeG na Xunta.

 

O presidente tamén destacou a defensa dos intereses de Galicia, para a que non deixará de reclamar o que se lle debe. Ao respecto, lamentou que se repartan os fondos europeos sen respectar nin a poboación nin o sistema de financiamento autonómico e indicou que pelexará “ata o último céntimo”.

 

Fronte aos gobernos que fan uso da educación para adoutrinar aos nenos, Feijóo garantiu que a nosa Autonomía seguirá protexendo a todas as familias e defendendo poder vivir en liberdade, porque a nosa é un territorio “libre do independentismo”.

 

UN PARTIDO LIBRE, ABERTO E CUN PROXECTO COMÚN

Segundo precisou, el non é o que é a día de hoxe polas catro maiorías absolutas, senón grazas aos catro anos que estivo na oposición, percorrendo o 100 % dos concellos de Galicia.

 

Neste sentido, admitiu que se os populares volven implicarse como entón, o que se propoñan será posible. Para iso, solicitou ao seu partido a mesma ilusión, confianza, proximidade cos cidadáns, dinamismo e, sobre todo, a mesma unidade.

 

E destacou que o PPdeG non é o PSOE, xa que é unha formación na que se pode pensar e falar de forma libre. “Somos o Partido Popular, un proxecto común, no que participamos todos, no que podemos opinar todo e no que cabemos todos”, subliñou.

 

UN CAMIÑO POR PERCORRER NO PARTIDO

O líder dos populares galegos expresou que a este Congreso autonómico lle seguirán os respectivos conclaves provinciais e locais, remarcando que son as ideas e o partido, non os liderados, os que sempre permanecen.

 

Para Feijóo, a Executiva que vén de renovarse supón un instrumento, pero a clave é seguir incorporando as demandas do pobo para poder ampliar a confianza dos cidadáns no PPdeG. Neste punto, púxose a disposición de cada alcalde que queira renovar a confianza dos veciños e de cada voceiro municipal que queira conseguir o apoio maioritario para poder gobernar.

 

Noticias recomendadas

Alberto Pazos lamenta a “intolerable e chulesca” carta do ministro de Transportes ao Presidente da Xunta, “unha mostra máis da falta de cordialidade e lealdade do Goberno de España con Galicia”
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, lamentou hoxe que a “intolerable e chulesca” carta remitida polo ministro de Transportes ao Presidente da Xunta sobre a construción do AVE entre
Os populares galegos celebran o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso: “Somos do PPdeG… pero, sobre todo, somos de Galicia”
O Partido Popular de Galicia conmemora hoxe o Día de Galicia tras un ciclo electoral exitoso, con catro amplas vitorias nos últimos meses —municipais, xerais, autonómicas e europeas— e coa consecución
Alfonso Rueda avoga por unha Galicia traballadora, aberta, solidaria e que progrese sen perder nunca as súas raíces
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe, na véspera do Día de Galicia, o modelo que defende o seu partido para a nosa Comunidade, consistente en seguir facendo de
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies