Skip to content

O PPdeG propón incluír como violencia vicaria aquela realizada a calquera persoa estreitamente unida á vítima para causarlle dano psicolóxico

Santiago, 31 de maio de 2021.- O Grupo Popular vén de presentar emendas á proposición de lei de reforma da Lei galega 11/2007 para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero a través das que se solicita a inclusión, dentro do concepto de violencia vicaria e ademais da entendida como o homicidio ou asasinato das ou dos fillos ou fillas da muller, das accións levadas a cabo contra calquera outra persoa estreitamente unida á vítima coa finalidade de causarlle maior dano psicolóxico, por parte de quen sexa ou fose o seu cónxuxe ou por quen mantivo con ela unha relación análoga de afectividade, aínda sen convivencia.

Así mesmo, proponse darlle carácter retroactivo á Lei para que todas as afectadas sexan recoñecidas como vítimas de violencia de xénero e se lles outorgue a protección e as axudas que este estatuto lles ofrece.

 

A viceportavoz popular, Paula Prado, amosou a preocupación polo incremento de casos de violencia de xénero rexistrado nos últimos días e a necesidade de adoptar todas as medidas necesarias para acabar con esta situación.

 

Así, referiuse ás emendas presentadas polo Grupo Popular á proposición de lei para incorporar a violencia vicaria na Lei de violencia de xénero porque “consideramos necesario ampliar o concepto recollido no texto inicial para engadir a violencia exercida para quen mantivo coa muller unha relación estreita ou de afectividade aínda sen convivencia”.

 

“Coa modificación da proposición de lei que propoñemos, todas estas vítimas de violencia de xénero tamén terán á súa disposición todas as medidas de axuda aprobadas con carácter retroactivo”, aínda que subliñou que “a Xunta xa está a poñer a súa disposición este tipo de apoios a pesar de que non está recollida na Lei neste momento a violencia vicaria”.

 

MODIFICACIÓNS PENDENTES NO PACTO DE ESTADO

 

Paula Prado lembrou que “hai catro anos que no Pacto de Estado se recolleu como unha das medidas a modificación da lexislación para incluír a violencia vicaria como unha das formas de violencia de xénero, pero non se ten mudado unha soa coma neste sentido, polo que agardamos que o Goberno de España se tome en serio este Pacto e comece a facer estas modificacións lexislativas tan importantes e necesarias para moitas mulleres que sofren violencia de xénero”.

 

Ademais, Prado lembrou que o Grupo Popular ten presentado unha proposición de lei para incluír a violencia dixital como unha forma de violencia de xénero. “Estamos a falar daquelas condutas que se exercen a través da novas tecnoloxías, do correo electrónico, internet, sistemas de mensaxería dixital ou redes sociais, con independencia de que o agresor garde ou non relación conxugal, de parella ou análoga de afectividade no presente ou no pasado, ou de parentesco coa vítima; coa única finalidade de discriminación, dominación, control e intromisión sen consentimento na privacidade da vítima”, concretou.

 

ATENCIÓN ÁS VÍTIMAS DE VIOLENCIA DIXITAL

 

“Consideramos imprescindible que se identifique a estas vítimas e se poña á súa disposición todos os recursos precisos para a súa atención, ademais de poñer en marcha políticas de prevención da sextorsión, o ciberbulling, o grooming ou o ciberacoso e abuso sexual a menores de idade, co obxectivo de identificar con antelación condutas e fenómenos emerxentes e previr a violencia de xénero dixital”, manifestou.

 

Neste sentido, a viceportavoz popular salientou que “as vítimas potenciais deste tipo de violencia de xénero son fundamentalmente as persoas máis novas, as adolescentes, que incluso moitas veces non son consciencia de que están sufrindo este tipo de violencia”.

 

MACHADAZO FISCAL

 

Cuestionada sobre a nova factura da luz, Paula Prado cualificou de “machadazo fiscal” esta decisión do Goberno central, “que afecta principalmente ás familias máis humildes”. En concreto, apuntou que a factura dos fogares poderase incrementar ata nun 36 por cento, o que supón ao redor de 66 euros ao ano.

 

“Estamos a falar que o Goberno central está a realizar unha transición enerxética inxusta e desordenada, pechando centrais térmicas sen ter unha tecnoloxía de substitución o suficientemente madura e que afecta directamente á competitividade das empresas”, sinalou a viceportavoz popular, quen avogou por implantar medidas importantes como a rebaixa do IVE na luz do 21 ao 10 por cento mentres se mantén o contexto actual marcado pola crise sanitaria.

 

Así mesmo, destacou que a Xunta “está a axudar aos fogares con menos recursos a través do bono eléctrico”, ao que este ano se destinan 1,6 millóns de euros.

Noticias recomendadas

O PPdeG prepara a campaña das europeas apelando a unha gran mobilización e a un resultado co que “facer oír alta e clara a voz dos galegos en Europa”
A unha semana do inicio da campaña das eleccións europeas, o PPdeG xa ten “a maquinaria perfectamente engraxada” e aos seus equipos preparados para afrontar “con ilusión e confianza” uns
O Parlamento de Galicia esixe ao Goberno de España o traspaso inmediato dos medios materiais e persoais para xestionar a costa galega
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se esixe ao Goberno de España o traspaso inmediato dos
O Parlamento pide ao Goberno de España a dotación dos trens Avril suficientes para garantir que o AVE chegue a todas as cidades galegas
O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda ao Goberno de España a dotación, canto antes,
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. View more
Cookies settings
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Privacy & Cookies policy
Cookie name Active
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Save settings
Cookies settings