O PPdeG propón incluír como violencia vicaria aquela realizada a calquera persoa estreitamente unida á vítima para causarlle dano psicolóxico

Santiago, 31 de maio de 2021.- O Grupo Popular vén de presentar emendas á proposición de lei de reforma da Lei galega 11/2007 para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero a través das que se solicita a inclusión, dentro do concepto de violencia vicaria e ademais da entendida como o homicidio ou asasinato das ou dos fillos ou fillas da muller, das accións levadas a cabo contra calquera outra persoa estreitamente unida á vítima coa finalidade de causarlle maior dano psicolóxico, por parte de quen sexa ou fose o seu cónxuxe ou por quen mantivo con ela unha relación análoga de afectividade, aínda sen convivencia.
Elección presencial dss prazas de formación sanitaria especializada

Iniciativa sobre a demanda por parte da Xunta de Galicia ao Goberno de España para que se habilite a elección presencial das prazas de formación sanitaria especializada da convocatoria
Restitución dos servizos e frecuencias de tren suprimidos en Galicia con motivo da pandemia xerada pola Covid-19

Iniciativa sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno galego en relación cos servizos e frecuencias de tren suprimidos en Galicia e, en particular, en Ourense, con
motivo da pandemia xerada pola covid-19
Reconsideración da centralización das salas do 091 e a cobertura urxente das vacantes do cadro de persoal

Iniciativa sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para demandar do Goberno de España a reconsideración da centralización das salas do 091 e a cobertura urxente de todas as vacantes nos cadros de persoal
O PPdeG valorará a Pepa Pardo como presidenta da Comisión Organizadora dun 17º Congreso que tería lugar en Pontevedra

Sandra Vázquez sería vicepresidenta e Rosa Gallego secretaria dun órgano con pleno de presenza feminina e cunha idade media por debaixo dos 39 anos
Tellado anuncia a celebración do Congreso ordinario do PPdeG para os días 16 e 17 de xullo

Explica que é a data que plantexa a dirección autonómica á espera de que sexa ratificada pola Xunta Directiva do partido o próximo martes
O Parlamento galego demanda ao Goberno central o despregamento da banda larga nas zonas brancas menos poboadas

Santiago, 26 de maio de 2021.- O Parlamento galego aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno central que priorice o despregamento de banda larga nas zonas brancas menos poboadas e dote de cobertura ás zonas que non dispoñen de servizos básicos de telefonía dixital.
O Grupo Popular avoga polo impulso do Plan de turismo termal de Galicia que amose o atractivo existente nas catro provincias galegas

Santiago, 26 de maio de 2021.- O deputado do Grupo Popular José Antonio Armada defendeu hoxe no Parlamento galego continuar co impulso do Plan de turismo termal de Galicia, como mecanismo de actuación cooperada entre a Administración do Estado, a Xunta, os concellos e o sector privado, e que amose o atractivo termal existente nas catro provincias galegas.
O Parlamento galego demanda promover e dinamizar a eólica mariña offshore na costa de Galicia

Santiago, 26 de maio de 2021.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, transaccionada co PSdeG e co voto en contra do BNG, a través da que se insta á Xunta a promover e dinamizar o sector da eólica mariña offshore, avaliando o asentamento de parques no contorno mariño galego garantindo que non se cause dano ás actividades pesqueiras e a preservación do ecosistema mariño.
