Skip to content

Tellado salienta que o Goberno de Pedro Sánchez “sempre acaba dando a razón a Galicia, antes de que os tribunais o obriguen a facelo”

Santiago, 2 de agosto de 2021.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, afirmou hoxe que a retirada do recurso presentado polo Goberno central á reforma da Lei galega de saúde, xunto á sentenza do Tribunal Constitucional que avalía esta modificación lexislativa, “volveu demostrar que o Goberno de Pedro Sánchez sempre acaba dándonos a razón, antes de que os tribunais o obriguen a facelo”.

 

 

Ademais, Tellado lamentou que “a improvisada Conferencia de Presidentes celebrada o pasado venres fora unha nova oportunidade perdida de chegar a consensos e acordos coas comunidades autónomas e só serviu para que o Presidente Sánchez se fora de vacacións cunha foto de grupo”.

 

Miguel Tellado comezou a rolda de prensa felicitando, en nome do Partido Popular de Galicia, “a todos os deportistas que están deixando moi alto o nome de Galicia nos xogos olímpicos de Tokio”. “O seu esforzo, compañeirismo e deportividade convérteos nos mellores embaixadores de Galicia en todo o mundo”, indicou.

 

BLOQUEO DA NORMATIVA GALEGA

 

Na súa comparecencia, o viceportavoz popular lembrou que “a semana pasada celebramos que o Goberno de Pedro Sánchez retirara o recurso que bloqueaba a reforma da Lei de saúde de Galicia, logo de cinco meses bloqueando esta normativa sen que a Xunta puidera tomar todas as medidas necesarias nos momentos máis decisivos da pandemia, xerando dúbidas e inseguridade xurídica aos cidadáns; e poñendo en perigo a saúde e a vida dos galegos”.

 

Deste xeito, afirmou que “os mesmos acordos que adoptamos na Comisión Bilateral poderían terse acordado hai moitos meses, nas múltiples propostas que se fixeron desde a Xunta”. “O recurso que presentou o Goberno de Pedro Sánchez non tiña unha motivación xurídica, senón política, porque a súa prioridade é sacar réditos políticos aínda que sexa a costa da saúde dos galegos”, lamentou.

 

“Hoxe volvemos constatar que o tempo sempre acaba dando a razón ao PPdeG e ao Goberno galego: tiñamos razón coa débeda do IVE de 2017, coa reforma da Lei de saúde de Galicia e coa nefasta venta da planta de Alcoa en A Coruña”, sinalou. Así, engadiu que “fronte ao curtoplacismo e as ocorrencias do Goberno socialista, o Goberno galego traballa con rigor e seriedade, pensando sempre no medio e o longo prazo”.

 

Miguel Tellado criticou a postura adoptada polos grupos da oposición no Parlamento galego. Así, situou ao BNG “sometido a Pedro Sánchez e ao PSOE, tratando de ocultar a súa culpabilidade por investir ao presidente máis centralista da nosa historia”, e indicou que o PSdeG atópase “enterrado nas súas pelexas internas, máis preocupado por repartir miserias que por ver quen liderará a balsa de náufragos na que se converteu o partido que en defender os intereses de Galicia”.

 

APROBACIÓN DO TEITO DE GASTO

 

Para rematar, o viceportavoz popular referiuse á sesión plenaria do Parlamento galego que se celebrará mañá, na que se procederá á aprobación do teito de gasto da Xunta de Galicia para 2022, que ascende a 11.571 millóns de euros. Neste sentido, explicou que “ten uns obxectivos moi definidos: asegurar a capacidade económica para supera a pandemia sanitaria, impulsar a reactivación do emprego e a economía de Galicia, e garantir a protección dos sectores máis afectados pola crise”.

 

“Se fomos quen de manter por segundo ano consecutivo esta capacidade máxima de gasto foi gracias á sentenza do Tribunal Supremo que obrigou ao Goberno central a transferir a Galicia a mensualidade do IVE correspondente a 2017, unha débeda que o Goberno de Pedro Sánchez negouse reiteradamente a pagar a Galicia”, destacou. “Un goberno moroso e mentireiro, que xogou cos cartos de todos os galegos e agora vese obrigado a pagar por orde do alto tribunal”, dixo.

 

Noticias recomendadas

O PPdeG lamenta a decisión do Goberno de subir o IVE aos produtos básicos: “Sánchez está máis preocupado pola súa propia supervivencia que pola das familias”
O Partido Popular de Galicia amosa o seu rexeitamento á decisión do Goberno central de subir o IVE aos produtos básicos, argumentando que con esta decisión se constata que “a
O Grupo Popular pide ao Goberno de España que presente unha nova Lei que regule o exercicio das profesións do deporte
O deputado do Grupo Popular Pablo Prieto demandou hoxe no Parlamento de Galicia que o Goberno central cumpra co recollido na Lei do Deporte Español e presente nas Cortes Xerais
O Parlamento de Galicia demanda que a Xunta continúe apoiando aos concellos na prestación dos servizos de Protección Civil
O Parlamento galego aprobou hoxe, sen o apoio do BNG, a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita que a Xunta continúe apoiando aos
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver máis
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidade e cookies
Nome da cookie Activa
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Gardar axustes
Configuración de cookies