O Parlamento galego demanda impulsar e desenvolver unha Estratexia para o sector cárnico

Santiago, 19 de febreiro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición no de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a impulsar e desenvolver unha Estratexia para o sector cárnico de Galicia. O deputado popular Daniel Vega concretou que este plan “impulsará un sector profesionalizado e unha mellora das explotacións, investindo na mellora xenética e apostando polas nosas razas autóctonas”.

Continue reading

O PPdeG insiste que a Xunta está disposta a achegar 100.000 euros para apoiar aos marisqueiros afectados pola dragaxe da ría do Burgo

Santiago, 18 de febreiro de 2021.- A portavoz do Mar do Grupo Popular, Teresa Egerique, insistiu hoxe no Parlamento galego na vontade da Xunta de Galicia de achegar 100.000 euros para o plan social de apoiou aos mariscadores afectados pola dragaxe da ría do Burgo, “a pesar de que é o Goberno central o promotor da obra e quen debe facerse cargo das indemnizacións correspondentes aos afectados”.

Continue reading

O Parlamento galego demanda a baixada do IVE do 21 ao 10% para os salóns de peiteado

Santiago, 17 de febreiro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición no de lei do Grupo Popular, coa abstención do Grupo Socialista, a través da que se demanda ao Goberno de España a redución do IVE dos salóns de peiteado, pasando do actual 21% a un 10%, dando o apoio necesario para garantir a supervivencia deste sector e dos postos de traballo que manteñen nun momento de especial necesidade por mor da crise da Covid-19.

Continue reading